"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
-
Planta da familia das aponoxenotáceas.
-
Familia de herbáceas da orde das helobiais á que pertence o único xénero Aponogeton.
-
-
-
Apelido de orixe toponímica procedente do latín ponte. Como apelido xa se documenta no s XIV: “Martin Perez da Ponte” (doc ano 1333 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 607).
-
Antiga liñaxe procedente de Betanzos, segundo algúns investigadores, e de Pontedeume, segundo outros. Nos tratados heráldicos este apelido pode aparecer coas formas Da Ponte, de Ponte, e Ponte. Os de Pontedeume tiveron o señorío do castelo de Monreal quen, trala morte do seu último posuidor, Pedro Mejia de Aponte, pasou á orde de Santiago. Xa polo ano 744 era señor desa casa Gil de Aponte (ou Nuño Gil de Aponte), un dos máis famosos capitáns da época, que viviu nos reinados de Afonso I o Católico, Froila e Afonso II o Casto, sepultado na igrexa de Santa María de Iria Flavia, en Padrón. Dende a primitiva casa pasaron a Noia e Amusco (Palencia), e desde esta última vila a Lugo, Toledo, Ocaña, Cuenca, Madrid, Aragón, Extremadura e Italia. Dos Aponte da Coruña descende Simón Bolívar, o Libertador das terras americanas. Os de Lugo asentáronse no lugar de Caboxo, no concello lugués de Abadín. Os Aponte levaron tamén o apelido Freixomil como...
-
-
GALICIA
Militar, poeta e dramaturgo. Foi autor de obras como: Jardín de ensueño (1909); Canciones remotas (1910); Paisajes de almas (1913); Superstición (Trilogía celta) e o drama premiado polo concello de Madrid, El rey ciego (1919). A causa dun transtorno mental, suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de apontoar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer pontóns a unha cousa, especialmente entre as vigas dunha construción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Referido á flor ou planta que perdeu os pétalos por regresión evolutiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto das paredes celulares nas plantas.
-
-
Relativo ou pertencente á apoplexía.
-
Afectado de apoplexía ou propenso a ser afectado.
-
-
-
-
Extravasación masiva de sangue ao interior do encéfalo, procedente dunha arteria intracerebral (hemorraxia cerebral). Nun sentido amplo, aplicouse tamén este termo a outros accidentes vasculares cerebrais como a trombose ou a embolia, pero que en sentido estricto cómpre reservalo para a hemorraxia. A aplopexía condiciona habitualmente un cadro clínico grave de inicio brusco. Un 80% destes casos son mortais e os que sobreviven quedan con secuelas de intensidade variable, habitualmente hemiplexias. Entre as causas destacan a hipertensión arterial, os aneurismas e outras malformacións vasculares cerebrais, a arteriosclerose e as diateses hemorráxicas.
-
Saída de sangue de súpeto e espontánea (non traumática) que se produce no interior dun órgano. Así, pódese falar de apoplexía da coroide do ollo, do bazo, do páncreas, do pulmón, do ril, etc.
-
-
Enfermidade da vide, caracterizada pola aparición repentina de cepas con pámpanos total e bruscamente marchitos que acaban por secarse; o mesmo pasa cos acios. Pode ser producida polo fungo basidiomiceto Stereum necator. O vento quente, seco e forte produce unha apoplexía non parasitaria, ao causar un exceso de evaporación que non se ve compensado pola absorción das raíces.
-
-
-
Compoñente proteico dunha proteína conxugada.
-
Péptido que constitúe a parte proteica das lipoproteínas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de morte celular programada e controlada xeneticamente. Parece estar implicada en diversos procesos fisiolóxicos, como a embrioxénese, a caída das follas, o desenvolvemento do sistema nervioso, a inmunotolerancia ou a metamorfose dalgúns grupos animais, e nalgúns procesos patolóxicos ( cancro).
-
VER O DETALLE DO TERMO
apoñer.
-
-
Arrimar terra ao talo das plantas.
-
Enterrar unha póla dunha árbore coa intención de que bote raíces e conforme unha nova planta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Siloxismo dubitativo que demostra o valor igual de dous razoamentos contrarios.
-
-
Relativo ou pertencente á aporía.
-
escéptico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bolboretas da familia dos piéridos. En Europa ten como representante a especie A. crataegi que se caracteriza por ter ás brancas con nerviación escura e que na fase larval se alimenta especialmente das follas do estripeiro; en Galicia está presente especialmente no sueste e na área de montaña oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra grega, que significa ‘ausencia de camiño’, empregada polos filósofos gregos da Antigüidade para designar aqueles problemas que presentan unha dificultade lóxica insuperable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
encirrar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Labrar por vez primeira un terreo despois da última colleita.
-
MONTES
Monte da parroquia de Triacastela, no concello de Triacastela, de 1.427 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO