"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
-
Que non ten peso ou que non está sometido ás leis da gravidade.
-
Que é moi livián.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óso en forma de placa, situado en posición ventral e media, sobre o que se fixan os extremos das clavículas. Propio dos vertebrados terrestres primitivos, persiste en moitos réptiles e nalgúns mamíferos.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Padrón. Está edificada no soar que ocupou a vella catedral da diocese de Iria, sufragánea de Braga. Foi colexiata ata 1851. Coñécese tamén como Santa María de Adina. Construíuse un primeiro templo paleocristián, do que se conservan restos arqueolóxicos, que puido edificarse no s I. Sobre este edificio fíxose unha igrexa prerrománica, arrasada en tempos de Almanzor. O arcebispo Xelmírez mandou construír no s XII unha igrexa románica, terminada no s XIII en estilo oxival. Tiña tres naves separadas por columnas e tres ábsidas. Desta construción consérvase a portada gótica, onde se labrou no tímpano a Adoración dos Reis Magos. No s XVIII o arcebispo Monroy restaurou o edificio, que adoptou a planta rectangular con tres naves, cruceiro e presbiterio, todo cuberto con bóvedas de aresta. Deste século son as torres rematadas en pirámides de chanzos, realizadas por Pedro García de Cotobade de xeito semellante á torre do Tesouro da catedral compostelá. Segundo a tradición...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado histórico da Europa que comprendía as repúblicas de Eslovenia, Croacia, Serbia, Bosnia-Herzegovina, Montenegro e Macedonia, e as provincias autónomas de Vojvodina e Kosovo. Constituíuse o 1 de decembro de 1918, co nome de Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos e agrupou aos eslavos do sur. Despois da promulgación da Constitución de Vidovdan (28.6.1921), a hexemonía dos serbios manifestouse con claridade e espertou a resistencia das outras nacionalidades do reino. Durante a ditadura do Rei Alexandre I (1929-1931) substituíse o nome oficial do estado polo de Iugoslavia, mentres os secesionistas croatas radicalizaron a súa postura e organizaron grupos terroristas. Despois do asasinato de Alexandre I e do ministro Barthou (1934) polos croatas, o goberno do rexente buscou apoio nos gobernos fascistas de Hitler e Mussolini e adheriuse ao Pacto Tripartito en 1941, pero foi invadido por Alemaña ese mesmo ano. A resistencia contra os invasores organizouse ao redor de grupos de militares monárquicos...
-
PERSOEIRO
Poeta. Estreitamente identificado co movemento nacionalista e o renacemento galés do s XX, mestura elementos obreiristas-marxistas e tradicionalistas-revolucionarios, que o converten nun autor crítico e satírico no seu país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e cantante de rock. Coñecido como David Bowie, das súa discografía destacan Space Oddity (1972), Images (1973), Let’ s dance (1983), Never Let me Down (1987), Outside (1995), Earthling (1997) e Heathen (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e profesor. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Sociedad Anatómica Española e decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico galés. Estudiou en Cambridge e, sendo aínda estudiante, descubriu en 1962 o efecto que leva o seu nome sobre as propiedades supercondutoras dos metais a baixa temperatura. Recibiu o Premio Nobel de Física (1973), compartido por L. Esaki e L. Giaever.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor grego. Autor de O mendigo (1899), de carácter popular, e da obra realista O arqueólogo (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político zambiano. Afiliado ao African National Congress en 1950, tres anos máis tarde foi elixido secretario xeral. Fundador do Zambia African National Congress (1958) e presidente do United National Independence Party (1960), foi elixido presidente da República desde a independencia de Zambia (1964) ata 1991, cando o substituíu Frederick Chiluba. En 1997 acusárono de promover un golpe de estado contra o presidente Chiluba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte setentrional do deserto de Irán, situado ao L de Teherán (55.000 km2). É un deserto salino.
-
-
Relativo ou pertencente aos kavirondo.
-
Individuo do pobo kavirondo.
-
Conxunto de pobos bantús relacionados lingüisticamente que habitan en África oriental, a carón do lago Vic22toria (Kenya) e tamén en áreas de Uganda e Tanzania.
-
-
PERSOEIRO
Biólogo. Fixo investigacións sobre a bioquímica dos dípteros e demostrou a existencia do citocromo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
capa de Heaviside.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: riboflavina.
-
PERSOEIRO
Psiquiatra. Considerado o iniciador da anti-psiquiatría, consideraba que a enfermidade mental era un fenómeno social. En 1965 fundou con David Cooper e A. Esterson, a Philadelphia Association, que agrupaba diversas comunidades, entre as que destacou Kingsley Hall. As súas obras principais son The Divided Self (1960), The Self and Others (1961), Reason and Violence (1964), Sanity, Madness and the Family (en colaboración con A. Esterson, 1964), The Politics of the Family (1969), Knots (1969) e The Facts of Life (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, narrador e dramaturgo. En 1998 escribiu, con Quico Cadaval, o texto Memoria de Antígona, traballo solicitado polo Centro Dramático Galego para unha produción dirixida por Guillermo Heras. En 1993 obtivo o Premio Camiño de Santiago coa peza O peregrino errante que cansou o demo e dous anos despois o Premio Rafael Dieste por O serodio remordemento do amor, dúas pezas nas que se deixa sentir a influencia de autores como Valle-Inclán ou Ramón Otero Pedrayo. Ese mesmo ano, 1995, recibiu o premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa por Os moradores da nada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico acerbaixano. Discípulo de Bohr, foi profesor nas universidades de Khàrkov e Moscova. Traballou practicamente en todos os eidos da física do s XX: atómica e nuclear, do estado sólido e do plasma, hidrodinámica, raios cósmicos, magnetismo e crioxenia. Diversos fenómenos e teorías levan o seu nome. En particular, desenvolveu a teoría que explica o comportamento superfluído do helio-3 líquido e tamén é o autor da teoría einsteniana do campo unificado. Foi denomiado o Einstein soviético. Entre as súas obras destaca Course of Theorical Physics, nove volumes escritos en colaboración de E.M. Lifshitz. Recibiu a medalla do Instituto Max Planck (1960) e diversos galardóns soviéticos, entre eles o Premio Lenin (1962). En 1962 foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre ferromagnetismo, as baixas temperaturas, o helio líquido e física nuclear.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao landgrave ou ao landgraviato.