"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Elaboración de material impreso para a súa publicación mediante a aplicación de recursos informáticos. No ámbito publicitario, é preciso empregar programas específicos como QuarkXpress, Corel ou PageMaker, e un hardware suficientemente sofisticado que incluiría un potente ordenador, unha impresora profesional e un escáner.

    2. Sistema de edición que permite compaxinar toda clase de documentos onde pode haber texto, ilustracións, gráficos, táboas, etc. Pódese elaborar así unha páxina na que se combinen todo tipo de informacións, con moita máis eficacia que con calquera outro procedemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Educación realizada por un mesmo. En métodos como o de Montessori ou en proxectos como o plano Dalton, os alumnos autoedúcanse por medio da realización de tarefas individuais e colectivas, coa axuda de materiais orientadores de traballo, autocorrectores, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de provocarse a un mesmo algún sentimento, paixón ou movemento.

    2. Nun xerador eléctrico, produción da corrente precisa para a propia excitación. Cómpre que os núcleos dos indutores teñan algún magnetismo remanente que inicie a corrente de excitación cando a máquina comeza a xirar. Emprégase nos xeradores de corrente continua (dinamos), mentres que nos alternadores se adoita dispoñer dunha máquina excitatriz acoplada axialmente a este, pero tamén se pode aproveitar a corrente alterna para a excitación mediante rectificadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na terminoloxía de Gérard Genette (Fition et dition, 1991), narración en primeira persoa de carácter fiticio, na que o autor real se desdobra e aparece como narrador e personaxe no propio relato. Exemplos de autofición son o Quixote ou a Divina Comedia onde Cervantes e Dante, os autores, son á vez narradores e personaxes no relato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de hipnotizarse un mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indución electromagnética producida nun circuíto polas variacións da corrente que circula por el. A autoindución vén dada polo coeficiente de autoindución, chamado tamén indutancia. En corrente continua, a autoindución provoca no peche e na ruptura do circuíto a chamada extracorrente. Na corrente alterna, a corrente que circula é inferior á orixinada pola resistencia óhmica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección que, nun momento dado, afecta a un individuo portador dos xermes causais, e que durante un longo tempo non provocaron nel ningún transtorno. A infección prodúcese ao aumentar a virulencia do microorganismo ou ben ao diminuír a resistencia do individuo portador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación espontánea dunha substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inmunización producida pola autoinmunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación producida como consecuencia dunha deficiente neutralización ou eliminación das substancias tóxicas elaboradas polo propio organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión espontánea dun electrón dun átomo como consecuencia da adquisición por parte do electrón dunha enerxía superior á enerxía de ionización, e por ser expelido do átomo sen emisión de radiación. Pode ser producida pola excitación de fotóns, electróns ou partículas pesadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lubricación dunha peza sometida a fricción realizada por ela mesma, como por exemplo nas constituídas por materiais antifricción e as fabricadas con técnicas de prensado de pos de metal, cuns poros que acumulan un lubrificante que liberan durante o funcionamento da peza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • automatización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de automatizar.

    2. Aplicación dos automatismos para conseguir que partes importantes, e mesmo a totalidade, dun proceso de produción aumenten a súa rendibilidade facendo que se manteña un nivel uniforme de calidade. A automatización, posible grazas ao gran desenvolvemento da Automática durante a primeira metade do s XX, é aplicable en todos aqueles procesos continuos que presentan un programa único de elaboración. Apareceu por primeira vez no ano 1947 na industria do automóbil, cando por medio das máquinas de transferencia se puideron aplicar os principios de montaxe en cadea aos procesos de mecanización. A automatización produciu profundas transformacións dentro da organización da división técnica e social do traballo: o efecto inmediato foi o de elevar a produtividade e reducir os custos. Non obstante , malia que o traballo automatizado elimina as tarefas perigosas e o esforzo físico, non afecta exclusivamente ao mundo laboral, senón que incide en todas as esferas da sociedade.

    3. Termo proposto polo lingüísta checo Bohulav Havránek para indicar certas tendencias que presentan as linguas ao facer convencionais determinadas construcións, illadas ou integradas nun conxunto superior, que van collendo un sentido cada vez máis independente da situación ou do contexto que as determinara inicialmente. No galego atopamos automatizacións en expresións do tipo “mira que se...”, “a ver se...”, “que queres que che diga?” e moitas máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medicación realizada por un mesmo, sen prescrición médica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de automotor.

    2. Estudio ou descrición dos aparellos automóbiles ou aqueles que se desprazan pola acción dun motor.

    3. Sector da industria dedicado ao automóbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autolesión que comporta a mutilación dalgún membro, órgano, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alteración non encimática oxidativa das graxas insaturadas coa formación de compostos carbonílicos, ácidos e polímeros, que alteran as propiedades sensoriais físicas (viscosidade, consistencia, etc) dos alimentos. Nas reaccións de autooxidación interveñen o osíxeno e as radiacións, e son catalizadas por metais (cobre e ferro). Contrólase mediante aditivos antioxidantes, reactivos secuestradores, desaireación ou protección da claridade.

    2. oxidación autocatalítica.

    VER O DETALLE DO TERMO