"PS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona desértica de Australia central, situada entre o lago Eyre e o altiplano de Barkly (100.000 km2).
-
-
Método gráfico de determinación da área que está comprendida entre unha curva e o eixe, e que se aplica para a determinación do volume existente entre unha superficie curva e un plano. Foi inventado polo matemático inglés Thomas Simpson e emprégase para o cálculo do arqueo dos buques.
-
Método para aproximar a área limitada por unha curva y = f(x), o eixe OX e dúas rectas paralelas x = a e x = b. O método supón que os pequenos arcos da curva son aproximables mediante arcos de parábola que pasan polo punto medio e polos puntos terminais do arco considerado. Este método pode empregarse para aproximar calquera integral definida.
-
-
PERSOEIRO
Paleontólogo. Describiu e nomeou os mamíferos fósiles de América do Sur. Estudou a evolución, a zooxeografía e a clasificación de mamíferos actuais e extinguidos, e os principios da clasificación biolóxica. Publicou Life of the Past (1953), Principles of Animal Taxonomy (1961) e Fossils and the History of Life (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático inglés. Foi profesor de matemáticas na Academia real de Woolwich. Estudou as funcións trigonométricas, as probabilidades, as series ou as ecuacións transcendentes, e sobre todo a fórmula para o cálculo aproximado de superficies limitadas por unha curva.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de debuxos animados, creada por Matt Groening en 1993, e dirixida ao público adulto. Baséase no humor e na ironía e narra as aventuras dunha familia de clase media estadounidense.
-
-
Rexión que está situada entre o axón dunha neurona e as dendritas da seguinte que permite a transmisión de impulsos nerviosos nun único sentido. A transmisión do impulso nervioso dunha neurona a outra (sinapse nerviosa) ou dunha neurona motora a unha célula muscular (sinapse neuromuscular) implica a liberación por parte das neuronas de determinadas substancias químicas (neurotransmisores) que se unen aos receptores das neuronas seguintes desencadeando o impulso nervioso.
-
Emparellamento de dous cromosomas homólogos que se produce durante a profase meiótica.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos sináptidos.
-
Réptil fósil da subclase dos sinápsidos.
-
Subclase de réptiles que apareceron durante o Carbonífero; foron moi abundantes no Pérmico e extinguíronse durante o Triásico e excepcionalmente no Cretáceo. Incluía as ordes dos pelicosauros e dos terápsidos.
-
-
-
Exposición sintética e esquemática das liñas esenciais dun tema ou asunto para que os datos poidan ser facilmente atopados ou confrontados.
-
Asociación de fenómenos visuais con sensacións percibidas por outros sentidos.
-
Publicación do texto dos Evanxeos (os Sinópticos) en columnas paralelas para facer resaltar as súas semellanzas ou paralelismos.
-
-
CIDADES
Cidade de Polonia, situada na beira do Séupia e a 18 km do Báltico (102.244 h [2000]) É un centro comercial e destaca a industria de tecidos e maquinaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina segundo a que o único que existe ou que pode ser coñecido é a propia conciencia e os seus contidos. Representa unha radicalización do subxectivismo.
-
-
Relativo ou pertencente ao solipsismo.
-
Seguidor do solipsismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
psicosomático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de 30 a 220 cm de altura, co talo curto e estriado, follas pinnatisectas, pecioladas e de contorno triangular, flores amarelas dispostas en umbelas compostas e froito en diaquenio, con dúas ás laterais. Medra en lugares incultos.
-
DIARIOS
Diario fundado en París en 1861 por A. Nefftzer e dirixido posteriormente polo seu sobriño A. Hébrard. Tradicionalmente liberal, foi o periódico máis importante da Terceira República. Desapareceu en 1942. En 1944 Le Monde retomou as súas directrices.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e bispo de Mopsuestia. Foi un dos máis grandes representantes da escola esexética de Antioquía. Acusado postumamente de nestorianismo por Xustiniano e polo Concilio de Constantinopla (553), as súas obras teolóxicas foron queimadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos terápsidos.
-
Réptil fósil da orde dos terápsidos.
-
Orde de réptiles fósiles, da subclase dos sinápsidos, que se caracterizan pola aparición progresiva de caracteres de mamíferos, como o padal secundario, a redución do número de ósos da mandíbula inferior e a articulación desta co resto do cranio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de visión nos cadrantes correspondentes a ambos os dous campos visuais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anopsia que só afecta a un cuadrante do campo visual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das apiáceas, ao que pertence a canafístula.
-
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Coñecido como conde de Rumford, realizou importantes investigacións en calorimetría e transmisión da calor, e afirmou que a calor débese a un movemento interno de vibración.
VER O DETALLE DO TERMO