"cc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 617.

  • Comida lixeira que se toma para recuperar as forzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modificación da traxectoria dun raio ou da fronte dunha onda cando atravesa unha superficie que delimita dous medios diferentes. Para unha refracción determinada, defínese o coeficiente de transmisión T como T = I r /I i , onde I i , é a intensidade da onda incidente e I r é a da onda refractada. En determinadas condicións pode non haber refracción e aparecer o fenómeno da reflexión total. No caso das ondas luminosas, as leis da refracción, na aproximación da óptica xeométrica, resultan ser unha consecuencia do principio de Fermat, no caso máis xeral, ou do principio de Huygens.

      1. índice de refracción

        Número adimensional n=c/v para un medio material, onde c é a velocidade da luz no baleiro e v a velocidade da luz no medio material considerado. Cando o valor de n nun medio material A é máis grande ca o doutro medio B, dise que A é máis refrinxente ca B.

      2. refracción dobre

        birrefrinxencia.

    2. Parámetro determinado co refractómetro de Abbé na análise de alimentos, que se emprega para a valoración da concentración de solucións de azucres (xaropes) e a identificación de graxas.

    3. Fenómeno que consiste na variación da dirección de propagación dunha onda sonora, ao pasar dun medio a outro, debida á distinta velocidade de propagación do son nos dous medios.

    4. Refracción que sofren os raios luminosos dos astros ao atravesar a atmosfera. Os raios luminosos atopan no seu camiño rexións de distintas densidades e por iso a posición que se ve dun astro no firmamento non é a real, senón lixeiramente desprazada, debido a que os raios luminosos son desviados polas refraccións sucesivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de carbonilación de fenois que se leva a cabo refluíndo solucións alcalinas de fenois en cloroformo, dando lugar a o-hidroxibenzaldehidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nova infección sobre un terreo anteriormente xa afectado co mesmo axente patóxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación cirúrxica que consiste en sacar unha parte máis ou menos extensa dun órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de resucitar.

    2. Dogma dalgunhas relixións polo que o corpo humano volverá da morte para unha vida nova e definitiva. Pode referirse á reanimación dun morto, ao acto final da historia en que Deus resucitará os mortos e o retorno á vida de Xesús Cristo ao terceiro día. A idea de rexurdir, erguerse de novo, alzarse, reanimar, aplicada a un cadáver, ten un sentido metafórico: se o cadáver é o signo visible da morte, a súa resurrección ou reanimación simboliza o retorno á vida. A partir do Novo Testamento o tema converteuse en núcleo fundamental da mensaxe cristiá: o anuncio da resurrección de Xesús Cristo, garantía para os crentes a propia resurrección. Trátase non só da reanimación dun cadáver nin do retorno á vida temporal, senón da superación definitiva da morte, do traspaso a unha vida de plenitude perpetua alén da morte. De aí vén a imposibilidade de definir con nocións precisas e de fundamentar criticamente dunha maneira segura a realidade da resurrección de Xesús Cristo. Equivalería a demostrar...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de retraer ou retraerse.

    2. Redución do volume dun tecido, en particular un músculo, e deformidade que resulta dela.

    3. termorretracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efecto retroactivo.

    2. retroalimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxección de imaxes sobre unha pantalla situada a certa distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observación ou exame do tempo pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de retrotraer ou retrotraerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid a partir de xullo de 1923. Fundada por José Ortega y Gasset, o seu obxectivo foi ofrecer claridade ao caos intelectual en que se atopaba Europa tras a Primeira Guerra Mundial presentando unha xerarquía de temas literarios e científicos sempre afastados da política. Atendeu a todas as novas correntes de creación artística e literaria, mesturando entrevistas, ensaios e artigos con números monográficos que trataban desde os valores consagrados ata as novas promesas. A revista cesou en xullo de 1936, pero en 1963 renaceu da man do fillo de Ortega y Gasset, José Ortega Spottorno. A súa terceira época comezou en 1980, dirixida pola outra filla de Ortega y Gasset, Soledad, que editou a Fundación José Ortega y Gasset. Nestas etapas mantívose fiel ás súas orixes, e converteuse na publicación de divulgación científica e cultural de referencia en España e Hispanoamérica que cada mes recolleu a actualidade máis relevante no campo do pensamento, a ciencia e a creación literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Montaña dos Alpes Graios, situada ao O de Turín. Acada unha altitude de 3.538 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Letrado do Consello de Estado e militante de Alianza Popular e do PP, foi secretario xeral de Sanidade, director do Instituto de Estudios de la Administración Local, subsecretario da Presidencia do goberno e subsecretario do Ministerio da Gobernación. Foi deputado no Congreso de los Diputados (1982-1989) e no Parlamento galego (1993-1996), e presidiu a Deputación Provincial da Coruña. Foi vicepresidente da Xunta de Galicia (1982), conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes (1990-1993) e de Sanidade e Servizos Sociais (1993-1996). Foi ministro de Sanidade e Consumo (1996-2000) e presidiu o Consello de Estado (2003-2004). Escribiu Lecturas para estos tiempos: sociedad abierta, globalización, inmigración, multiculturalismo (2002) e El artículo 107 en el marco de la constitución española de 1978 (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción, introducida no ano 1918, que permite a redución de cloruros de hidróxeno a aldehidos mediante a hidroxenolise do enlace carbono-cloro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Dedicado ao teatro, debutou coa farsa La cambiale di matrimonio (1810). En 1813 consolidou a súa fama con Tancredi, unha ópera seria, e as bufas Il signor Bruschino e L’italiana in Algeri. Posteriormente, compuxo Il barbiere di Siviglia (1816) e La Cenerentola (1817). En Viena (1823) coñeceu a Beethoven, e en París e Londres, reuniu unha fortuna. Asimilou o mundo romántico en Guillaume Tell (1829), pero a falta de saúde afastouno da composición. Posteriormente compuxo un Stabat Mater (1832) e a Petite messe solennelle (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cor vermella da pel producida por algún proceso inflamatorio ou por unha mala circulación do sangue.

    2. Proceso de formación dos solos vermellos, que consiste fundamentalmente nun enriquecemento en óxidos de ferro e ten lugar en rexións de clima mediterráneo cálido e sobre rocha nai calcaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos endomicetais, da familia das sacaromicetáceas, que producen a fermentación de azucre. A especie S. cerevisiae e as súas distintas variedades teñen un papel básico na industria alimentaria, xa que se empregan no proceso de produción de bebidas alcohólicas, especialmente da cervexa e do viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático italiano. Foi o primeiro en analizar e discutir o quinto postulado de Euclides e propuxo unha xeometría non euclidiana. Recolleu as súas comprobacións en Euclides ab omni naevo vindicatus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. A súa vida coincidiu coa época de decadencia da literatura en lingua vulgar. Escribiu poemas, como La battaglia delle donne (1350) e Sposizione dei Vangeli (1378-1381), ademais da colección de contos Trecentonovelle (1385-1392).

    VER O DETALLE DO TERMO