"ERS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • PERSOEIRO

    Escritora. Dramaturga de formación, debe a súa fama a novelas policiais, que a equipararon con Agatha Christie. Creou o personaxe de Lord Peter Wimsey, que protagonizou catorce das súas novelas. Escribiu Whose Body (1923), Murder Must Advertise (1933) e The Nine Tailors (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e poeta. Escribiu na revista Sturm, a través da que entrou en contacto cos dadaístas (1919). En 1920 publicou o seu primeiro poema-colaxe dadaísta, “Anna Blune”, e creou o Merzbau, especie de composición-colaxe na que teñen cabida toda clase de obxectos de refugallo, formando unha composición abstracto-concreta de grande impacto. Fundou a revista Merz (1923-1932) e colaborou con movementos como Cercle et Carré e a asociación Abstration-Création.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Escocia (4.734 km2; 54.015 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Netty Radványa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Experto en finanzas públicas, foi partidario dunha metodoloxía dedutiva. Publicou Progressive Taxation in Theory and Practice (1894) e Essays in Economics (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico británico. Hábil transformista dotado dun agudo sentido do humor que plasmou especialmente no personaxe da “panteira rosa”. Da súa filmografía destacan The Ladykillers (1955), The Pink Panther (1963), What’s New, Pussycat? (1964), Casino Royal (1966), The Party (1968), The Return of the Pink Panther (1975) e Being There (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación de anticorpos específicos por efecto dunha infección ou da administración dunha vacina.

    2. Modificación do resultado dunha proba serolóxica, anteriormente seronegativa e despois seropositiva, que confirma o desenvolvemento dunha infección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Philippe Joyaux, deuse a coñecer coa novela de análise Une curieuse solitude (1959). Cultivou tamén o ensaio e recolleu unhas conversas con David Hayman no libro Vision à New York (1981). Tamén destacan as súas obras Le Secret (1993) e Venise Éternelle (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, barón de Somers. Membro do Parlamento (1688), foi un dos xefes dos whigs. Conselleiro de Guillerme III, foi un dos redactores do Bill of Rights de 1689 e lord chanceler (1697-1700).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (3.452 km2; 498.093 h [2001). A súa capital é Taunton (102.299 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título inglés concedido en 1443 a John Beaufort (?-1444), IV conde de Somerset. En 1448 foi concedido de novo ao seu irmán Edmund Beaufort (?-1455), conde de Dorset e V conde de Somerset, xefe da facción dos Lancaster. Reverteu á coroa á morte (1471) do seu fillo Edmund Beaufort. Enrique VIII concedeuno de novo en 1525 ao seu fillo ilexítimo Henry Fitzroy (morto sen fillos en 1536). Finalmente foi outorgado en 1547 a Edwuard Seymour, irmán da Raíña Xoana. Continúa nos seus descendentes. O condado de Somerset foi concedido por primeira vez en 1141 pola Raíña Matilda I ao normando William de Mohun (?-1155?). O segundo titular foi John Beaufort (?-1410), fillo do duque de Lancaster, a quen foi doado en 1397 e que foi o pai do primeiro e segundo duque. Por última vez o condado foi outorgado por Xaime I ao seu favorito e amigo íntimo Robert Kar (ou Carr), viceconde de Rochester, morto sen fillos en 1645.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (497 km2; 245.641 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pedagogo musical. Profesor no Royal College of Music, compuxo a ópera The Canterbury Pilgrims (1884), a obra coral The Revenge (1886) e numerosas cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de somerxer ou somerxerse.

    2. Estado do somerxido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de subverter.

      1. Actividade delituosa encamiñada a subverter a estrutura do poder e do estado.

      2. Alteración da orde pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é capaz de subverter.

    2. Delito que inclúe toda clase de accións que atenten contra a seguridade do estado ou contra os gobernantes ou as disposicións legais aprobadas polas cortes ou o goberno dun país.

    3. Conflito revolucionario xurdido como reacción contra o poder establecido, que xeralmente utiliza medios indirectos e clandestinos e adoita basearse na estratexia da guerrilla.

    4. Movemento político-social encamiñado a producir, mediante a axitación, un desgaste no poder e unha desconfianza nos cidadáns para, finalmente, apoderarse do goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen subverte a orde establecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase á velocidade superior á do son.

      2. Relativo ou pertencente ás velocidades superiores ás do son.

    1. Aplícase ao réxime de voo dunha aeronave cando o número de Mach está comprendido entre 1,2 e 5.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Crenza irracional que atribúe consecuencias tanto positivas como negativas a determinados feitos, signos ou circunstancias.

    2. Práctica que resulta da excesiva reverencia ou medo a esta crenza.

    3. Atribución dunha forza oculta e sobrenatural a obxectos e acontecementos que, pola súa natureza, non a posúen. A actitude do cristianismo foi, por unha banda, a de perseguila (prohibición da maxia, do ocultismo), malia que nos casos de prácticas moi estendidas (rogativas, exvotos, medallas ou santuarios) a integrou na súa propia liturxia.

    VER O DETALLE DO TERMO