"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mostra de arte contemporánea fundada en 1982 en Madrid. Cunha periodicidade anual, está organizada pola Institución Ferial de Madrid (IFEMA) e o Ministerio de Cultura. A súa primeira directora foi a galerista Juana de Aizpuru e, dende 1985, diríxea Rosina Gómez Baeza. Referencia para a arte contemporánea en España, nela expoñen as galerías nacionais e internacionais de máis prestixio. Cada ano invítase a un país diferente que acode con galerías que representan os seus artistas. De xeito paralelo, organízase o Foro Internacional de Expertos en Arte Contemporáneo. En 1989 creouse a Fundación Arco, posuídora dunha colección de arte contemporánea depositada no CGAC de Santiago de Compostela.
-
DUCADOS
Título señorial concedido coa grandeza de España en 1567 a Gómez Suárez de Figueroa e Fernández de Córdoba (?-1571), descendente do nobre de orixe galega Gómez Suárez de Figueroa, primeiro señor de Feria, e de Lorenzo Suárez de Figueroa, primeiro conde de Feria (1460). No s XVIII, o título foi herdado pola casa de Medinacelli, que pasou a apelidarse Fernández de Córdoba-Figueroa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Lesión traumática causada no organismo por medios mecánicos e que se caracteriza pola interrupción da continuidade normal das estruturas do corpo.
-
ferida aberta
Ferida que ten unha abertura cara ao exterior.
-
ferida contusa
Ferida producida polo choque violento dun instrumento obtuso.
-
ferida incisa
Ferida producida por un instrumento de corte.
-
ferida operatoria
Ferida que se produce polo cirurxián no acto cirúrxico.
-
ferida séptica
Ferida infectada por xermes patóxenos.
-
-
Pena ou sufrimento intenso que se sente por unha persoa ou suceso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elevación ou desnivel que presenta o cubo do muíño.
-
-
de ferir ou ferirse.
-
Que ou quen está ou sufriu unha ferida.
-
Aplícase ao escudo cunha arma, xeralmente unha frecha, cravada sobre o campo e con sangue brotando da ferida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fire.
-
PERSOEIRO
Chanceler otomano. Secretario do Consello de Estado e ministro de Xustiza (1573-1581), escribiu Munša’āt al-Salatīn (Correspondencia dos sultáns), compilación de cartas e documentos que abarcan desde a fundación do Imperio Otomano ata o Sultán Murat III (1574).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á fera.
-
Que ten as propiedades ou características das feras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fere.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que os escolásticos utilizaron para definir un siloxismo da primeira figura, na que a maior é universal negativa, a menor particular afirmativa e a conclusión particular negativa. Así, por exemplo, Ningún avaro é xeneroso; é así que algún home é avaro, logo algún home non é xeneroso.
-
-
Causar a un ser vivo, ou a unha parte del, unha lesión ou ferida.
-
Provocar unha impresión ou un efecto desagradable ou doloroso á vista ou oído.
-
Causar desgusto moral ou unha pena profunda a alguén.
-
Golpear un obxecto nun sitio concreto, en sentido material ou inmaterial.
-
Tocar as cordas ou pulsar as teclas dun instrumento músical.
-
Facerse unha ferida nunha parte do corpo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo escolástico que designa un siloxismo da terceira figura no que a maior é universal negativa, a menor particular afirmativa e a conclusión particular negativa.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (17.728 km2; 172.893 h [1988]). A capital é Ferkéssédougou (24.662 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión interior de Senegal, formada por unha vasta chaira case que desértica, cuberta de vexetación de matogueira e practicamente deshabitada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza individual dunha escenografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que a ecuación xn+yn=zn, onde n é un número enteiro maior que 2, non ten solución enteira distinta da x=y=z=0. P. S. de Fermat afirmou que localizara unha demostración lendo un libro de Diofanto, pero esta demostración nunca se atopou. Por iso, tamén se denomina conxectura de Fermat.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Números, Fn, definidos pola expresión Fn=22n+1, para n=1,2,3,..., ?. P. S. de Fermat creu que estes números eran primos, pero no ano 1740 L. Euler deu unha descomposición para F5=4.294.967.297, como produto de 641 por 6.700.417, e posteriormente localizáronse descomposicións para outros números. En 1796 C. F. Gauss demostrou que os únicos polígonos regulares que se poden construír con regra e compás son os que teñen un número de Fermat de lados.
-
PERSOEIRO
Avogado occitano. Estudiou en Toulouse e destacou polos seus traballos en matemáticas. Introduciu por primeira vez o infinito no cálculo, descubriu as propiedades de diversos números e está considerado como o creador da moderna teoría dos números. Con R. Descartes aplicou a alxébra á xeometría, e, con B. Pascal, fundou a teoría das probabilidades. Aplicou o concepto das variables infinitesimais aos problemas de cuadratura, de cálculo de máximos e mínimos, e á construción de tanxentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio da óptica xeométrica que establece que o camiño óptico que percorre un feixe luminoso entre dous puntos ten un valor extremo, máximo ou mínimo, respecto a calquera outro camiño óptico que se poida considerar entre estes dous puntos. Como consecuencia, o tempo que o feixe luminoso tarda en ir dun punto a outro é mínimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dado un triángulo ABC, problema que consiste en localizar un punto M do plano para o que a suma MA+MB+MC é mínima. O problema admite como solución o punto de Fermat, se os tres ángulos do triángulo son menores de 120°.