Habermas, Jürgen
Habermas, Jürgen
Filósofo e sociólogo alemán. Profesor nas universidades de Heidelberg e Frankfurt, foi xunto con T. Adorno o máximo representante da escola sociolóxica de Frankfurt. Influenciado por G. W. F. Hegel e K. Marx, a súa filosofía busca a emancipación do home a través dun movemento dialéctico. Entre as súas obras destacan Theorie und Praxis (Teoría e praxis, 1963), Zur Logik der Sozialwissenschaften (A lóxica das ciencias sociais, 1967), Erkenntnis und Interesse (Coñecemento e interese, 1968) e Nachmetaphysiches Denken (Pensamento posmetafísico, 1988). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (2003).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Düsseldorf