predicado

predicado

(< predicar)

  1. s m [FILOS]

    Aquilo que se afirma ou nega do suxeito dunha proposición.

  2. s m [LING]

    Elemento sintáctico que ten por función dicir algunha cousa dun suxeito. O núcleo do predicado é o verbo, que pode levar ou non complementos, e concorda co suxeito mediante os morfemas verbais de persoa e número. Nas oracións O pai dorme, o prato é verde, a nena escríbelle unha carta á nai, os predicados son dorme, é verde, escríbelle unha carta á nai. Cando o predicado expresa unha calidade do suxeito por medio dun adxectivo ou un substantivo adxectivado e mais un verbo copulativo (ser ou verbos similares), o predicado denomínase nominal ou simplemente atributo. Se expresa unha acción do suxeito, recibe o nome de predicado verbal. En gramática moderna o predicado denomínase tamén sintagma verbal.