"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • PERSOEIRO

    Matemático. Realizou investigacións en topoloxía, teoría de grupos conmutativos e descubriu unha lei xeral de dualidade. Publicou numerosas obras sobre topoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Estudou as ondas electromagnéticas para a transmisión de sinais a distancia. Perfeccionou o aparello de Branly e ideou a antena. Construíu un aparello para rexistrar as descargas atmosféricas, denominado indicador de tempestades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor serbio. Escribiu narracións e poesía, pero o máis destacado da súa obra está nos dramas histórico-patrióticos de inspiración romántica, como Nevinost (A inocencia, 1827). Tamén cómpre salientar as súas comedias e farsas, en que estableceu a base do moderno teatro serbio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou na Guerra dos Sete Anos no exército de Carlos III. Capitán de dragóns, destinárono a México e en 1767 enviárono a Baixa California como primeiro gobernador daquel territorio, coa misión de expulsar aos xesuítas e de organizar unha expedición cara ao norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Manabí, Ecuador, situada na ribeira dereita do río Portoviejo (170.326 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar ruso. Participou na Primeira Guerra Ruso-turca (1768-1774). Foi o favorito de Catarina II de Rusia (1774-1776), sobre a que tivo unha grande influencia política. Impulsou a anexión do Khanato de Crimea ao Imperio Ruso (1783) e a fundación de Sebastopol (1784). Organizou a Segunda Guerra Ruso-turca (1789-1791), pero non tivo éxito e perdeu a influencia política sobre Catarina II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hospital privado situado en Vigo. Creado a finais da década de 1960 por un grupo de médicos especialistas, inaugurouse en 1973. Ideado como unha clínica para determinadas especialidades, acadou os servizos propios dun grande hospital, con áreas especializadas en queimados, alerxias, cardioloxía ou medicina nuclear. Asinou acordos co Instituto Social de la Marina e o Insalud, e desde 1995 mantén un concerto co SERGAS. Desde 1996 pertence ao Grupo Nosa Terra. En 1991 creouse a Escola Universitaria de Enfermaría, adscrita á Universidade de Vigo, e en 1996 implantou ciclos de grao medio e superior de Formación Profesional. Ademais, realiza actividades formativas e científicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta croata. Comezou a escribir en alemán, pero a partir de 1844 tomou consciencia da súa lingua e o seu país, e converteuse nun dos máis eminentes poetas croatas, coa súa poesía lírica, que reflectiu en Prvijenci (Primicias, 1864) e épica, en Pvrvri ljudi (Os primeiros homes), e coas súas obras dramáticas, como Marko Kraljević (1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ucraíno. Membro do PCUS desde 1959, durante o goberno de L. I. Brežnev (1964-1982), encargouse das cuestións relacionadas co Oriente Próximo, e tras a disolución da URSS pasou a ser director do Servizo de Espionaxe Exterior da Federación Rusa. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1996) e primeiro ministro (1998-1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Militante comunista, dedicouse á recompilación do folclore literario, sen introducirse nos temas da revolución e a guerra civil rusas. Nos seus contos e relatos mestúranse a fábula e a realidade, o mito e a lenda, expresados coa linguaxe máxica da tradición oral rusa, que reflectiu en V kraju nepuganykh ptic (No país dos paxaros non espantados, 1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. A partir de 1923 residiu en Rusia, onde se formou na Universidade de Leningrado. Naturalizado ruso, en Moscova estudou a propagación das ondas electromagnéticas, a radiofísica cuántica e sobre todo os xeradores e amplificadores moleculares; o desenvolvemento destes deu lugar ao máser. En 1959 recibiu o Premio Lenin e en 1964 o Premio Nobel de Física, xunto a N. G. Basov e C. H. Townes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e escritor ucraíno. Ortodoxo, foi nomeado bispo (1708) e converteuse no brazo dereito da reforma de Pedro I de Rusia. Elaborou o Regulamento eclesiástico (1721), polo que o patriarcado foi substituído polo sínodo, como órgano de administración suxeito ao tsar. Escribiu tamén un curso de Poética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Rhode Island, EE UU, situada na costa atlántica e na badía de Narragansett (173.618 h [2000]). O seu porto rexistra un tráfico notable de petróleo e conta con industrias téxtiles e mecánicas. Foi fundada en 1636 por Roger Williams.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposición ou medida tomada por adiantado en vista dunha necesidade futura ou posible ou para evitar algo.

      1. Previsión e coidado que Deus ten do proceso do mundo e, particularmente, da existencia dos homes, incluída a súa liberdade, en virtude da súa sabedoría e da súa vontade amorosa, que omnipotentemente o soporta e condiciona todo. O concepto relaciónase co problema da predestinación, cuxas interpretacións fatalistas non son senón reflexo da que pode ser interpretación incorrecta do providencialismo.

      2. Deus mesmo, como providente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á providencia divina.

    2. Que acontece no momento máis necesario ou oportuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que afirma que todo sucede por disposición da providencia divina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao providencialismo.

    2. Partidario do providencialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é dilixente para prover.

    2. Que parece emanado da providencia ou inspirado por ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de prover ou proverse.

    2. Que prové a tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Vigo a partir de maio de 1994. Subtitulouse “Boletín informativo de la Fundación Provigo y su Área”. Difundía as actividades desta fundación, así como a análise dos novos proxectos que afectan á cidade de Vigo e á súa área de influencia, que parten da posta en marcha do Plan Estratéxico de Vigo e a súa Área. Tamén incluía información sobre diversos sectores empresariais.

    VER O DETALLE DO TERMO