"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

    1. Conxunto de bens e dereitos que posúe unha persoa física ou xurídica. OBS: Utilízase xeralmente en plural.

    2. Columna dereita dunha conta na que se anotan as reducións de capital en funcionamento (activo) ou os incrementos das fontes de financiamento (pasivo), e os beneficios do neto. Oponse a deber.

    3. Emolumentos que percibe unha persoa por un traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Estudiou nas universidades de Berlín e Heidelberg e foi profesor na escola técnica de Karlsruhe. Traballou no campo da electroquímica e estudiou os electrodos do vidro. Investigou tamén os equilibrios dos gases desde un punto de vista termodinámico e, xunto con Carl Bosch, ideou un proceso de obtención do amoníaco, proceso de Haber-Bosch. Como director do Instituto Kaiser Wilhelm de Química Física durante a Primeira Guerra Mundial, dirixiu o departamento de guerra química do exército alemán e obrigárono a desenvolver o uso do gas de cloro. Exiliouse a EE UU pouco despois do acceso de Hitler ao poder (1933). Recibiu o Premio Nobel de Química (1918) por idear o proceso que permite a síntese do amoníaco a partir dos seus elementos constituíntes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Método industrial da obtención de amoníaco a partir da fixación do nitróxeno atmosférico e a súa combinación co hidróxeno a unha presión de 200 atmosferas e a unha temperatura de 500°C en presenza de catalizadores de osmio sólido e de uranio, segundo a ecuación:

    FORMULA

    500°C
    N2 + 3H2 ↔ 2NH3.
    A partir do amoníaco pódese sintetizar unha ampla variedade de compostos do nitróxeno, como os fertilizantes, fibras sintéticas como o nailon, case todos os colorantes e a maior parte das medicinas e dos explosivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. A súa achega teórica, recollida principalmente en Theory of International Trade (1936) e Prosperity and Depression (1937), representa unha reformulación da teoría clásica do comercio internacional en termos de custos de substitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e psicólogo suízo. Estudiou os problemas psicopedagóxicos a partir dun sistema ontolóxico propio. É autor de Wege und Irrwege der Erziehung (Camiños e desvíos da educación, 1918), Der Gegenstand der Psychologie (O obxecto da psicoloxía, 1921), Das Wesen der Philosophie (A esencia da filosofía, 1934) e Das Böse (O mal, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e sociólogo alemán. Profesor nas universidades de Heidelberg e Frankfurt, foi xunto con T. Adorno o máximo representante da escola sociolóxica de Frankfurt. Influenciado por G. W. F. Hegel e K. Marx, a súa filosofía busca a emancipación do home a través dun movemento dialéctico. Entre as súas obras destacan Theorie und Praxis (Teoría e praxis, 1963), Zur Logik der Sozialwissenschaften (A lóxica das ciencias sociais, 1967), Erkenntnis und Interesse (Coñecemento e interese, 1968) e Nachmetaphysiches Denken (Pensamento posmetafísico, 1988). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (885?-933). Despois de herdar tres pequenos dominios na zona central de Noruega, iniciou unha serie de campañas militares que culminaron na Batalla de Hafrsfjord (885) trala que unificou todo o país. O seu reinado caracterizouse pola reorganización do sistema tributario e o aumento da inmigración a Islandia. Á súa morte o reino dividiuse entre os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Autodidacta, despois de dúas estadías en Madrid (1931 e 1934) relacionouse con Jorge Guillén, Pablo Neruda e Vicente Aleixandre, que lle facilitaron o acceso ás publicacións Cruz y Raya, Caballo Verde e Revista de Occidente. Durante a Guerra Civil foi comisario de cultura do batallón de El Campesino e colaborou en El Mono Azul, Hora de españa e Nueva Cultura. En poesía escribiu Perito en lunas (1933), El rayo que no cesa (1936), Viento del pueblo (1937), El hombre acecha (1939), Cancionero y romancero de ausencias: 1938-1941 (1958), e en teatro, Quién te ha visto y quién te ve (1934) e Los hijos de la piedra (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á España musulmana.

    2. Natural ou habitante da España musulmana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica francesa. Consagrouse co filme La dentellière (1976), de C. Goretta, ao que lle seguiu Violette Nozière (1977), de C. Chabrol. Outras películas en que participou son Les soeurs Brönte (1978), La femme de mon pote (1983), Une affaire de femmes (1988), ou L’inondation (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Nome oficial do antigo estado de Iemen do Norte ata 1990, cando se fusionou con Iemen do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade morfoestrutural da Península Ibérica que, recuberta de materiais terciarios e cuaternarios, separa a Cordilleira Subbética da Penibética, desde Hoya de Antequera ata Hoya de Baza (Andalucía).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino procedente do nome hebraico Elixeba, muller de Arón e cuñada de Moisés, composto de El ‘Deus’ e xeba ‘xuramento ou sete’; polo tanto, o seu significado ben podería ser ‘Deus é xuramento’ ou ‘Deus é perfección’ (o 7 era o número perfecto). Ten a variante Sabela e os hipocorísticos Sabel e Beluca. Na época xudeo-helenística, por contaminación do verbo shabat ‘repousar’, ‘descansar’, interprétase o seu significado como ‘Deus é descanso’. O nome reaparece no Novo Testamento coa forma grega Elisábet e a latina Elísabet. A forma Isabel foi unha innovación propiamente hispánica, que trocou o -et final en -el e elidiu o el- inicial, talvez por certa confusión co artigo. Entre as santas que levaron este nome, destacan a nai de san Xoán Bautista e esposa do sacerdote Zacarías, celebrada o 5 de novembro; Isabel de Hungría (s XIII), celebrada o 17 de novembro; e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberana dos Países Baixos (Isabel I; 1598-1633), filla de Filipe II e de Isabel de Valois. Xunto co seu futuro marido, o arquiduque Alberto de Austria, foille concedida a soberanía dos Países Baixos, cunha independencia nominal; morto Alberto, a soberanía foille confirmada pola coroa ao final da Tregua dos Doce Anos (1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Alemaña. En 1708 casou co arquiduque Carlos, que disputaba a coroa de España a Filipe V. Cando o seu marido marchou a ocupar o trono imperial, como Carlos VI, permaneceu en Barcelona en calidade de rexente (1711-1713).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal, filla de Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela. Foi declarada herdeira de Castela nas Cortes de Madrigal en 1476. Casou en 1490 co príncipe Afonso, primoxénito de Xoán II de Portugal. Despois de morrer este en 1491, casou co seu irmán, Manuel I (1497). Á morte do seu irmán, o príncipe Xoán, ela e o seu home xuraron como príncipes de Asturias (1497).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Castela, de Aragón e de Portugal, filla de Enrique IV de Francia e de María de Medici. En 1615 casou co futuro Filipe IV e opúxose á influencia do conde-duque de Olivares no seu reinado, ata que conseguiu a súa destitución en 1643.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Parma e raíña consorte de España. Casou en 1714 con Filipe V. Interveu de forma activa na política do monarca sobre Italia, onde conseguiu para o seu fillo Carlos o título de rei de Nápoles, e para o seu fillo Filipe o Ducado de Parma. Foi rexente ata que chegou o seu fillo Carlos de Nápoles (1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra, filla de Luís IX de Francia. Casou en 1258 con Teobaldo de Champagne. En 1269 participou nunha cruzada contra os musulmáns en Tunes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, filla de Filipe IV de Francia e Xoana I de Navarra. Casou con Eduardo II de Inglaterra (1308), enfrontouse aos Despenser, favoritos do rei (1320), e tivo que fuxir a Francia (1325). Retornou a Inglaterra en 1326 para depoñer o rei (1327) e foi rexente do seu fillo, o futuro Eduardo III de Inglaterra, ata que este a desterrou en 1330.

    VER O DETALLE DO TERMO