eolito

eolito

(

s m [PREHIST]

Pedra de sílex ou doutro material, froito dun tallado casual que lembra as ferramentas realizadas polo home no Paleolítico. Pode localizarse en terreos do Terciario, feito que permitiu que no s XIX algúns estudiosos a considerasen froito da actividade humana e situasen nese período a orixe da especie. Posteriormente, os traballos de G. d’Ault du Mesnil e Louis Capitan demostraron que se debían a fenómenos naturais.

Palabras veciñas

eolífono | eolio -lia | eolípila | eolito | Eolo | Eolo | Eolo