"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Xulián de Eiré (Pantón). Ten planta en forma de U cun patio axardinado rectangular no medio, pechado por un muro onde se abre o portal; este está flanqueado por dúas pilastras que con outras dúas situadas nos extremos do muro sosteñen unha moldura corrida sobre a que descansa un voado en forma de trabe co escudo coas armas dos Aguiar, Valcárcel, Deza e Mosquera. Na parte posterior destaca a solaina e na principal unha balaustrada corredor de tipo claustral á que se accede por unha escaleira. O edificio está cuberto con tella acanalada a dúas augas. Conserva unha capela, reedificada en 1927 no Campo dos Carballos, un hórreo, unha palleira, unha pía para a auga, un pombal e un muíño.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Agolada. Construíuse no 1030 en estilo románico, mais sufriu modificacións ao longo do tempo. Conserva a colección de canzorros do s XIII na fachada norte. A fachada princial é do s XIV, ten dobre arquivolta e tímpano cunha cruz inscrita nun círculo, e o campanario é do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ferreiriño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago que inclúe as parroquias de Arzúa, Brandeso, Branzá, Burres, Dombodán, Lema, Pantiñobre, Santa María de Arzúa, Tronceda e Viñós (concello de Arzúa), Cebreiro, Cerceda, Ferreiros e San Mamede de Ferreiros (concello do Pino) e todas as do concello de Touro, agás Bama, Bendaña, Foxás, Prevediños e San Miguel de Vilar.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Paradela baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra do Brollón baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Sadurniño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Xes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva por armas, en campo de goles, catro faixas de ouro. Tamén se recolle coa forma Ferreirós.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Radiólogo. Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela (1945). Especializouse en radioterapia e radiodiagnóstico. Mestre da primeira xeración de radiólogos modernos galegos, foi o primeiro catedrático de Terapéutica Física da universidade compostelá (1966) e xefe do departamento de radioloxía no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, no que organizou o primeiro servizo de radioterapia do hospital. Foi o primeiro catedrático, posto que ocupou ata a súa xubilación (1985). Foi un dos impulsores do cambio de denominación da asignatura a Radioloxía e Medicina Física.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de san Cibrao.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Tomé de Xaviña (Coristanco). Ten planta alongada en forma de L e dúas alturas na fachada. A cuberta é a dúas augas. Na súa construción empregouse a cantería coa cachotería de granito. Na parte posterior está amurallado. Conserva construcións adxacentes como o pombal, as palleiras e o lavadoiro.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monterroso. De estilo románico, construíuse no s XII. Ten unha soa nave e ábsida. O arco triunfal é dobrado coa aresta viva; apóiase en columnas pegadas. A cuberta é de madeira a dúas augas. A fachada principal ten unha espadana dun só van. Conserva unha pía bautismal románica.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Paradela. De construción románica, ten unha nave e ábsida con cuberta de madeira. O arco triunfal é dobrado. No exterior destaca a portada cun arco de medio punto con tres arquivoltas con molduras, separadas por cintas escaqueadas, e un tímpano liso.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pol. Construída no s XVII, ten nave rectangular con cuberta a dúas augas e capela maior de planta cadrada con cuberta a catro augas. Ao pé da nave sitúase un pórtico sobre o que se erixiu a espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada na parroquia de Santo Eusebio da Peroxa (Coles). De orixe románica, trátase dun templo barroco construído sobre un xacemento castrexo. O edificio ten planta única e ábsida rectangular. Da construción románica consérvanse a nave, unha ventá sobre o testeiro e os canzorros dos beirís laterais. A fachada e a torre son froito dunha reconstrución realizada polo mestre Blas de Cabanelas no 1808. Conserva un retablo maior barroco, obra de Francisco de Castro Canseco.
VER O DETALLE DO TERMO