1 ducado
(
-
-
s
m
Título ou dignidade de duque.
-
gran ducado
Título ou dignidade dun gran duque.
-
s
m
-
[HIST]
-
gran ducado
Circunscrición territorial baixo a xurisdición dun gran duque.
-
s
m
Circunscrición territorial sometida á xurisdición dun duque (dux) dende o Baixo Imperio Romano. Logo dunha reforma do sistema administrativo, en que se produciu unha separación entre as funcións civís e as militares, o duque pasou a dirixir o mando das tropas romanas nas diversas gornicións dunha provincia. A consecuencia das invasións xermánicas, o termo modificouse e no reino visigodo o ducado coincidiu en extensión coas provincias romanas do Baixo Imperio e estaba sometido á xurisdición militar dun duque. A monarquía merovinxia implantounos como centros de administración, cun carácter civil e militar. Os lombardos, que se estenderon por Italia dende o 568 en bandas autónomas dirixidas por un xefe, repartiron o territorio en ducados independentes. Os primeiros reis carolinxios esforzáronse en facelos desaparecer, xa que representaban un elemento de autonomía fronte á soberanía real. Pero a decadencia do Imperio Carolinxio, acompañada dunha perda de poder do monarca, permitiu que o ducado se definise como un territorio xeográfico concreto, dirixido e administrado polo duque, que tiña a capacidade de transmitírllelo aos seus herdeiros. Os ducados xermanos chegaron a independizarse da autoridade do emperador (Saxonia, Baviera, Suabia, Franconia, Carintia, e a Baixa e a Alta Lorena), e máis tarde os emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico foron elixidos entre os seus titulares.
-
gran ducado
-
s
m
-
Goberno dun duque soberano.
-
Duración do goberno dun duque soberano.
-