"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
MONTES
Monte da parroquia de Camba, no concello de Vilariño de Conso, á beira do encoro das Portas. Ten 971 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, de 578 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cirrio grande.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Ourense. As súas armas levan, en campo de azur, un andurón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na mitoloxía xermánica, anano que habita no Alfheim ou casa dos elfos, e que se converte en peixe cando o perseguen.
-
PERSOEIRO
Psicólogo norteamericano. Contribuíu ao desenvolvemento da psicoloxía funcionalista. É autor de Introdution to Psychology (Introdución á Psicoloxía, 1918) e American Education (A Educación Americana, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guerras que tiveron lugar entre Inglaterra e Holanda na segunda metade do s XVIII, provocadas pola rivalidade comercial de ambos os dous países. A primeira guerra (1652-1654) foi provocada pola promulgación da Navigation Act (1651). Holanda foi derrotada e tivo que asinar un tratado en Westminster. A segunda guerra (1665-1667) tivo a súa orixe na ocupación (1664) de certas colonias da Compañía Holandesa das Indias Occidentais por parte da Compañía Inglesa. A paz de Breda (1667) comportou a derrogación da Navigation Act con respecto ás mercadorías alemanas. Na terceira guerra (1672-1674), Inglaterra loitou ao lado de Francia. A paz asinada en Westminster (1674) ratificou a de Breda e representou o inicio da decadencia das Provincias Unidas.
-
ILLAS
Arquipélago da costa NO de Francia no Canal da Mancha, pertencente administrativamente a Gran Bretaña (195 Km2; 148.000 h [estim 1995]). Constitúen unha prolongación do macizo da Armórica, e ten un relevo con costas altas e escarpadas. O arquipélago comprende as illas de Guernesey, Jersey, Alderney, Sark, Herm e outras máis pequenas. As principais poboacións son Saint Peter Port en Guernesey e Saint Helier en Jersey. As illas foron ocupadas polos alemáns dende 1904 ata finais de 1945. O dereito baséase no Grand Coutumier de Normandía, elaborado no s XIII, con engadidos posteriores de leis inglesas. As linguas oficiais son o francés en Jersey e o inglés en Guernesey, aínda que no campo se fala un dialecto francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos normandos que quedaron en Inglaterra despois da conquista normanda e aos seus descendentes. Aplícase ao reino inglés e ao ducado de Normandía baixo a mesma soberanía.
-
Individuo orixinario de Normandía establecido en Inglaterra a consecuencia da conquista do país (1066) por Guillerme o Conquistador, duque de Normandía.
-
ariante antiga da lingua de oïl, transplantada a Inglaterra despois de ser conquistada polos normandos (1066). Á base lingüística normanda, sobreponse unha capa anxevina, mestura que fai a miúdo que se disolvan os trazos específicos pola imitación do francés continental e a influencia da lingua literaria.
-
Literatura importada a Inglaterra no 1066 coa invasión dos normandos e que, escrita no seu dialecto, perdura ata finais do s XIV. A pesar da introdución de elementos ingleses considérase unha variante da literatura francesa. Coñécense máis de 400 textos anglonormandos. Cultiva a canción de xesta (Waldef, Horn e Rimenhild, Bovon de Hanstone), o lai (Havelok, Désiré, Du cor) e a novela cabaleiresca (Amadas et Ydoine). Tamén se conservan obras históricas (Estoire des Eingles, de Geoffrey Gaimar, s XII), relixiosas, didácticas, morais e unha lírica practicamente descoñecida.
-
-
PERSOEIRO
Físico e astrónomo sueco. Foi profesor de Física e posteriormente reitor na Universidade de Uppsala. Estudiou cuestións de óptica cristalina e metálica e de espectrografía. Descubriu o hidróxeno, o manganeso, o titanio e o aluminio no espectro solar, e foi o primeiro en medir en valor absoluto as lonxitudes de onda. Dáselle o seu nome á unidade de lonxitude de onda (angstrom).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista italiano. Traduciu a Metamorfoses (1561) de Ovidio en oitavas italianas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á rexión antártico-andina.
-
Rexión do reino antártico que comprende o extremo sur de América que se prolonga cara ao norte pola alta montaña andina.
-
-
GALICIA
Artista reloxeiro e enxeñeiro de Mariña. Construíu os reloxos das catedrais de Lugo (1817) e Santiago de Compostela (1831), e dos mosteiros de Celanova, Betanzos, Sobrado e da igrexa de San Xiao de Ferrol. Foi director da fábrica de moeda de Xubia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación informal coa que se designa a un grupo de Homo erectus europeos, de cronoloxía anterior á do Home de Neandertal, do que se teñen atopado restos procedentes dos xacementos arqueolóxicos de Aragó, Atapuerca, Azych, Petralona e Vertesszöllös, entre outros. Na actualidade a comunidade científica manexa varias hipóteses para explicar a súa posición filoxenética.
-
ILLAS
Conxunto de illas do mar Caribe que constitúen unha unidade autónoma dependente dos Países Baixos (800 km2; 189.474 h [1992]). Comprenden dous grupos de illas: por unha parte, Curação (444 km2; 144.097 [1992]) e Bonaire (288 km2; 10.187 h [1992]) situadas fronte ás costas de Venezuela; por outra, Saba (13 km2; 1.130 h [1992]), Sint Eustatius (21 km2; 1.839 h [1992]) e a metade meridional (a outra metade pertence a Francia) da illa de Sint Marteen (34 km2; 32.221 h [1992]) nas Pequenas Antillas, situadas ao L de Porto Rico. A capital é Willemstad (43.517 h [1992]), na illa de Curação. O Reino dos Países Baixos está representado por un gobernador responsable das relacións exteriores. O neerlandés é a lingua oficial e o florín a moeda oficial. A economía baséase na refinería de petróleo procedente de Venezuela e México, que emprega ao 25% da poboación ocupada de Curação. A agricultura e gandería son pouco importantes e só destacan...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, director de escena e realizador cinematográfico francés. Foi o creador do Théâtre Libre en París, compañía coa que, entre 1887 e 1894, realizou diversos espectáculos nos que desenvolveu e popularizou a corrente naturalista de Èmile Zola, presentando na capital de Francia a autores do relevo de August Strindberg, Henrik Ibsen ou Gerhart Hauptmann. No 1897 fundou o Théâtre Antoine e no 1906 foi nomeado director do Odeón. Pode considerarse un dos fundadores da dirección de escena como disciplina artística. As súas achegas van desde a consideración do deseño escenográfico, como un elemento determinante na posta en escena, ata cuestións tan relevantes na recepción, como a necesidade de apagar as luces da platea, palcos e outros espacios ocupados polos espectadores durante a función. Incorporado ao cine no 1914, o seu sentido do realismo avanzou o que moitos anos máis tarde sería a esencia do Neorrealismo italiano. Entre as súas obras destacan Les frères corses (Os irmáns corsos,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Entre as súas obras, destacan: Antropología de España, Razas y tribus de Marruecos Antropología o historia natural del hombre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Autor da cúpula múltipla de San Gaudenzio, en Novara (1841-1881) e da Mole Antonelliana de Turín (1863 -1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa do sector vitivinícola. Foi fundada en Vigo por António Bandeira Proença, de orixe portuguesa, no ano 1898, ao adquirirlle á firma Fonseca, Pinto & Cía as existencias de Viño do Porto, co fin de canalizar as exportacións ao Brasil. No ano 1922 pasou a dirixir a empresa o seu fillo Antonio Bandeira Pires e no 1969 constituíuse como Empresa Antonio Bandeira, SA ata que no 1990 todas as súas accións foron adquiridas por Bardinet, SA e totalmente absorbida por esta no 1996. A súa actividade estivo sempre ligada á elaboración, crianza e embotellamento dos Viños Licorosos da súa propia marca. Ademais introduciu e comercializou ata o ano 1936 os Viños do Porto Bandeira. A partir de entón e con motivo do peche das importacións, creou a súa propia adega de viños de crianza, continuando as mesmas prácticas utilizadas nas elaboracións de Viños do Porto, co que iniciou a venda en España dos Viños Bandeira. Os Viños Bandeira acadaron a súa hexemonía no mercado entre os anos 60 e 70, especialmente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Černihiv 1884 - ? 1938) Político ucraíno. Membro do Partido Bolxevique, dirixiu no 1917 a toma do Palacio de Inverno de Petrogrado (actual San Petersburgo). Foi vicepresidente do Consello de Comisarios do Pobo, embaixador en Checoslovaquia e cónsul xeral de Rusia en España (1936-1938). Acusado de trotskismo, foi procesado e executado; a súa memoria foi rehabilitada no 1956.