Serrano Domínguez, Francisco

Serrano Domínguez, Francisco

Militar e político, duque de la Torre. Distinguiuse durante a Primeira Guerra Carlista. Espartero enviouno a Barcelona (1842) para someter a cidade, pero poucos meses despois sumouse ao pronunciamento de Prim. Facilitou a chegada ao poder dos moderados (1844) de Narváez. Favorito de Isabel II entre 1846 e 1848, o príncipe consorte afastouno de Madrid. En 1856 secundou o golpe de estado de Leopoldo O’Donell e en 1859 foi enviado a Cuba como capitán xeneral. Xefe da Unión Liberal, participou na conspiración previa á Revolución de Setembro de 1868. Derrotou as forzas de Isabel II na ponte de Alcolea e foi nomeado presidente do goberno provisional, e despois rexente do reino. Presidente do primeiro consello de ministros de Amadeo I, en 1872 derrotou aos carlistas e asinou o Convenio de Amorebieta. Conspirou contra a Primeira República e tivo que se exiliar. De volta a España, tras o golpe de estado de M. Pavía converteuse en xefe de goberno ata a chegada de Afonso XII.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Fernando, Cádiz

  • Deceso

    Lugar : Madrid