eolio -lia
(< lat Aeolĭu, deAeŏlu)
-
adx
Relativo ou pertencente a Eolia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
[HIST/ETN]
Individuo do pobo eolio.
-
s
m pl
[HIST/ETN]
Pobo que chegou a Grecia dende Tesalia e se estableceu en Beocia e Etolia ao redor do 2000 a C. Estendeuse polo Peloponeso, onde permaneceu ata que, coa chegada de grupos de orixe doria (s XII a C), emigrou cara a Asia Menor e se instalou na costa, desde o Helesponto ata o río Hermes e a illa de Lesbos, que pasou a coñecerse como Eolia (s IX a C). Entre as numerosas cidades que se constituíron na rexión destacaron Cimé, Larisa, Tenos, Mirina, Mitilente, Metimma (Lesbos), Pítane e Esmirna, preto da desembocadura do Hermes. Sometido polos lidios e os persas, integrouse no Reino de Pérgamo. Reuníase anualmente ao redor do santuario de Apolo Pornopios.
-
s
m
[LING]
Dialecto do grego que se divide en tres subdialectos: o tesalio, o beocio e o lesbio.
-
s
m
[MÚS]
Modo grego tardío, orixinario de Eolia, introducido no continente por Terpandro. Foi a orixe do modo menor.
-
capitel eolio
[ARQUIT]
Capitel grego arcaico, de orixe oriental, composto de dúas volutas simétricas grandes, ligadas por unha palmela ensanchada ou por un triángulo. Apareceron por primeira vez en Larissa e Neandria no 570 a C, e localizáronse exemplos en Chipre, Frixia e Paflagonia.