"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
VER O DETALLE DO TERMO
predicable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de predicable.
-
-
Que pode ser predicado.
-
Que pode ser afirmado do suxeito dunha oración.
-
Cada un dos modos polos que o predicado é atribuído ao suxeito dunha proposición. A lóxica tradicional, a partir de Porfirio, estableceu como predicable o xénero, a especie, a diferenza (específica), o propio e o accidente.
-
-
-
Acción de predicar.
-
Anuncio público da palabra de Deus, feito en forma de discurso polos ministros autorizados, para mover aos oíntes a recibir dunha maneira consciente e libre a mensaxe da salvación e construír e edificar a Igrexa. Distínguense diversos tipos segundo a situación dos oíntes en relación coa fe e a pertenza á comunidade cristiá: a predicación misioneira ou evanxelizadora diríxese aos que aínda non cren para que se convirtan e acepten a fe; a predicación catequética expón aos crentes dun modo sistemático todo o contido doutrinal e moral da fe aceptada; a predicación litúrxica ou homilética explica a palabra de Deus proclamada na liturxia; e a predicación parenética exhorta aos membros da Igrexa a se manteren na fe e na práctica da vida cristiá. No s XVI a Reforma e a Contrarreforma déronlle primacía ao sermón, que, de acordo cos canons tridentinos se faría en lingua vulgar.
-
Atribución dun predicado a un suxeito.
-
-
-
Aquilo que se afirma ou nega do suxeito dunha proposición.
-
Elemento sintáctico que ten por función dicir algunha cousa dun suxeito. O núcleo do predicado é o verbo, que pode levar ou non complementos, e concorda co suxeito mediante os morfemas verbais de persoa e número. Nas oracións O pai dorme, o prato é verde, a nena escríbelle unha carta á nai, os predicados son dorme, é verde, escríbelle unha carta á nai. Cando o predicado expresa unha calidade do suxeito por medio dun adxectivo ou un substantivo adxectivado e mais un verbo copulativo (ser ou verbos similares), o predicado denomínase nominal ou simplemente atributo. Se expresa unha acción do suxeito, recibe o nome de predicado verbal. En gramática moderna o predicado denomínase tamén sintagma verbal.
-
-
-
Que predica.
-
Persoa que ensina ou comenta a doutrina dunha relixión.
-
-
ENTRADA LARGA
Orde relixiosa mendicante fundada por san Domingos de Guzmán en Toulouse. Os seus membros son coñecidos tamén co nome de dominicanos. Xurdiu como réplica católica ao predominio da doutrina albixense, pero coa finalidade da predicación universal. Foi aprobada por Folquet, bispo de Toulouse, en 1215, e confirmada en 1216 polo Papa Honorio III. As constitucións recolleron a súa redacción definitiva en 1241, grazas ao mestre Reimundo de Penyafort (logo modificadas en 1924 e en 1968). Moitos dos seus membros, erixidos en defensores da pureza da fe católica, exerceron funcións xudiciais no Tribunal da Inquisición e, de feito, Reimundo de Penyafort, Nicolau Eimeric e Bernat Gui, organizaron xuridicamente esta institución, que desde ese momento quedou en mans da orde. No eido da teoloxía exerceron unha importante tarefa de divulgación a partir das figuras de santo Alberte o Magno e san Tomé de Aquino. Tiveron especial importancia os estudos xerais da orde en París, Oxford, Colonia,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estimación favorable que se ten dunha persoa.
-
Cada unha das categorías en que se reducen os seres na escolástica.
-
-
-
Que predica.
-
Que ou quen fala en prol dunha nova seita ou doutrina.
-
-
-
Anunciar, proclamar e ensinar a palabra de Deus.
-
Pronunciar un sermón.
-
Recomendar algo a outros.
-
Facer coñecido algo que non debería ser publico.
-
Afirmar unha cousa dun suxeito.
-
Reprender a alguén.
-
-
-
Que expresa predicación ou afirmación.
-
Aplícase a todo elemento gramatical que pertence ao predicado, tanto na función coma no contido. As oracións predicativas son as que teñen un verbo que expresa unha acción ou un fenómeno con participación do suxeito, en contraposición ás oracións atributivas, con verbo copulativo, que expresa unha calidade do suxeito (predicado).
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Ribas de Sil, no concello homónimo. O seu cumio acada os 560 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de predicir.
-
Cousa que se predí.
-
Previsión do tempo que fará nun futuro próximo a partir da información meteorolóxica presente, representada sinopticamente nun mapa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección especial a unha persoa ou unha cousa que se prefire ás outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é obxecto de predilección.
-
-
Herdade, terreo ou ben inmoble, sobre todo os situados no campo. En canto aos dereitos dun sobre outro, denomínase predio dominante o que ten ao seu favor algunha servidume e predio servente ao que a presta. Ao que sofre indirectamente unha servidume por atoparse entre un e outro denomínase predio intermedio.
-
Inmoble que se ten en alodio.
-
Terreo ou ben inmoble que está situado nunha poboación.
-
Terreo ou ben inmoble, dedicado a uso agrícola, pecuario ou forestal, que se atopa fóra das poboacións.
-
-
-
Preparar por anticipado unha persoa ou cousa para un fin.
-
Influír na actitude dunha persoa.
-
Prepararse alguén para algo.
-
-
-
Acción e efecto de predispoñer ou predipor.
-
Tendencia a facer, sufrir ou adquirir calquera cousa, especialmente determinadas doenzas.
-