"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter oficial editada na Coruña na primeira década do século XX. Tiña periodicidade mensual. As súas informacións daban conta do estado xeral dos campos e das colleitas en Galicia e Asturias. Incluía tamén datos de producións, feiras e mercados. É significativa a sección relativa a prezos agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na vila luguesa de Meira en 1910. Dirixida por Antonio Suárez, os seus contidos prioritarios eran de carácter agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que publicou a “Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía” na cidade do Bos Aires. A publicación apareceu probablemente en 1923 pero o primeiro número que se coñece é o número 2, de xaneiro de 1924; o último número é o do 18 de abril de 1934. Na súa coordinación tivo un papel moi importante o poeta muxián Gervasio Paz Lestón, que se converteu en presidente da entidade en maio de 1930. Os contidos eran claramente literarios, incluíanse poemas do propio Gervasio Paz Lestón, de Victorino Abente Lago, Lois Castro Pena, Gonzalo López Abente, do Marqués de Figueroa e doutros escritores. Tamén apareceron contos en galego coa sinatura de Ramón Otero Pedrayo e de Avelino Rodríguez Elías. Reproduciuse por entregas a novela curta Buserana, de Gonzalo López Abente, e unha peza teatral de Leandro Carré Alvarellos. O boletín publicou artigos en galego de Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e de Vicente Risco, entre outros moitos intelectuais galegos. Igualmente, publicáronse artigos...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en 1888 na cidade da Coruña. Cesou tralo número 800 que correspondía a agosto-setembro de 1969. Debaixo do título da portada aparecía o texto “Centro de primera Enseñanza. Fundado en 1888”. Dende decembro de 1966 figuraba como director Eduardo R. Losada. A revista, de tendencia católico-conservadora, era de periodicidade mensual e, ás veces, bimestral. Dende 1958 esta revista estivo dedicada sobre todo á beneficencia e o tema principal das publicacións era a recollida de doazóns. Case todos os exemplares levaban un artigo amodo de editorial no que en moitas ocasións se introducían apuntamentos de carácter político, como as críticas contra os apóstatas e contra os países de réxime comunista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en xaneiro de 1919 na vila coruñesa de Ortigueira. Cesou no ano seguinte, en outubro de 1920. Este boletín, de tendencia agrarista, serviu como voceiro do sindicalismo católico, foi substituído en outubro do ano 20 por Acción Agraria. Esta última publicación ten como data de cese o ano 1926.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que saíu publicado en Londres, capital de Gran Bretaña. Prolongou a súa existencia dende o ano 1971 ata 1983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utensilio manual que se emprega para escribir. Está provisto dun depósito de tinta viscosa en forma de tubo fino que se pecha nun extremo cunha bóla de aceiro de menos dun milímetro de diámetro que, ao premer e rodar sobre a superficie na que se escribe, deixa pasar a tinta, que sae do depósito e molla a parte exterior da bóla. OBS: Nun rexistro coloquial tamén se emprega a forma apocopada boli.
-
PERSOEIRO
Infanta de España e duquesa de Palma de Mallorca. Filla de Xoán Carlos I e Sofía de Grecia. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid (1989), realizou un máster en Relacións Internacionais na New York University (1990-1991). Traballou na Unesco nas súas sedes de París e Barcelona (1992). En 1993 incorporouse á Fundación La Caixa. Casou en 1997 co xogador internacional de balonmán Iñaki Urdangarín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infanta de España e duquesa de Lugo. Filla primoxénita de Xoán Carlos I e Sofía de Grecia. Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidad de Comillas (1992). Casou en 1994 con Jaime de Marichalar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Asturias e herdeiro ao trono de España (1977). Fillo de Xoán Carlos I e Sofía de Grecia. Ao alcanzar a maioría de idade (1986), xurou a Constitución ante as Cortes Xerais. Realizou estudios militares nas tres academias militares: General Militar de Zaragoza, Naval de Marín e do Aire en San Javier (Murcia). Cursou estudios de Dereito, Política e Economía na Universidad Autónoma de Madrid (1993) e converteuse no primeiro herdeiro con titulación universitaria. Realizou un máster en relacións internacionais na Universidade de Georgetown (EE UU). Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) na selección nacional de vela. Representa o Rei e o Estado en diferentes actos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Técnico de sistemas e deseñador. Traballou no Diario 16 de Galicia (1991-1998). Deseñou a publicación Metrópolis de Vigo (1991-1993) e foi editor e deseñador da revista comarcal El Valle (1993-1995). É director de Edicións e Sistemas de Ir Indo e da EGU.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático de Dereito. Posúe a cátedra de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela, a licenciatura en Dereito Canónico pola Universidad Pontificia de Comillas e a de Dereito pola Universidad Complutense de Madrid. Exerceu o seu labor docente na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado moitos dos seus traballos sobre Dereito Industrial na revista Actas de Derecho Industrial e colaborou na revista estranxeira Universitas. Publicou, ademais de numerosas monografías, Contribución al estudo del Tratado de Cooperación en materia de Patentes (1978) e Hacia un nuevo sistema de Patentes (1982). Como asesor, participou no Anteproxecto de Lei de Marcas do ano 1980, no Anteproxecto de Lei Xeral de Publicidade de 1984 e no Anteproxecto de Lei Galega da Publicidade de 1986.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alor da gravidade no punto do xeoide situado na vertical do punto de observación, e que resulta de corrixir no valor medido neste, gp, a influencia da masa rochosa situada debaixo: gB = gp - 0,004815 ρ h cm/s2, onde ρ é a densidade media do terreo e h a altura sobre o nivel do mar en metros.
-
PERSOEIRO
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Publicou: Contribución ao estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal (1986) e doutorouse coa tese Contribución ao estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993). Ten participado en volumes colectivos como Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992), Guía bibliográfica da lingüística galega (1996), Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998), entre outros moitos. Ademais participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). Colaboradora nas revistas Verba e Cadernos da Lingua...
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento situado no litoral inglés, sobre unha plataforma de area que se constituíu nunha época quente preto dunha lagoa; bioestratigraficamente debe situarse no Cromerense (0,5 Ma). Neste xacemento aparece asociada fauna, unha tibia humana e diversos artefactos en sílex local. Os artefactos, bifaces ovalados, débris (produtos da labra rexeitados) e útiles sobre lasca (raspadeiras), atópanse en grandes concentracións e testemuñan o traslado e manufacturación da materia prima no mesmo lugar de habitación. Estes obradoiros son un fenómeno raro no Paleolítico inferior, aínda que no medio son máis comúns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de escribir mediante a utilización de abreviaturas e do seu estudio.
-
PERSOEIRO
Físico norteamericano de orixe rusa. Traballou no National Bureau of Standards (1920), na Carnegie Institution (1924-1929) e en diferentes universidades norteamericanas (Minnesota, Nova York, Wisconsin, Yale). No 1924 participou no proxecto Manhattan pero máis tarde abandonouno. Interesouse polo estudo do magnetismo terrestre e da ionosfera, e polas resonancias das reaccións nucleares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de Teatro escolar creado en 1970 por Xosé Redondo no Colexio Anxo da Guarda, na Coruña, que desenvolveu unha intensa actividade ata mediados da década dos oitenta. A súa traxectoria, marcada por máis de quince espectáculos, constitúe un exemplo da vizosidade do teatro escolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame radiolóxico da árbore bronquial despois de ter inxectado un medio de contraste dentro da tráquea a través dun catéter. Permite explorar ata as pólas máis finas da árbore bronquial e emprégase sobre todo para o diagnóstico da bronquiectasia.
-
PERSOEIRO
Médica e política. Entre 1965 e 1969 ocupou diversos cargos no ministerio de Sanidade e, entre 1974 e 1979, foi ministra de Medio Ambiente. De 1981 a 1992 asumiu a dirección do grupo parlamentario do Partido Laborista Noruegués. Dende 1981 ata 1996, cando dimitiu do seu cargo, foi primeira ministra en catro ocasións. En 1994 recibiu o Premio Carlomagno.
VER O DETALLE DO TERMO