"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luís Gutiérrez del Arroyo Cebreiro (15.8.1877- 12.1.1938) Profesor. Licenciado en Ciencias Exactas, foi profesor da Institución Libre de Enseñanza (ILE), onde deu clases de aritmética, álxebra, xeometría, trigonometía e nocións de cálculo diferencial e integral, e xeometría analítica. Asistiu en Madrid (1916), xunto con Gumersindo de Azcárate e Manuel Bartolomé Cossío, á creación da Fundación Francisco Giner de los Ríos. Traduciu libros de autores estranxeiros, e publicou Aritmética de 1º, 2º y 3º grado (1916), Aritmética, grado 2º... en Libro Escolar, volumes 1º, 2º e 3º, e Enseñanza de la aritmética y del cálculo mental (1641). A súa irmá, Consuelo Gutiérrez del Arroyo Cebreiro , foi profesora da ILE e directora das colonias de vacacións dos antigos alumnos da ILE, e o seu irmán, Xosé Gutiérrez del Arroyo Cebreiro , mestre en Meis e Ponteareas, profesor da colonia de vacacións do Museo Pedagógico...
-
PERSOEIRO
Político chadiano. Primeiro ministro durante a presidencia do xeneral F. Malloum, acadou a presidencia entre 1982 e 1990. En 1990 os coroneis I. Deby e M. Dada, co apoio de Libia, derrocaron o réxime ditatorial de I. Habré, que se refuxiou en Camerún.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo ou á lingua hebrea.
-
Individuo do pobo hebreo.
-
Pobo semita orixinario de Mesopotamia que emigrou cara a Palestina a comezos do II milenio a C. Despois da escravitude en Exipto conquistaron parte de Canaán a comezos do II milenio a C, onde se estableceron e constituíron un reino. No Antigo Testamento a palabra “hebreo” emprégase en boca de estranxeiros para contrapoñer os hebreos a outros pobos. No Novo Testamento aplícase aos que falan arameo, para evitar o termo “xudeu”, reservado aos que non aceptaron a Xesús Cristo. Nas xenealoxías da Xénese, os hebreos e outros pobos semitas están relacionados co epónimo ‘Ibrī, devanceiro de Abrahán, e máis recentemente os eséxetas tenden a relacionar os fillos de ‘Ibrī ou semitas cos ‘Hapiru dos textos exipcios, ugaríticos, acadios e hititas.
-
Lingua semítica, considerada polos filólogos como unha división do grupo noroccidental. Co fenicio, o púnico e o moabita, constitúe unha rama do antigo cananeo. As manifestacións escritas do hebreo no seu período máis antigo son a Biblia hebraica (1200-200 a C) e a epigrafía da época real. A pesar do predominio crecente do arameo ao inicio do período do exilio (s VII a C), o hebreo continuou a ser o medio de expresión, aínda que non escrito, no período posbíblico. A maioría dos textos rabínicos dos primeiros séculos cristiáns foron tamén escritos en hebreo (Mišná, Tosefta, Talmud e Midraš), e a tradición xudía mantivo o uso de “lingua santa” nunha gran parte da súa produción literaria ata os tempos modernos. O hebreo posúe un alfabeto e unha escritura propias. A maioría da poboación xudía do Estado de Israel, onde é lingua oficial, fala e escribe habitualmente hebreo. Esta obra de restauración nacional débese principalmente a Eliezer...
-
Alfabeto propio da lingua hebrea. Escribiuse con alfabeto fenicio de vinte e dúas consoantes -algunhas empregadas desde o pricipio como semivocais. Entre os ss IV e II a C comezouse a adoptar a escritura cadrada, de orixe aramea. Mentres que en Qumrān aparecen aínda as dúas escrituras, a fenicia ou paleohebraica conservouse só entre os samaritanos. Con tal de preservar a lectura correcta da Biblia, os masoretas idearon (cara aos ss VI-VII d C) dous sistemas principais de puntuación vocálica do texto, un supralineal (babilónico), e outro sublineal (tiberienco).
-
Literatura cultivada en lingua hebrea, desde a Biblia ata os autores do Estado de Israel. Os libros da Biblia constitúen o legado máis prezado da literatura hebrea antiga. O canon xudeu das Escrituras contén só obras en hebreo, que mostran unha gran variedade de estilos e formas literarias, cun contido moi unitario. Outras obras hebreas dos derradeiros séculos anteriores á era cristiá son didáctico-poéticas (Eclesiástico) e históricas (Macabeos), composicións místico-litúrxicas (himnos e salmos de Qumran) e, particularmente, as do xénero apocalíptico. Os descubrimentos do Mar Morto deron a coñecer tamén unha gran cantidade de obras hebreas de carácter esotérico. A mediados do s II as opinións dos rabinos máis autorizados comezaron a ser rexistradas por escrito, divididas en halaká e haggadá, segundo se eran de carácter legal ou de carácter lendario-histórico ou ético-relixioso. Cara ao ano 200 R. Yehudá ha-Nassí promulgou a...
-
Arte musical do pobo hebreo. A tradición atribúelle a David e á súa época un grande esplendor musical. Os principais instrumentos da música hebrea son o hazozrá, o nebel, a arpa, a trompeta, o něhilá, o sǒfar, o rinnor e o tof. Despois da destrución do Templo (70 d C), só sobreviviu a música vocal, baseada en textos bíblicos. O canto hebreo tivo un período florecente no s XVI, especialmente en Palestina e en Italia. No s XVIII volvéronse introducir os instrumentos, e xa entrado o s XIX intensificouse a participación do órgano na música de culto. Y. Engel, cara a finais do s XIX, fixo unha recompilación de cantos tradicionais sobre os que se basearon compositores como M. Bruch e E. Bloch.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia autónoma de Rusia (36.000 km2; 201.100 h [estim 1999]). A súa capital é Birobidžan (83.667 h [1995]). As fragas cobren máis dun terzo do seu territorio. O clima é monzónico e o río máis importante é o Amur. Posúe minas de estaño e fabrica maquinaria agrícola e materiais para a construción.
-
GALICIA
Dirixente deportivo e funcionario. Licenciado en Dereito, desenvolveu a súa actividade pública ao servizo do deporte como secretario de estado, presidente do Consejo Superior de Deportes e presidente do Comité Olímpico Español (1980-1983). Serviu tamén como gobernador civil en Cádiz (1996-1997) e como subdelegado do goberno en Toledo. Recibiu a medalla de ouro da Real Orden del Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da área metropolitana e da provincia de Barcelona, Catalunya (239.019 h [2001]). Vinculado historicamente á cidade de Barcelona, o seu desenvolvemento económico e urbano está en estreita relación co da capital, pois debido ao seu carácter limítrofe converteuse nunha das primeiras áreas de expansión residencial e localización industrial periférica. Esta expansión desembocou nunha auténtica conurbación; malia todo, puido manter a súa identidade municipal, incluso cando en 1974 se integrou na entidade supramunicipal da área metropolitana de Barcelona. Do seu patrimonio cultural destacan as ermidas románicas de Santa Eulàlia de Provençana e de Bellvitge e as construcións industriais modernistas Can Serra e Can Espanya, declaradas Ben de Interese Cultural (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico canadense. Estudiou a dependencia hormonal do cancro, demostrou a influencia das hormonas sexuais sobre a actividade prostática, a transformación celular, o metabolismo do calcio e ampliou o uso da terapia hormonal contra padecementos oncolóxicos como o cancro de mama. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1966, xunto con F.P. Rous.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Pontellas (Betanzos). Realizada en cachotería de granito, a súa planta achégase á forma dun L e conserva unha torre que sobresae en altura, remodelada a principios do s XX. Está rodeado por un muro e conserva construcións adxectivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non ten nobreza nin dignidade moral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é malo ou prexudicial para a saúde ou que non cumpre as medidas sanitarias axeitadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución que crearon en Madrid (1876-1940) varios profesores de universidade e instituto, separados do ensino oficial por mor da protesta contra un decreto de Instrución Pública (1875). Dos membros fundadores, destacou Francisco Giner de los Ríos, a quen lle sucedeu (1915) Manuel B. Cossío. O seu nacemento está directamente unido á chamada segunda cuestión universitaria e ao movemento krausista. Con Manuel de Orovio no ministerio de Fomento, un Real Decreto de 26 de febreiro de 1875 mandaba poñer en vigor a Lei de 1857, pola que todos os catedráticos debían suxeitarse a textos oficialmente autorizados e esixía, ademais, someter os programas á aprobación do goberno. Con esa mesma data enviouse unha circular aos rectores en que se esixía que non se ensinase nada contrario ao dogma católico nin á monarquía constitucional. A protesta universitaria que deu orixe á ILE empezou en Santiago de Compostela e estivo comandada polos profesores Laureano Calderón Arana e Augusto González Linares,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Madrid 1070? - 1130) Humilde labrego. Casou cunha campesiña, María da Cabeza, que chegaría tamén a ser santa. Canonizado por Gregorio XV (1622), promocionou o seu culto o Rei Carlos III o Político durante a segunda metade do s XVIII, por ser o patrón da capital de España, ademais de ter tamén o padroado dos labregos e da facultade de Enxeñería Técnica Agrícola. Na iconografía viste o traxe tradicional dos labregos casteláns, con chaqueta e calzón curto, e como atributo persoal leva un arado tirado por unha xugada de bois ou vacas, en actitude de oración. Santo Isidro é patrón dos concellos de Boimorto, Frades, Mesía, O Incio, O Rosal, Oza dos Ríos, Rois, Toques e Triacastela. A súa festividade celébrase o 15 de maio, agás no concello de Tordoia, onde se celebra o 20 de maio.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Doutor en Dereito (1953), despois dun breve período como ministro de Traballo (1977-1978) foi nomeado embaixador de España ante a OIT en Xenebra. Membro do Tribunal Constitucional desde 1995, en 2001 foi designado presidente do mesmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Rostock 1853 - Heidelberg 1927) Fisólogo, bioquímico e médico alemán. Investigou sobre as proteínas e determinou a súa acción nas bacterias. Identificou os ácidos nucleicos, illou a adenina e a guanina e descubriu a histidina nos espermatozoides. Tamén fixo traballos sobre a formación da urea, xunto con H. Dakin. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1910 polos seus estudios sobre química celular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Época en que se prepara o campo para sementar.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos labregos.
-
Persoa que traballa a terra e vive dela.
-
-
Que é moi traballador e ten interese no labor que realiza.
-
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘mesoneiro’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘labrego’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘traballar (a terra)’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘oficio’.