Sharp, Phillip Allen

Sharp, Phillip Allen

Bioquímico estadounidense. Doutorouse na Universidade de Illinois. Recibiu o Premio Lasker de Investigación Médica (1988) e o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1993), compartido con Richard J. Roberts, polos estudos sobre o ADN dos organismos eucariotas que contén material non informativo descartado á hora de transcribir ARN mensaxeiro para sintetizar proteínas, denominado intrón.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : McKinneysburg