"CISC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 605.
-
PERSOEIRO
Humanista. Coñecido como el Brocense, escribiu, entre outras obras, Grammaticae Graecae compendium (1581) e Verae brevesque latinae institutiones (1587), ademais de tratados retóricos, numerosas obras científicas, comentarios a Juan de Mena (1582) e a edición comentada das poesías de Garcilaso de la Vega (1573).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político mexicano. Membro da Junta Suprema, redactou a acta de Independencia en 1821.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guitarrista. Coñecido como Paco de Lucía, acompañou os máis destacados cantantes de flamenco, como Camarón de la Isla e Fosforito. Saltou á fama internacional tocando con John McLaughlin e Al di Meola. Considerado un dos máis importantes guitarristas de flamenco de todos os tempos, da súa numerosa discografía destaca Entre dos aguas (1968), Siroco (1988), El Duende Flamenco (1992), Luzía (1999) e Cositas nuestras (2004). Tamén compuxo bandas sonoras para filmes, como a de Carmen (1983) de C. Saura, ou Camarón (2005). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Artes (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Doutor en Historia da Arte pola Universidad de Extremadura (1982), onde é profesor. Foi membro fundador da revista Extremadura e membro da Asociación Española de Historiadores de Cine. Publicou Arquitectura eclesial del siglo XVI en las diócesis de Coria (1983), Las iglesias cacereñas del quinientos (1990) e outras obras en colaboración.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e filósofo. Coñecido como o Escéptico, pertenceu a unha familia de ascendencia xudía. Formouse en Bordeos, Roma e Montepellier, onde acadou o grao de doutor en medicina (1574). Foi catedrático de Filosofía na facultade de Artes de Toulousse. Precursor da dúbida metódica cartesiana, en clara oposición ao escolasticismo, consideraba que en realidade todo está tan enlazado e é tan complexo que se fai imposible acadar ningu-nha certeza. Desta dúbida non fai unha tese senón un estímulo para continuar indefinidamente a investigación. Das súas obras destacan Carmen de Cometa anii MDLXXVII (1578), Quod nihil scitur (1581) e a obra póstuma Opera Medica (hisiuncti sunt Tratactus quidam Philosophiqui non insubtiles) (1636).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Gómez de Sandoval Rojas y de Borja.
-
PERSOEIRO
Médico. Erudito enciclopedista, propuxo unha reforma educativa e diversas medidas sanitarias, como a vacinación antivarilosa. Escribiu Diálogos del nuevo Luciano (1777), onde atacou a corrupción dos costumes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Liberal e deputado por Albarracín en diversas ocasións, foi ministro de Gobernación (1854-1855). Mostrouse partidario de O’Donnell e foi presidente do Tribunal de Cuentas (1858) e gobernador do Banco de España. En 1869 volveu ao Congreso de los Diputados, onde se mostrou partidario de Amadeo de Savoia. Durante o Restauración encabezou o grupo liberal centralista. Presidiu o Senado (1871-1872) e en 1876 foi nomeado senador vitalicio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar colombiano. En 1810 uniuse aos independentistas e foi un dos lugartenentes de Simón Bolívar, que o nomeou vicepresidente de Nueva Granada e da República de Colombia (1821). Proporcionoulle cartos, homes e víveres a Bolívar, o que fixo posible a continuación da campaña. O separatismo venezolano enfrontouno a Bolíva, pois defendeu a constitución federal de 1821. Morto Bolívar, foi proclamado presidente de Nueva Granada (1832-1836).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
RIOS
Río de Brasil, o terceiro en lonxitude do continente, con 2.900 km. Nace na serra Canastra (Minas Gerais), atravesa a sabana ao longo do estado de Bahia, as montañas litorais, e chega ao Atlántico, ao límite entre os estados de Alagoas e Sergipe.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Navegante, cosmógrafo e matemático. Acompañou a Tavernier como embaixador do rei de Francia ante o gran mogol e foi gobernador da provincia de Tacuba, en Nueva España. Intentou desenvolver un comercio en varios portos europeos e nas costas de Guinea e Angola, e fixo mapas de toda a Terra, cos portos principais de América e Asia. Escribiu Teatro naval hidrográfico. (...) (1688) e Descripción geográfica y derrotero de la región austral magallánica (1690).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Licenciado en Filosofía e Letras, foi vicepresidente da Asociación de Tradutores Galegos e, desde 2000, presidiu a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e foi subdirector xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura. Coordinador e autor de libros de texto, escribiu Gillermo Tell. Lenda suíza (1984) e traduciu, entre outras obras, Os dentes do león (1984), Polgariño (1991), Ética para o meu fillo (1996) ou O colar do rei (1996). Recibiu o Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Progresista, ao caer Espartero tivo que se exiliar (1843-1845 e 1848-1849). Rehabilitado no Bienio Progresista, foi gobernador militar de Zaragoza e de Madrid. En 1868 foi deportado a Canarias e, liberado pola Revolución de Setembro, foi director da Garda Civil (1869-1872) e ministro da Guerra (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de la Torre. Distinguiuse durante a Primeira Guerra Carlista. Espartero enviouno a Barcelona (1842) para someter a cidade, pero poucos meses despois sumouse ao pronunciamento de Prim. Facilitou a chegada ao poder dos moderados (1844) de Narváez. Favorito de Isabel II entre 1846 e 1848, o príncipe consorte afastouno de Madrid. En 1856 secundou o golpe de estado de Leopoldo O’Donell e en 1859 foi enviado a Cuba como capitán xeneral. Xefe da Unión Liberal, participou na conspiración previa á Revolución de Setembro de 1868. Derrotou as forzas de Isabel II na ponte de Alcolea e foi nomeado presidente do goberno provisional, e despois rexente do reino. Presidente do primeiro consello de ministros de Amadeo I, en 1872 derrotou aos carlistas e asinou o Convenio de Amorebieta. Conspirou contra a Primeira República e tivo que se exiliar. De volta a España, tras o golpe de estado de M. Pavía converteuse en xefe de goberno ata a chegada de Afonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, arquitecto e político. Integrante do grupo dos Novísimos, participou no movemento estético socialrealista da década de 1960, aínda que co tempo a súa obra foi adquirindo trazos máis persoais. Emigrado a Venezuela (1962), exerceu como catedrático de Deseño Arquitectónico da Universidad Central de Caracas e cofundou o grupo de esquerda “La Causa R” (1971), co que participou activamente na política dese país, e foi nomeado ministro de Cultura da República Bolivariana de Venezuela (2004). Dos seus deseños arquitectónicos destacan o Instituto de Cultura de Maracaibo, o Teatro de Danzas de Venezuela ou a Plaza del Bicentenario. É autor de Da estrela e da fouce (1967) e UPGpoemas (1973), escritos e difundidos na clandestinidade; Porta aberta (1976), Por unha muller (1976), de carácter amoroso; Isolda. Porta Aberta (1990), La más nueva poesía de Venezuela (1981), unha falsa escolma escrita por el mesmo en castelán; Arte poética. Poema...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e ilustrador. Coñecido como Kiko da Silva, licenciouse en Belas Artes pola especialidade de pintura. Comezou en fanzines como Nicasso e Nova línea, e na revista Elipse. Cartelista, director e promotor da revista BD Banda, como humorista gráfico traballou en La Voz de Galicia, no suplemento “Xatentendo.com” e na revista Golfiño, onde publicou a serie “Fiz nos Biosbardos”. Ten ilustrado libros como A verdadeira historia do pirata Xocas (1999), A memoria das árbores (2001), De rato de campo e rato de cidade (2002) ou Que contan as ovellas para durmir? (2004). Recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada ao Mellor Autor Afeccionado (1996), o Prémio de humor do Muséu da Imprensa do Porto e un accésit no concurso de ilustración organizado polo INJUVE (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, fillo de Manuel Silvela (París 1830-Madrid 1892), ministro de Estado con J. Prim (1869) e con A. Cánovas (1877). Militou no Partido Conservador e foi ministro de Gobernación (1879, 1890-1891) e de Graza e Xustiza (1885). Coa morte de Cánovas pasou a ser xefe do partido e formou o goberno de rexeneración nacional (1899) tras a derrota militar de 1898. Na lexislatura 1893-1896 foi deputado polo distrito da Cañiza.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro agrónomo e político. Profesor de economía agraria na Universidade de Santiago de Compostela, foi director territorial do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (1987-1990). Deputado no Parlamento galego polo PSdG-PSOE (1989-2005), foi conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes (1987-1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Director da Escola Normal de Maxisterio de Santiago de Compostela, trasladouse á Escola Normal de Madrid na segunda metade do s XIX. Como material pedagóxico escribiu Programa de sistemas y métodos de enseñanza y nociones de educación para uso de los aspirantes al título de maestro elemental (1864).
VER O DETALLE DO TERMO