"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

  • Que ten unha valencia ou estado de oxidación igual a cinco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador, posiblemente leonés ou portugués. Pode identificarse co nobre leonés Pedro Gutiérrez, meiriño maior de León, aínda que outros estudos relaciónano cun autor portugués presente na corte de Afonso III. Estivo activo na segunda metade do s XIII ou a principios do s XIV e recóllense dúas composicións súas (unha cantiga de amor e un sirventés) no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de pirogravar.

    2. Gravado en madeira, coiro ou cortiza, realizado cunha punta de platino incandescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravar en madeira, coiro ou cortiza cunha punta candente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de Raffaello Sanzio, participou na decoración das Loggie do Vaticano e realizou paisaxes e imitacións en grisalla de relevos clásicos. Viaxou a Messina (1527), onde pintou, entre outros, Andata al Calvario (1543).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Ucraína, situada na beira do río Vorskla, afluente do Dniéper (313.199 h [1999]). A súa economía baséase na construción mecánica, metalurxia, produción de diamantes sintéticos e industria alimentaria e lixeira. As primeiras mencións sobre a cidade datan de 1174, aínda que co nome de Ltava. En 1430 Lituania cedéullela aos tártaros. Devastada sucesivas veces durante os ss XVI e XVII, chegou a ser potencia cosaca ao pasar a Rusia (1667). En 1709 tivo lugar a Batalla de Poltava en que Pedro I de Rusia derrotou o exército de Carlos XII de Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Ucraína (28.800 km2; 1.708.300 h [estim 1998]). A súa capital é Poltava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Corvelle (Vilalba). O seu cumio acada os 605 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Miraz (Friol). O seu cumio acada os 640 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar da Costa en Viascón (Cotobade). Sitúase nunha estación rupestre integrada por varias rochas con insculturas. Destaca a de maiores dimensións que presenta diversos motivos, con combinacións circulares e cazoletas na parte superior, e paletas na zona inferior. Foi declarado BIC (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunicación de tipo termo-lateral ou lateral-lateral entre as veas porta e cava efectuada para derivar o sangue da porta ao corazón, evitando o fígado, para diminuír a hipertensión portal nas enfermidades cirróticas e tratar, consecuentemente, a hemorraxia das varices esofáxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao NL da capital provincial e delimitado ao N polo río Guadiana (2.571 h [2001]). A agricultura, a gandaría e a elaboración de aceite son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cirurxián. Fundou o Institut Orthopédique de Lyon e en 1853 inventou a xiringa que leva o seu nome, para inxeccións hipodérmicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lavado previo que se fai para facer máis efectivo o proceso de limpeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado no lugar do Castro de Breixa, en Breixa (Silleda). Na rocha máis grande represéntanse dúas alabardas con mango, ambas as dúas con sinais dunha nervadura central. Tamén hai dous círculos concéntricos, que poderían corresponder á representación dun escudo, e varios puñais. Foi declarado BIC en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Influído polos pintores de frescos italianos do s XV, dotou ás súas teas da aparencia de fresco. Caracterizouse polo sintetismo, a pincelada plana, as cores despexadas, a liña do horizonte alta, as figuras en primeiro termo e moi grandes e unha gran simplicidade na composición. Realizou Concordia (1861), Le bois sacré (1885 e1887), L’Été (1891-1892) e decorou o Panteón de París co Rencontre de sainte Geneviève et de saint Germain (1874) e cultivou tamén a pintura de personaxes populares, Le Pauvre Pêcheur (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento dos ferradores para rebaixar os pezuños do gando vacún e equino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Madagascar (1828-1861). Sucedeu ao seu home Radama I de Madagascar (1828) e perseguiu os cristiáns e os europeos a instancias dos aristócratas malgaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Madagascar (1868-1883), muller de Radama II de Madagascar. Sucedeu a Raíña Rasoherina (1868). Convertida ao protestantismo, asinou diversos tratados de cooperación con Francia e Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Madagascar (1883-1897). Sucedeu a súa curmá Ranavalona II de Madagascar. Polo tratado de 1885 cedeu a Francia a dirección exterior do reino e en 1895 aceptou o protectorado francés. Acusada de conspiración, foi destronada e deportada a Alxer en 1897.

    VER O DETALLE DO TERMO