Eolo

Eolo

Fillo de Melanipe (ou Arne) e Posidón. Cando Melanipe deu a luz xemelgos, Eolo e Beoto, seu pai mandou cegala e prendela nun calabozo; os naipelos, pola súa banda, foron abandonados nun monte, onde os aleitaría unha vaca ata seren recollidos por uns pastores. Teano, esposa de Metaponto, rei da Icaria, ameazada de abandono por mor da súa esterilidade, acolleu os cativos como fillos seus; pero, pouco despois, deu tamén a luz xemelgos. Como os adoptivos eran os preferidos do esposo, suxeriulles aos seus fillos lexítimos que matasen a Eolo e Beoto nunha cacería, mais estes saíron vitoriosos ao seren apoiados polo seu propio pai. Logo refuxiáronse na casa dos pastores que os recolleran de cativos e alí Posidón confirmoulles que era seu pai e que a súa nai seguía encarcerada. Finalmente lograron liberala e Posidón devolveulle a vista. Cando o rei soubo da verdadeira historia, mandou matar a Teano e casou con Melanipe. Posteriormente, Beoto fundaría a cidade de Beocia e Eolo a illa de Eolia.

Palabras veciñas

eolio -lia | eolípila | eolito | Eolo | Eolo | Eolo | Eolophus