Ferreiros, San Cibrao dos
Ferreiros, San Cibrao dos
Igrexa parroquial situada en Monterroso. De estilo románico, construíuse no s XII. Ten unha soa nave e ábsida. O arco triunfal é dobrado coa aresta viva; apóiase en columnas pegadas. A cuberta é de madeira a dúas augas. A fachada principal ten unha espadana dun só van. Conserva unha pía bautismal románica.