"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Autor de dramas históricos e musicais, entre outros xéneros, da súa obra destacan Le philosophe sans le savoir (1765) e La Gageure imprévue (1768).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Seychelles ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Seychelles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e pintor. Fundou a revista Het Overzicht (1921-1925). En 1925 instalouse en París e desde 1951 debuxou a pluma motivos xeométricos en branco: Aforismes (1958). Como escritor, crítico e divulgador da arte abstracta, destacan Ditionnaire de la peinture abstraite (1957) e Le style et le crit (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de África, situado no Océano Índico, ao N de Madagascar (455 km2; 80.000 h [estim 2001]). A súa capital é Victoria (28.000 h [1999]).
    Xeografía
    Comprende máis de 100 illas, dispersadas polo océano, divididas en dous grupos: o grupo de Mahé, de formación granítica e constituído polas illas de Mahé, Praslin, Silhouette e La Digue; e diversas illas de formación coralina. As grandes illas graníticas son montañosas e de costas altas. O clima é caloroso e húmido, con precipitacións no verán provocadas polos alisios. O bosque tropical quedou reducido ás partes máis inaccesibles e foi substituído por plantacións de vainilla, cultivos alimentarios (pataca doce, mandioca, bananeira e cana de azucre), plantas téxtiles e coqueiros que dan lugar á exportación de copra. Os perfumes e as esencias obtidos de especies que crecen salvaxes a grande altitude, sobre todo o cinamomo ou árbore do paraíso, favoreceron a creación de pequenos establecementos industriais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e político. Herdou do seu pai o título de conde de Lansdowne e entrou a formar parte da Cámara dos Lores (1762). Foi membro do goberno tory de Greenville (1763) e do whig de Rockingham (1782), a quen sucedeu como primeiro ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e psicólogo. Foi coñecido especialmente pola súa clasificación dos tipos orgánicos humanos, baseada na diversa importancia das capas xerminativas (ectodérmica, mesodérmica e endodérmica), no desenvolvemento do organismo e da personalidade. Acepta tipos ectomorfos, mesomorfos e endomorfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade industrial estadounidense creada como filial (1922), para consolidar os intereses da Royal Dutch-Shell en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, filla de W. Godwin e M. Wollstonecraft, casou con P. B. Shelley. De nome Mary Godwin Wollstonecraft, foi a creadora de Frankenstein na súa novela Frankenstein or the Modern Prometheus (1818). Tamén destacan Valperga (1823), The Last Man (1826), A Mortal Inmortal (1834) e Lodore (1835).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e pensador, esposo de Mary Shelley. As súas primeiras obras (Zastrozzi, 1810) evidencian a influencia da novela gótica, aínda que axiña sobresaíu en poesía. Destacan Original Poetry by Victor and Cazire (1810), Queen Mab (1813), Alastor (1816) e The Revolt of Islam (1817), onde expuxo a súa concepción do amor e da sociedade. Tras instalarse en Italia escribiu a obra teatral The Cenci (1819), Prometheus Unbound (1821) e Adonais (1821), elexía á morte de Keats, con influencia de Platón, Dante e Calderón de la Barca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. É considerado pola revista Forbes como unha das persoas máis ricas do mundo. Estudou Enxeñería Civil na Universidade Nacional Autónoma de México ao tempo que impartía a cátedra de Álxebra e Programación Lineal. No ano 1966 constituíu a Inmobiliaria Carso. Dende a década dos 80 destacou como empresario con diversos proxectos inmobiliarios e comerciais e realizou numerosas inversións e adquisicións aproveitando unha época de crise para a economía mexicana. Entre as súas compras inclúense empresas de seguros, papel, finanzas e restauración. En 1990, adquire a compañía de telecomunicacións Telmex, en sociedade con SBC e France Telecom, e inicia unha nova etapa de desenvolvemento empresarial a nivel mundial. En 1997 adquire accións de Apple Computer, xusto antes do lanzamento do iMac, co que multiplica a súa fortuna. Nese mesmo ano chega a un acordo con Microsoft para lanzar un portal en castelán. Na actualidade realiza labores filantrópicas en Latinoamérica

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositora. Formouse en Leipzig e regresou a Londres en 1888. Compuxo diversas óperas, como The Boatswain’s Mate (1916), música orquestral, como Serenata (1890), e música de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra alemán. Coñecido como William Steinberg, naturalizouse estadounidense. Foi axudante de O. Klemperer na Ópera de Colonia (1920) e en 1936 estableceuse en EE UU onde dirixiu varias orquestras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xadrecista. Foi proclamado campión do mundo en 1886, título que perdeu ante Lasker en 1896. Con el comezou a escola denominada recente ou nova, que engadía ás ideas tácticas de Morphy a descuberta e o uso da concepción posicional do xogo, que posteriormente desenvolveu Lasker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e psicólogo. Destacou no estudo da psicoloxía diferencial e da personalidade. Das súas obras destacan Person und Sache (Persoa e cousa, 1906-1924), Differentielle Psychologie (Psicoloxía diferencial, 1911) e Allgemeine Psychologie auf personalistischer Grundlage (Psicoloxía xeral de base personalista, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e xeodesista alemán. Foi director do observatorio da Universidade de Dorpat (actual Tartu) e fundador e director do observatorio de Pulkovo. Dedicado ao estudo de estrelas dobres, débeselle un catálogo de 3.600, Stellarum duplicium mensurae micrometricae (Medida micrométrica das estrelas dobres, 1837). Tamén organizou e dirixiu numerosas operacións de triangulación no territorio ruso, observou a pasaxe do cometa Encke (1828) e mediu a paralaxe de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e xeodesista, fillo de F. G. W. von Struve. Sucedeu ao seu pai como director do observatorio de Pulkovo. En 1842 determinou as coordenadas do ápice, con maior exactitude que as logradas anteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Foi profesor nas universidades de Harvard e Cornel en Ithaca. Foi o primeiro en cristalizar un enzima, a urease (1926). Das súas obras destacan Textbook of biological chemistry e Chemistry and methods on enzymes (1943). En 1946 recibiu, xunto con J. H. Northrop e W. M. Stanley, o Premio Nobel de Química, polo seu descubrimento sobre a cristalización dos enzimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do megye de Vas, Hungría (82.000 h [2000]). Chamada Claudia Savaria polos romanos, era capital da Alta Panonia e foi destruída polos hunos en 445. No s XI integrouse no Reino de Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médica. Ideou un método de tratamento da tetraloxía de Fallot, xunto con A. Blalock, que se coñece como operación de Blalock-Taussig.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. En 1932 secundou ao xeneral Sanjurjo e foi desterrado ao Sáhara español. Amnistiado, mandou o primeiro terzo da Legión. Ao remate da Guerra Civil foi gobernador militar de Lugo. En 1943 foi separado do exército e, acusado de empregar soldados e prisioneiros de guerra nas obras do seu pazo de Adai, foi confinado en Albacete e Palencia.

    VER O DETALLE DO TERMO