"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • CAPITAIS

    Capital do cantón de Sankt Gallen, Suíza (69.800 h [2001]), situada na ribeira do Steinbach, tributario do lago Constanza. Ten industria téxtil. A cidade xurdiu (s X) ao redor do mosteiro de Sankt Gallen, de principios do s VII e centro principal da cultura alemá dos ss VIII ao XI. Subtraído á xurisdición eclesiástica de Constanza (818), pasou a mans de Federico I Barbarrubia (1180). Coa invasión francesa (1798) suprimíronse os mosteiros e o principado. Despois das destrucións do s XVI, a igrexa foi reedificada en estilo barroco por Peter Thumb (1681-1766). A biblioteca ten 1.700 incunables e 2.000 manuscritos xurdidos do mesmo escritorio (ss VIII-XI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón do NL de Suíza, que se estende entre o lago de Constanza e os Prealpes (2.026 km2; 453.200 h [2000]). A súa capital é Sankt Gallen. O N é unha rexión de outeiros tallados polos vales glaciarios; e o S, ocupado polos Prealpes é máis abrupto e accidentado. A industria téxtil, que ten a súa orixe na Idade Media, ten unha grande importancia. A poboación fala o alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (60.265 h [2001]). É un centro residencial e lugar de veraneo. A industrialización acelerouse coa consolidación do Eix de Promoció Industrial del Vallès e do Parc Tecnològic del Vallès.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou de Terrassa , ou de la Serra , ou de Galliners Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (13.727 h [2001]). Foi un centro agrícola e residencial pero a proximidade de Sabadell e Terrassa motivaron un cambio importante na economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Santiago, República Dominicana (622.101 h [2002]). Situada ao N da illa, á beira dereita do río Yaque del Norte, na zona máis fértil do val do Cibao, é a segunda cidade do país. Posúe industrias de tabaco, madeira, destilarías e conservas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro publicado por Valentín Lamas Carvajal en 1880 nos obradoiros tipográficos de La Propaganda Gallega en Ourense, con 19 poemas. A segunda edición (1893) incluíu 21 composicións. Como autor contemporáneo de Rosalía, con esta obra consolidouse como continuador dos temas que a poetisa utilizaba nos seus versos, especialmente o costumismo. Os seus versos, marcados polo seu carácter civil, denuncia a miseria das xentes do campo e exalta a lingua galega. A eles súmanse outros máis descritivos, cheos de elementos humorísticos, e composicións en que defende os costumes e tradicións de Galicia. A proximidade ao mundo rural galego faise tamén evidente no emprego da lingua, chea de elementos dialectais e léxico popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illotes do Océano Atlántico situados fronte á punta Lameda, na parroquia de Panxón (Nigrán).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid situado no S da comunidade autónoma (1.759 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico estadounidense. Doutorouse na Universidade de Illinois. Recibiu o Premio Lasker de Investigación Médica (1988) e o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1993), compartido con Richard J. Roberts, polos estudos sobre o ADN dos organismos eucariotas que contén material non informativo descartado á hora de transcribir ARN mensaxeiro para sintetizar proteínas, denominado intrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Foi profesor da Rice University (Houston) e fundador do programa de nanotecnoloxía na mesma universidade. En 1996 recibiu, xunto con R. F. Curl Jr. e H. W. Kroto, o Premio Nobel de Química, polo descubrimento dos fulerenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Barcelona a partir de 1938. Promovida pola Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos, o seu fundador foi Pedro Longueira. O obxectivo do xornal foi tentar establecer pontes entre os emigrantes galegos en Barcelona e América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada na Coruña en 1884 baixo a iniciativa e presidencia de Emilia Pardo Bazán. Tiña como finalidade recoller, estudar e conservar as tradicións e costumes galegos. En 1885 publicaron un tomo dedicado ao folclore galego na Biblioteca de Tradiciones Populares Españolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento xurdido en Galicia en 1907 a imaxe de Solidaridat Catalana. Estaba formada por republicanos, liderados por José Rodríguez Martínez e Segundo Moreno Barcia; tradicionalistas ou carlistas, dirixidos por Xoán Vázquez de Mella; e rexionalistas, como Manuel Murguía, Galo Salinas, Uxío Carré Aldao, Manuel Lugrís Freire, Xoán e Salvador Golpe e Vítor Naveira. No verán de 1907 formaron a Junta Solidaria na Coruña e en setembro aprobaron o Manifesto Solidario. Tiveron diversas publicacións como Galicia Solidaria, A Nosa Terra, Solidarismo Gallego e Solidaridad Gallega. Pretendían conseguir una representación parlamentaria galega que defendese os intereses económicos galegos. Non obtiveron éxitos electorais pero si unha presenza no mundo agrario. A falta de cohesión interna levou á súa desaparición en 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado na Coruña a partir do 4 de maio de 1908. Cesou en 1911. Subtitulado “Órgano semanal de la Junta Solidaria de La Coruña”, foi o derradeiro dos voceiros coruñeses que tivo o movemento Solidaridad Gallega. Dirixido por Rodrigo Sanz, a súa tendencia era agrario-rexionalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir de decembro de 1907. Cesou en abril de 1908 (nº10). Subtitulado “Órgano quincenal de la Junta Coruñesa de la Solidaridad Gallega”, ao seu cesamento foi substituído polo semanario Solidaridad Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Pontevedra a partir de 1944. Cesou en 1949 (nº12). Subtitulouse “Publicación Céltiga” e “Revista de Galicia. Exponente literario y artístico de la región”. Dirixida por Ramón Peña, quen tamén era o seu propietario, contou coa colaboración de Celso Emilio Ferreiro no apartado de creación literaria. Foi a primeira gran revista literaria e cultural da posguerra. Incluíu composicións literarias, fotografías e ilustracións, ademais de gravados, linóleos e debuxos, e completou os seus contidos con artigos de temática galega e local, homenaxes e retratos biográficos, xunto con críticas literarias e recensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estación de deportes de inverno situada no estado de California, EE UU, ao N de Sierra Nevada. Foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Altura do corpo humano.

      1. Parte do corpo humano que vai desde o colo ata a cintura.

      2. Medida que se toma desta parte do corpo, tanto por diante como por detrás, ao confeccionar roupa.

    2. Cada unha das medidas das diferentes partes do corpo que serven de patrón estándar para a confección en serie de pezas de roupa e calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cepo de madeira onde se corta a carne ou pica a leña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Estudou leis civís e canónicas en París e exerceu como conselleiro, antes de introducirse nos círculos literarios. Asiduo ao Hôtel de Rambouillet, chegou a ser confidente da marquesa de Rambouillet. As súas Historiettes (1835) reflicten este ambiente mundano.

    VER O DETALLE DO TERMO