"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Filgueira de Barranca (Cesuras) e Santa María de Lurdes (Curtis). O seu cumio acada os 543 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Dereito, traballou no campo da crítica literaria e histórica e foi redactor de Gaceta de Madrid. Das súas obras destacan Estudios de Cronología universal (1863), Una página de Cronología técnica. De los calendarios en la Edad Antigua (1863), Disertación sobre la Crónica de Pharos (1864) e Era de España. Apuntes de Cronología española (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, bañado polos ríos Arga e Arlás, afluentes do Ebro (5.368 h [2001]). É un centro agrícola e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e poeta. Foi reitor da Universidad Nacional Mayor San Marcos de Lima e interesouse polas correntes filosóficas e científicas europeas. Cultivou a épica, con escasa fortuna, e o teatro, máis relevante, se ben destacou como poeta cortesá e barroco. Publicou La Rodoguna (1710), Triunfos de amor y poder (1711), Afectos vencen finezas (1720) e Lima fundada (1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Tivo os seus obradoiros tipográficos na rúa Real da Coruña. Editou o xornal El Eco Mercantil a partir de 1847 e o seu sucesor El Emancipador, tamén en 1847.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de peraltar.
-
Que ten ou forma peralte.
-
Aplícase a un arco ou bóveda cando teñen a curva máis alta ca a metade da luz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar peralte a unha bóveda, arco ou curva.
-
-
Aquilo que, na altura dun arco, dunha bóveda ou dunha estrutura similar, excede o semicírculo.
-
Pendente transversal que existe, nunha curva dunha vía de ferrocarril ou dunha estrada, entre os dous carrís ou entre os dous bordos exterior e interior dunha curva de estrada, respectivamente, co fin de evitar, dentro duns límites de velocidade, que o vehículo sexa impelido, polo efecto da forza centrífuga, contra a parte exterior da curva ou que sufra reaccións laterais violentas que, a gran velocidade, poderían envorcalo.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Covas (Montederramo). O seu cumio acada os 1.048 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Couso (Gondomar). O seu cumio acada os 708 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico. Abandonou os estudos de arquitectura para dedicarse á pintura. A finais da década de 1960 entrou en contacto cos artistas do neofigurativismo madrileño, polo que progresivamente foi abandonando o xeometrismo das súas obras. Viaxou por Italia (1975), feito que tamén influíu na súa pintura, na que introduciu elementos mitolóxicos e recursos manieristas, en moitas ocasións integrados en composicións arquitectónicas. Realizou os frescos da Cámara de Comercio de Sevilla e os do teito do Pabellón de Andalucía, na Expo’92. As súas obras, de forte colorido e luminosidade, representan a personaxes que se moven en complexas escenografías teatrais, que unifican interiores con exteriores. Destacan Grupo de personas en un atrio o alegoría del arte y la vida o del presente y el futuro (1975-1976), Escena de los personajes a la salida de un concierto de rock (1979) ou Figura reclinada veneciana moderna (2004). Realizou tamén gravados, deseños de mobles, decoracións...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao peristaltismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de movementos vermiculares de contracción do tubo dixestivo, en forma de onda que progresa desde o estómago cara ao ano.
-
PERSOEIRO
Escultor alemán. Traballou con Weissenkorcher o Vello en Salzburgo e con Kracker en Viena, aínda que a súa formación foi primordialmente italiana (1675-1689) e influída pola arte de Pietro da Cortona. Nomeado escultor da corte de Dresden (1689), traballou no Zwinger co arquitecto M. Pöpelmann (1711-1718) e fixo a Apotheose des Prinzen Eugen (1718-1721).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Retratista independente, dedicouse á fotografía comercial en Berlín (1927) e expuxo por primeira vez en Stuttgart (Film und Foto, 1929). Influído pola Nova Obxectividade, inaugurou e dirixiu o obradoiro fotográfico da Bauhaus (1929-1933), onde apostou polos contrapicados, as texturas abstractas e as imaxes surrealistas. Abandonou a fotografía e instalouse en EE UU (1938), onde ensinou fotografía na Universidade de Chicago (1945-1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Aranga, no concello homónimo. O seu cumio acada os 645 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Vilouzán (Láncara) e O Monte (Triacastela). O seu cumio acada os 1.198 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Veiga de Forcas (Pedrafita do Cebreiro). O seu cumio acada os 1.194 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Gundriz (Samos). O seu cumio acada os 1.269 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Escornabois (Trasmiras). O seu cumio acada os 781 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO