"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • SERRAS

    Aliñación montañosa da península do mesmo nome. Elevada sobre rochas graníticas, o seu eixo esténdese polas parroquias de Xuño (concello do Porto do Son), Lesón (A Pobra do Caramiñal) e Oleiros (Ribeira). As máximas altitudes correspóndense cos 620 m do cume dos Forcados, no límite entre as parroquias mencionadas, e cos 652 do monte Barbanza, na parroquia de Lesón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta portuguesa e Raíña de España. Filla de Xoán V de Portugal e de María Ana. Casou en 1729 co futuro Rei Fernando Vl. Ilustrada e amante da música, foi protectora do tenor Farinelli. Fundou en 1757 a institución relixiosa das Descalzas Reales de Madrid, onde está enterrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Tipógrafo de profesión, publicou poemas en xornais, ás veces baixo o pseudónimo de Noé Vila. Foi un dos contertulios da Cova Céltica e en 1907 apareceu como asinante do Manifiesto solidario de septiembre, acta fundacional do movemento da Solidaridad Gallega. Como poeta publicou o volume bilingüe Nada (1906). Recibiu o premio da Académie Montréal e do Athenée des Troubadours pola tradución da obra Magali de Federico Mistral e pola súa vinculación co movemento dos felibres, trobadores modernos provenzais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Colaborador en distintos xornais da época (El Correo Gallego, Diario Ferrolano, El Noroeste, La Voz de Galicia, etc), foi premiado nos Xogos Florais de Santiago de Compostela (1918) e no certame da Casa de Galicia da Coruña (1919 e 1920). Publicou De mi viejo solar (1911), Libro de poesías (1912) e El retorno (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago, doutor en Filoloxía Inglesa e licenciado en Filosofía e Letras. Ademais de exercer a súa actividade docente escribiu: Aplicación de un método dinámico a siete poemas de amor de Auden, In mortal Shakespeare. Radical readines, Paradise lost: The Word, the words, the world, Individuo, orden y mundo moderno, e Arte, sociedad y pensamiento en ‘The nonnes preestes tale’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrea da Barberino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Escribiu Documenti d’Amore (1309-1313), poema alegórico, e a recompilación de preceptos Del reggimento e costumi di donna, en prosa e en verso, obras moi interesantes para o coñecemento dos costumes do s XlV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario francés. Participou en diversas conspiracións republicanas con Blanqui. No 1839, despois de ter dirixido a Conspiración de Maio con Blanqui e Martin-Bernard, foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua. A revolución do 1848 liberouno. Con moita popularidade, foi elixido deputado por Aude. O 15 de maio do 1848, intentou constituír un goberno revolucionario, e foi novamente prendido. Napoleón lll indultouno no 1854 e, voluntariamente, marchou ao exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a barba branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Asenjo Barbieri.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito italiano. Destacou como o autor de L’arte de rimare, publicado no 1790 co título Dell’origine della poesía rimata, que deixou inacabado, onde estudiou as orixes da poesía provenzal e italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico de jazz coñecido co alcume de Gato. Intérprete do saxofón tenor, comezou imitando a John Coltrane e evolucionou cara a formas musicais propias nas que intentou a síntese do free jazz cos ritmos e as melodías latinoamericanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romanés. Coñecido polo pseudónimo Ion Barbu. Formado na escola parnasiana, evolucionou cara a unha abstracción e despersonalización totais, e aplicou, con linguaxe hermética, esquemas matemáticos á súa poesía. Entre a súa produción destaca Joc secund (O segundo xogo, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra inglés, de orixe italiana. Estudiou no Royal College of Music e na Royal Academy of Music de Londres e debutou en 1917. Dirixiu a British National Opera Company (1926), a New York Philarmonic Symphony (substituíndo a Toscanini, 1937-1942), a Hallé Orchestra (director titular dende 1943 ata a súa morte) e a Houston Symphony Orchestra de Texas (1962-1967). No seu repertorio predominou a música inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario hostaleiro. É técnico superior en Relacións Públicas. Foi vicepresidente da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA), fundador e presidente da Asociación de Empresarios de Hospedaje de la Provincia de Pontevedra (ASEHOSPO) e membro da xunta directiva da Federación Española de Hoteles (HAI). Escribiu diversos artigos vinculados ao mundo do turismo nas revistas Informe Gallego e El Pueblo Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe a laurácea macaronésica Apollonias barbujana, elemento florístico esencial da laurisilva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten a barba abundante, longa e alborotada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cenlle baixo a advocación de santo Antón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado probablemente no concello da Estrada, aínda que non é segura a súa existencia. Está mencionado nun documento real de Vermudo III do ano 1032, no que o Rei fai unha lista das vilas e mosteiros que foron doados ao bispo Vistruario, sen especificar os topónimos que se refiren ás vilas e aqueles que se refiren aos mosteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Freguesía da parroquia de Barcala, concello da Estrada. Un documento do Rei Fruela II datado no ano 924 amosa a existencia dunha vila na época altomedieval. A igrexa, do último cuarto do s XII, conserva da primitiva fábrica románica a ábsida de planta rectangular, o arco triunfal dobrado e apuntado que, de igual modo que un arco faixón, está sostido por columnas con capiteis de follas planas e bólas. No exterior ábrese una fiestra no testeiro con dúas columniñas que levan, á súa vez, uns capiteis vexetais de ascendencia compostelá. A arquivolta está decorada con bólas.

    VER O DETALLE DO TERMO