Ferreirós Espinosa, Carlos

Ferreirós Espinosa, Carlos

Radiólogo. Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela (1945). Especializouse en radioterapia e radiodiagnóstico. Mestre da primeira xeración de radiólogos modernos galegos, foi o primeiro catedrático de Terapéutica Física da universidade compostelá (1966) e xefe do departamento de radioloxía no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, no que organizou o primeiro servizo de radioterapia do hospital. Foi o primeiro catedrático, posto que ocupou ata a súa xubilación (1985). Foi un dos impulsores do cambio de denominación da asignatura a Radioloxía e Medicina Física.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Poio

  • Deceso

    Lugar : Vigo