"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • GALICIA

    Eclesiástico. Licenciado en Teoloxía no colexio San Bartolomé de Salamanca, foi mestre doméstico de Pedro de Castro e, cando este ocupou o bispado de Salamanca, seguiuno como provisor da diocese. Posteriormente foi cóengo da catedral de Ourense, onde se constituíu unha fundación co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade capuchino. Predicou por toda a Península, especialmente por terras andaluzas, e foi beatificado por León XIII no 1894. Escribiu numerosos sermóns, opúsculos e estudios ascéticos e morais; entre eles, cómpre destacar Afectos de un pecador arrepentido (1776) ou El soldado católico en guerra de religión (1794). Na iconografía represéntase como un ancián de longas barbas brancas, vestido co hábito dos capuchinos e cunha cruz na man. A súa festividade celébrase o 24 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen diseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás pólas que diverxen segundo un ángulo moi aberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘manda (de cans)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Traballou en talleres de cantería en Lugo e Madrid. Restaurou monumentos do cemiterio de Millerada, entre outros, unha imaxe do Corazón de María enmarcada por columnas salomónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Título ou dignidade de duque.

      2. gran ducado

        Título ou dignidade dun gran duque.

      1. gran ducado

        Circunscrición territorial baixo a xurisdición dun gran duque.

      2. Circunscrición territorial sometida á xurisdición dun duque (dux) dende o Baixo Imperio Romano. Logo dunha reforma do sistema administrativo, en que se produciu unha separación entre as funcións civís e as militares, o duque pasou a dirixir o mando das tropas romanas nas diversas gornicións dunha provincia. A consecuencia das invasións xermánicas, o termo modificouse e no reino visigodo o ducado coincidiu en extensión coas provincias romanas do Baixo Imperio e estaba sometido á xurisdición militar dun duque. A monarquía merovinxia implantounos como centros de administración, cun carácter civil e militar. Os lombardos, que se estenderon por Italia dende o 568 en bandas autónomas dirixidas por un xefe, repartiron o territorio en ducados independentes. Os primeiros reis carolinxios esforzáronse en facelos desaparecer, xa que representaban un elemento de autonomía fronte á soberanía real. Pero a decadencia do Imperio Carolinxio, acompañada dunha perda de poder do monarca, permitiu...

      1. Goberno dun duque soberano.

      2. Duración do goberno dun duque soberano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda de prata cuñada por Roxelio II de Sicilia a partir do 1140, coa imaxe de Cristo acompañada da inscrición latina SIT TIBI CHRISTE DATUS QVEM TV REGIS ISTE DVCATVS (‘séache dado, Señor, este ducado que rexes’).

    2. Moeda veneciana de ouro de lei 22 3/4 quilates e un peso de 3,5 g creada no 1284. Inicialmente, compartiu a primacía no mercado co florín de Florencia e, posteriormente, co cruzado portugués. Non obstante , a finais do s XV impúxose como divisa internacional.

    3. Moeda de ouro cuñada en diferentes estados como imitación do ducado veneciano. Na Coroa de Aragón cuñouse por primeira vez no reinado de Xoán II de Aragón, pouco antes do 1477, e de lei 23 3?4 quilates e 3,54 g de peso. Con Fernando o Católico toda a coroa adoptou o ducado. Este denominouse principat en Catalunya, real d’or en Mallorca, excellent en València e ferrandí en Aragón. Todas estas moedas tiñan o mesmo patrón e valor de cambio. Introduciuse na Coroa de Castela pola pragmática de Medina del Campo (1497) cun peso de 3,60 g, e recibiu tamén o nome de excelente de la granada (por aparecer este símbolo no escudo heráldico). Foi progresivamente substituído polo escudo de lei máis baixo (22 quilates) desde 1528. Carlos I cuñou o dobre ducado de 7 g e o florín, ou medio ducado. En 1528, cuñouse en Zaragoza a peza de 100 ducados, de 350 g e 81 mm de diámetro. Serviu como unidade de conta durante os ss XVI-XVII cun valor de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito territorial que enfrontou a Austria e Prusia fronte a Dinamarca pola posesión dos ducados de Schleswig e Holstein en 1864. Trala rápida vitoria austroprusiana, na Convención de Gastein (1865) decidiuse que Schleswig quedase baixo administración de Prusia e Holstein baixo a de Austria. Non obstante , xurdiu o conflito entre os dous países administradores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • dulcificante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa e, máis especialmente, á máquina ou aparato que se utiliza para duplicar.

    2. de duplicar ou duplicarse.

    3. Aplícase ao selo de correos que o filatelista destina ao troco, pois xa posúe outros da mesma emisión na súa colección.

    4. Segundo exemplar ou copia, igual ao primeiro, que se fai dun documento, como unha acta, contrato ou recibo, ou doutra cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de duplicar ou duplicarse.

    2. Aplícase ao selo de correos que o filatelista destina ao troco, pois xa posúe outros da mesma emisión na súa colección.

    3. Segundo exemplar ou copia, igual ao primeiro, que se fai dun documento, como unha acta, contrato ou recibo, ou doutra cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa e, máis especialmente, á máquina ou aparato que se utiliza para duplicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio independente que recibiu en 1333 Xoán de Anjou, fillo do Rei Carlos II de Nápoles e conde de Gravina, fundador da rama dos Anjou-Durazzo, cando renunciou ao principado de Acaia a prol de Caterina de Valois. Xunto coa cidade recibiu o título de rei de Albania. Sucedeuno o seu fillo Carlos (1335-1348) e a filla deste, Xoana (1348- 1387), que conservou o ducado ata que no 1383 a cidade foi ocupada polos serbios. Logo da perda da cidade, os dereitos do ducado pasaron á irmá de Xoana, Margarida de Durazzo e aos seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen edifica ou constrúe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título da casa real británica concedido no ano 1866 ao príncipe Alfredo, fillo da Raíña Victoria I, que despois se converteu en Alfredo I, duque reinante de Saxonia-Coburg-Gotha. No ano 1947 concedéuselle ao príncipe Filipe de Grecia (Filipe Mountbatten), casado coa Raíña Isabel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de educar.

    2. Aplícase á persoa que se comporta segundo as normas de trato social. OBS: Xeralmente, vai modificado con adverbios como ben ou mal, e cando non vai modificado ten o significado de ‘ben educado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á educación.

    2. Que educa.

    3. Persoa que desenvolve unha función social recoñecible xa que asume responsabilidades ao intervir no proceso formativo e de desenvolvemento integral do educando, mediante o exercicio de accións educativas, en concordancia coa evolución do educando, co contexto social e cultural e cos propósitos inspiradores de tal acción educadora. A figura do educador presenta un status e uns roles variables se se considera a dobre coordenada espacio-temporal. Aínda así xerouse unha tradición pedagóxica que permite debuxar un perfil básico con algúns trazos congruentes coa profesionalidade educadora. Neste sentido construíronse diversas tipoloxías de educadores, dependendo da maior ou menor atención que se lles preste aos trazos de personalidade, ou ás competencias e saberes profesionais e académicos dos que exercen o oficio de educar. A conciencia de complexidade da educación levou a reconsiderar e ampliar as funcións académicas tradicionais: o educador non é só un transmisor de coñecementos nin...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se embarca.

    VER O DETALLE DO TERMO