"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • GALICIA

    Fotógrafo e escritor. Especializouse en temas relacionados coa historia colombina e coa arqueoloxía galega. Colaborador de diversas publicacións, como Vida Gallega, La Noche e Vieiros, escribiu Retrouso a Colón (1960) e Romance ao lobo gris. Recibiu o primeiro premio no Concurso Popular de Fotografía da Agrupación Fotográfica Gallega (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatística que rexe a distribución dun conxunto de partículas en función dos posibles valores da enerxía tendo en conta os principios da mecánica clásica. Utilizada inicialmente para describir o comportamento dos gases ideais, fallou no caso do gas electrónico dos metais e por iso desenvolvéronse outras estatísticas, como a de Bose-Einstein e a de Fermi-Dirac. Permitiu facer unha interpretación probabilística da entropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático mexicano. Seguidor da liña política de Madero, emigrou a Cuba perseguido polo seu sucesor Victoriano Huerta. De regreso a México, foi elixido deputado (1928-1930) e desempeñou diversas misións diplomáticas. Gran estudoso da cultura e da literatura maias, da súa obra destacan La tierra del faisán y del venado (1922), El libro del Chilam Balam de Chumayel (1930) e Introdución al estudo de la lengua maya (1943). Foi membro da Academia Mexicana de la Lengua (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cambio ou modificación dunha enfermidade, dos síntomas ou do tratamento.

    2. Figura retórica que consiste en repetir unha idea con termos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencento ao metabolismo.

    2. Mestura de nutrientes enerxéticos que queima un individuo normal en condicións basais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir o metabolismo basal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de reaccións bioquímicas que se producen dentro das células dos seres vivos. Todos os organismos, desde as formas máis simples ata as formas máis complexas, dependen da realización destas reaccións para o mantemento da vida, o seu crecemento e a súa reprodución. O metabolismo pódese dividir en dous grandes grupos de reaccións metabólicas: o anabolismo, con consumo de enerxía e o catabolismo, con liberación de enerxía, ambos os dous conectados entre si por unha complexa rede de interrelacións. Os seus obxectivos son a obtención de enerxía química en forma de ATP, a formación de materia orgánica a partir da enerxía e das moléculas do medio, e a destrución destas moléculas para a obtención de enerxía.

    2. Consumo mínimo de enerxía para manter as actividades metabólicas, que se expresa en calorías/gramo e que se mide nun individuo que se atopa en repouso físico e psíquico, a unha temperatura de 20°C e en xaxún.

    3. Transformación no organismo da enerxía química dos alimentos, en calor, cando o organismo está en repouso e, en traballo e calor, cando o organismo realiza unha actividade muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos compostos químicos que existen nos seres vivos que participan nas reaccións químicas do metabolismo intermediario ou son produto destas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • metabolizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser transformada por procesos metabólicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformar unha substancia noutra máis simple ou máis complexa por medio do metabolismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos insectos que sofren mudas ou metamorfoses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica das enfermidades que afectan aos procesos metabólicos, especialmente os da nutrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade pequena, xeralmente de diñeiro, coa que se contribúe a un fin determinado.

    2. Antiga unidade de peso que valía 12 grandes, é dicir, 1/2 escrúpulo ou 1/6 de dracma, e que equivalía a 0,599 g.

      1. Unidade menor do sistema de moedas de prata na Antiga Grecia, que tiña como unidade superior o dracma, que equivalía a 6 óbolos.

      2. Moeda de billón que tiña o valor de medio diñeiro.

      3. Metade de calquera moeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión natural de Namibia, situada no N do país, na fronteira con Angola. A capital é Ondangua. Está habitada polos ovambos e nela viven case dous terzos da metade da poboación de Namibia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán xeneral de Aragón, lexitimou o movemento popular antifrancés mediante a convocatoria das Cortes aragonesas e asumiu a defensa de Zaragoza, que foi asediada en dúas ocasións polos franceses (1808-1809). Dúas veces senador por Zaragoza con Fernando VII, en 1836 foi nomeado duque.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Narración alegórica, de carácter pedagóxico ou polémico, da que se deduce unha ensinanza ou unha verdade importante.

      2. Relato alegórico que pretende transmitir unha lección relixiosa ou moral. De uso corrente nos primeiros séculos da era cristiá, destacan as de Xesús Cristo pola variedade, a naturalidade e a forza persuasiva.

    1. Curva aberta, intersección dunha superficie cónica cun plano paralelo a unha das xeratrices. Constitúe o lugar xeométrico dos puntos do plano que equidistan dun punto (o foco da parábola) e dunha recta que non contén o punto (directriz). Pódese demostrar que a gráfica de toda función polinómica de segundo grao é unha parábola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de parabólico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á parábola.

    2. Que ten forma de parábola.

    3. Aplícase á métrica que ten como cuádrica asociada un paraboloide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superficie de segundo grao ou cuádrica que, ao ser cortada por calquera dos seus puntos por un plano adecuado, dá unha parábola.

    2. Paraboloide que xera unha parábola que xira arredor do seu eixe de simetría.

    3. Paraboloide de ecuación x 2 /a 2 + y 2 /b 2 = 2z, en que a e b son constantes. A súa intersección cun plano que conteña o eixe de simetría é unha parábola, mentres que a intersección cun plano perpendicular ao anterior dá unha elipse.

    4. Paraboloide de ecuación x 2 /a 2 - y 2 /b 2 = 2z, en que a e b son constantes. A súa intersección cun plano que conteña o eixe de simetría é unha parábola e a intersección cun plano perpendicular ao anterior é unha hipérbole.

    VER O DETALLE DO TERMO