"Mos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 604.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Bartolomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en San Clodio (Leiro). De orixe descoñecida, pode que a vida monacal comezase na segunda metade do s VI con monxes que seguían a regra beneditina, procedentes de San Claudio de León. A primeira noticia histórica é de 928, cando se produciu a doazón dos condes Álvaro e Savita. Daquela o mosteiro tiña carácter familiar e dúplice e seguía a regra beneditina. Cara a 1151 adoptouse á regra cisterciense e en 1225 ingresou na orde do Císter. Desde 1530 ata a exclaustración de 1835 integrouse na Congregación de Castela. En 1891 foi priorado de Samos pero a vida monacal despareceu. As súas dependencias restauráronse e reformáronse para converterse en hotel. A igrexa ten planta basilical de tres naves divididas en catro tramos e tres ábsidas semicirculares, precedidas dun tramo recto, das que destaca a central, e cruceiro. O acceso ás capelas absidais é mediante arcos apuntados, as laterais cóbrense con bóveda de canón apuntado o tramo recto e bóveda de forno o tramo curvo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado na illa de San Martiño ou do Sur no arquipélago das Illas Cíes. A súa orixe relaciónase co mosteiro de Santa María de Oia. Documéntase en 1228 cando o Rei Afonso IX doou a illa ao mestre Pedro que vivía nela con outros ermitáns. Consérvase un pequeno pavillón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplice situado no Incio. De propiedade real, Vermudo II doouno en 991 ao abade de Samos, Mandino, que xunto ao seu irmán Vitiza o cedeu un ano despois para administración do propio mosteiro de Samos. A igrexa, de estilo románico, ten planta rectangular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Marín que pertencía á igrexa de Santiago de Compostela.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Xiao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Doutor pola Universidad de Madrid, exerceu en Montevideo. Inspirou a constitución do Comité Pro Ejército Español despois da Desfeita de Annual (1921). Escribiu El concepto moderno de la úlcera del duodeno (1910) e La Universidad de Compostela y otros problemas gallegos (1931). Presidiu o Centro Gallego de Montevideo desde 1925. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o título de comendador da Orden de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor danés. Procedente dunha familia pobre, nas súas primeiras novelas, como Klabavtermannen (O trasno, 1927), describiu a vida dos mariñeiros e colonos. Posteriormente adoptou a temática psicolóxica. Destacou tamén como crítico e ensaísta.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abadía beneditina situada 50 km ao SL de Burgos. De estilo románico, foi fundada polo conde Fernán González (919). A igrexa, consagrada en 1088, foi refeita (s XVIII) por Ventura Rodríguez. O claustro (ss XI-XII) foi famoso polos baixorrelevos dos ángulos e pola colección animalística dos capiteis. Das obras de ourivaría que se conservan destacan un cáliz mozárabe de prata dourada (s XI) e o frontal románico de cobre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado na illa do Faro ou do Norte, no arquipélago das Illas Cíes. A súa orixe remóntase á doazón da illa que Afonso VII fixo ao mosteiro de San Salvador de Celanova (1152), que á súa vez deixou o privilexio do couto sobre ela ao mosteiro de San Salvador de Coruxo. Tras a reforma beneditina, San Salvador de Celanova cedeuno (1378) ao bispado de Tui, e despois adheriuse á regra franciscana. Debeu sufrir os ataques dos piratas ingleses na metade do s XVI, feito que propiciou a súa decadencia e ruína. O edificio conventual conservado, de planta rectangular e con dúas alturas, debeuse erixir durante a segunda metade do s XVIII e posteriormente recuperouse para converterse no Centro de Interpretación dentro do Parque Natural das Illas Cíes. En 1992 atopáronse no seu contorno restos dunha necrópole medieval.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Sarria, Samos, Láncara, Triacastela e Baralla.
-
PERSOEIRO
Patriarca da Igrexa Rusa (1943-1944). Ocupou diversos cargos e en 1943, coa autorización do goberno, puido ser elixido patriarca. Intentou sempre mellorar as relacións da Igrexa Rusa co goberno soviético, actitude que moitos atilaron de subxección ao réxime comunista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unión das pezas óseas que se produce por un ligamento ou unha membrana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa).
-
GALICIA
Pintor. Coñecido como Xosé Guillermo, a súa obra é de raíz expresionista e mostra, en ocasións, a influencia do muralismo mexicano. Nos debuxos emprega as cores intensas e achégase, ás veces, ao surrealismo pero sen afondar no onírico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación formada en 1905 no seo da Federación Local Obrera da Coruña, coa finalidade de organizar ao personal sanitario e de servizo embarcado nos transatlánticos estranxeiros que ían a América. Integrado na CNT desde 1911, funcionou ata a Guerra Civil.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (11.667 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro, con industrias alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abadía beneditina situada no País do Loire, Francia, na ribeira esquerda do Sarthe, no departamento homónimo. Fundado no s XI, foi incendiado polos ingleses (1425?) e reconstruído nos ss XV-XVI. Pertenceu aos maurinos. Suprimido durante a Revolución Francesa, P.L.P Guéranger restaurou (1833) a vida bieita. Foi centro dunha importante congregación e de restauración do canto gregoriano e onde se iniciou o movemento litúrxico.
-
PERSOEIRO
Poeta grego. Consagrouse como autor do Himno á liberdade (1823), que se converteu en himno nacional grego. Tamén publicou Epigrama pola catástrofe de Psara.
VER O DETALLE DO TERMO