"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dado un triángulo ABC, punto de concorrencia F das rectas AA’ BB’ e CC’ determinadas grazas aos triángulos equilateros exteriores ABC’, ACB’ e BCA’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que se p é un número primo e a un número primo con p, entón satisfaise que ap-1-1 é divisible por p; é dicir, ap-1)(mod p). Tamén recibe o nome de teorema pequeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pausa na fin dun fragmento musical. Adoita indicarse cun caldeirón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode fermentar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso metabólico de transformación dun substrato orgánico que consiste nunha serie de reaccións de oxidación-redución catalizadas por enzimas para obter enerxía e que teñen lugar con ou sen desprendemento de gases. A característica principal destas vías metabólicas de degradación é que tanto as substancias oxidadas como os mesmos oxidantes son compostos orgánicos que se orixinan durante o proceso a partir do substrato orgánico inicial. Así pois, na fermentación non existe unha oxidación neta, a diferenza da respiración, na que o osíxeno atmosférico é o oxidante ou o aceptor final de electróns. Un mesmo substrato pode producir unha substancia ou outra, segundo as condicións de pH, o tipo de enzimas ou o abastecemento de osíxeno. As fermentacións denomínanse polo nome do produto máis abundante que se forma na mesma. Entre as fermentacións anaerobias, que teñen lugar en ausencia de osíxeno, as máis importantes son a alcohólica, a láctica, a propiónica e a acetonabutanólica; e entre as aerobias,...
-
-
Que ou quen fermenta.
-
Reactor no que se leva a cabo a fermentación. Consiste basicamente nunha cuba ou depósito de grandes dimensións, xeralmente cilíndrico, de aluminio ou aceiro inoxidable. Está provisto dun sistema de aireación, no caso de fermentacións aerobias, e dun sistema de control de temperatura. Xunto co fermentador, existe un sistema de esterilización, xeralmente por calor, que permite eliminar completamente os microorganismos estraños á reacción e que poderían interferir nela. Os fermentadores son reactores pechados, para evitar as perdas por evaporación e a contaminación do produto, que traballan, case sempre, en réxime descontinuo.
-
-
-
Sufrir fermentación unha substancia.
-
Producir a fermentación dunha substancia.
-
-
-
Que ten a propiedade da fermentación.
-
Que está producido pola fermentación.
-
-
-
Substancia orgánica capaz de producir a fermentación.
-
Anaco de masa de fariña fermentada que se emprega para levedar o pan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fragmento do pan eucarístico que o papa enviaba cada domingo aos presbíteros de Roma en sinal de unidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de lonxitude que se emprega en física nuclear e que equivale 10-15 m. O Sistema Internacional de unidades non admite o seu uso.
-
PERSOEIRO
Físico e matemático. Estudiou na Universidade de Pisa, onde se doutorou en Física en 1922. Ampliou os seus estudios en Göttingen, onde foi alumno de Max Born. Foi profesor nas universidades de Florencia (1924-1926) e Roma (1927-1938); logo trasladouse aos EE UU. Profesor de física na Universidade de Columbia (1939-1942) e na de Chicago (1946-1954), colaborou nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear, centro do proxecto Manhattan. Cos seus colaboradores bombardeou con neutróns lentos 60 elementos e logrou a transformación de 40, co que obtivo 40 novos isótopos. Foi o creador da pila atómica e do primeiro reactor nuclear (1942), e investigou a teoría dos espectros e a formación dos raios cósmicos. Foi membro da Real Academia Italiana (1929) e da Royal Society de Londres (1950). Recibiu en 1938 o Premio Nobel de Física polo seus traballos sobre radioactividade artificial producida por neutróns e polo descubrimento das reaccións nucleares causadas por neutróns lentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gas constituído por partículas de spin semiimpar que completa a estatística de Fermi-Dirac.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Magnitude equivalente ao cadrado da distancia percorrida por un neutrón para que a súa enerxía se reduza á metade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de partículas idénticas e interaccionantes sometidas ao principio de exclusión de Pauli. O mesmo sistema, sen embargo, cando as partículas non interaccionan, denomínase gas de Fermi. A teoría do líquido de Fermi débese ao físico soviético L. Landau.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alor da posición enerxética na que un estado de enerxía ten unha probabilidade dun 50% de ser ocupada por fermións. É tamén o máximo valor enerxético posible dos fermións no cero absoluto de temperatura. No caso dos electróns dun sólido, que son fermións, dise que o sólido é un metal se o nivel de Fermi no cero absoluto de temperatura está situado nunha banda permitida de enerxía; se se sitúa na banda prohibida de enerxía, dise que o sólido é un semicondutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Distribución enerxética nun sistema de fermións. A distribución de Fermi-Dirac representa a probabilidade que un determinado nivel de enerxía do sistema estea ocupado polos fermións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estatística que rexe a distribución dun conxunto de fermións en función dos posibles valores da enerxía e das posicións. Ten en conta as regras cuánticas e o principio de exclusión de Pauli. Cando un conxunto de partículas se rexe pola estatística de Fermi-Dirac, a súa función de onda total é antisimétrica respecto ao intercambio de dúas das partículas; é dicir, que cambia de signo baixo o intercambio das dúas partículas. A función de distribución é a distribución de Fermi-Dirac.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibía na Francia do Antigo Réxime o recadador de impostos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento químico transuránico que pertence á serie dos actínidos e que non está presente na natureza. De número atómico 100, masa atómica do isótopo menos inestable 257 e configuración electrónica [Rn]5f127s2, coñécense doce isótopos, todos radioactivos. O primeiro isótopo que se illou, o 255Fm, obtívoo A. Ghiorso en 1952 dos residuos da explosión dunha bomba de hidróxeno. Obtivéronse outros por bombardeo de elementos pesados con ións de helio, berilio, carbono ou osíxeno, acelerados en ciclotróns.