"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Argumentación que abusa dos siloxismos.
-
-
Busca, investigación ou evocación do pracer que enriquece as posibilidades do desexo sexual. Implica unha disposición e un conxunto de recursos da imaxinación para mobilizar a sensualidade baixo a presión daquel desexo. É unha canle vital de comunicación, porque se vale de toda clase de xestos que lle dan á sensualidade unha dimensión subxectiva e persoal que comporta unha liberación sexual. As culturas orientais e outras fixeron do erotismo unha relixión, unha arte ou unha ciencia; pola contra, a civilización xudeocristiá negoulle toda dimensión espiritual e converteuno en algo vergonzoso e pecaminoso. O erotismo é un concepto ambiguo que foi empregado segundo as ideoloxías e as mentalidades. Esta ambigüidade reflectiuse nas lexislacións occidentais, que crearon unha dicotomía, puramente subxectiva, entre erotismo considerado arte e pornografía considerada pura artesanía comercial ou groseira.
-
Calidade ou condición de erótico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica do submarinismo con escafandro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que estudia a disposición e decoración óptima para os escaparates de exposicións e puntos de venda.
-
-
-
Doutrina filosófica que consiste no exercicio da dúbida como método. É unha teoría do coñecemento que expón que non hai ningún saber firme, nin que nunca se pode atopar unha opinión absolutamente segura. Nunha vertente práctica, trátase dunha actitude de dúbida constante diante do considerado como verdade. Os escépticos mantiñan que, de haber un coñecemento seguro, non habería cambios nos contidos do coñecemento, como aconteceu ao longo dos séculos. Para eles a verdade absoluta non existe. Iniciada polos sofistas no s V a C, Gorxias mantivo que nada existe, e no caso de existir, non se pode coñecer, e de poderse coñecer, non se pode comunicar. Posteriormente, a partir do s III a C, o escepticismo desenvolveuse nas doutrinas de Pirrón de Élide. No s XVI, M. E. Montaigne defendeu un certo escepticismo, e no XVII, R. Descartes adoptou unha posición escéptica desde un punto de vista metodolóxico para, a partir da dúbida metódica, atopar a primeira verdade do seu sistema filosófico. O escepticismo...
-
escepticismo epistemolóxico
Doutrina que dubida da posibilidade dun coñecemento verdadeiro.
-
-
Actitude que amosa a persoa que dubida de todo.
-
-
-
escolástica.
-
Calidade de escolástico.
-
Exclusivismo e hermetismo dunha escola, doutrina ou tecnicismo científico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica e teolóxica elaborada por John Duns Escoto e os seus seguidores. Declarada doutrina da orde franciscana en 1593, caracterízase por defender a univocidade do ser, a individualidade, a diferenciación formal, o realismo metafísico, o voluntarismo e o intuicionismo psicolóxico.
-
-
Doutrina que defende a escravitude.
-
Práctica do comercio de escravos e utilización no traballo dos mesmos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado dunha persoa que ten a enfermidade da escrófula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oposición sistemática á difusión da cultura, da educación e do progreso en xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ou corrente filosófica caracterizada por unha común insistencia no factor esencial da realidade, na primacía, polo menos lóxica, da esencia sobre a existencia, da realidade e existencialidade das esencias e da pura accidentalidade da existencia respecto da esencia.
-
-
Estudio da cultura, das linguas e das literaturas eslavas.
-
Afección ao eslavo.
-
Palabra ou xiro propios dunha lingua eslava ou procedentes dela.
-
paneslavismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente intelectual xurdida en Rusia no s XIX de carácter antioccidentalista. Seguidora do romanticismo e do idealismo alemán, reclamaba as calidades superiores dos eslavos, da súa cultura e da súa relixiosidade. Desde o punto de vista teolóxico, propugnaba o integralismo cognoscitivo que só era posible a través da consciencia ecuménica e mística, propia da Igrexa ortodoxa. Destacaron, entre outros, Konstantin Sergejevič Aksakov, Ivan Vasilenič Kirejevkij e Aleksej Stepanovič Khom’akov.
-
-
-
Doutrina ou prácticas ocultas relacionadas co mundo espiritual, dirixidas a un círculo restrinxido de iniciados.
-
Calidade de esotérico.
-
-
-
Parte da filosofía pitagórica, cabalística ou análoga que non era coñecida polos profanos. O esoterismo foi practicado polas comunidades filosóficas de Grecia e tamén polas relixións primitivas; como exemplo, nos primeiros séculos do cristianismo, aplícase á disciplina do arcano.
-
Doutrina que require certo grao de iniciación.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico fundado por Lucio Fontana en Milán (1947). As súas ideas anticipáronse no Manifesto branco (1946) publicado en Bos Aires. Ademais teorizouse, entre outros, no Manifesto da arte espacial (1951) e no Manifesto do movemento espacial pola televisión (1952). Tomou como ideas básicas algúns aspectos do futurismo para propoñer unha renovación da linguaxe artística que estivese en consonancia co progreso tecnolóxico. Empregou, entre outras técnicas, as luces de neon e a televisión na busca dunha arte que transcendese o lenzo nunha pintura, ou o volume, nunha escultura. Entorno espacial negro (1947) de L. Fontana considerouse como o precedente dos environment art.
-
-
Carácter ou calidade de español.
-
Amor ou apego ás cousas características de España.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político de carácter revolucionario xurdido en Alemaña durante a Primeira Guerra Mundial, liderado por Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg. Constituíuse arredor do Spartakusbund (Liga de Espártaco), grupo disidente do partido socialdemócrata alemán e oposto á guerra. O nome procedía da edición das Spartakusbriefe (Cartas de Espártaco), publicadas en xaneiro de 1916. Convertéronse en partido socialdemócrata independente (USPD, 1917) e despois da Revolución Rusa aliáronse aos comunistas e fundaron o Partido Comunista alemán (KPD). En xaneiro de 1919 constituíuse en Berlín un comité revolucionario que deu lugar ao levantamento espartaquista que se estendeu por Hamburgo, Bremen, Saxonia, Magdeburgo e Sarre. O movemento foi reprimido e os seus líderes, Luxemburg e Liebknecht, asasinados.
-
-
Fenómeno óptico causado pola refracción dos raios de luz a través de capas de aire a diferente temperatura. A máis corrente ten lugar cando as capas de aire máis próximas ao Sol están máis quentes e, polo tanto, son menos densas e de menor índice de refracción que as capas superiores. Un observador pode recibir de cada un dos puntos dun obxecto afastado dous raios de luz: un que percorre un traxecto rectilíneo e outro que percorre un traxecto curvilíneo. Así, o observador ve simultaneamente dúas imaxes do obxecto: unha que corresponde ao obxecto e outra, invertida respecto da primeira, que semella dada por unha superficie reflectora horizontal e que fai imaxinar ao observador a existencia dun lago ou dunha charca. É un fenómeno moi corrente en certas rexións do deserto.
-
Sensación de ver ou oír algo que non é real.
-
Ilusión sedutora.
-
Conxunto de imaxes correspondentes a un único obxecto celeste, que se producen polo fenómeno denominado lente gravitacional.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento que promove o cultivo e estudo do esperanto. Difundiuse inicialmente polo Imperio Ruso e polos países bálticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que se basea na crenza da existencia e manifestación dos espíritos, segundo a que, o home está constituído por tres elementos principais: a alma, inmaterial e inmortal, o corpo físico, elemento material, e o periespírito, co que se une a alma despois da morte; e que se pode comunicar cos espíritos da zona terrestre a través dun médium. O espiritismo representa unha forma actualizada da antiga práctica da evocación dos mortos. O movemento naceu en 1848 en Hydesville (Nova York), na casa da familia Fox, de relixión metodista, ao pórse en contacto cos fillos da casa, Margaret e Katie, o espírito dun morto que fora enterrado na adega polo seu asasino, o antigo inquilino. Favorecido polas cerimonias cuáqueras, non tardou en estenderse polo resto dos EE UU. No ano 1852, unha misión de médiums percorreu Inglaterra, onde suscitou un grande interese; ao ano seguinte chegou a Alemaña, e de alí pasou a Francia, onde xurdiron figuras tan importantes como Allan Kardec, gran sistematizador...