"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao encomio ou que o implica.
-
-
Acción de encomiar.
-
Palabras coas que se gaba algo ou a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación cirúrxica vascular que consiste na extirpación da túnica interna arterial que, debido ao aumento do seu grosor, provoca unha obstrución da luz arterial.
-
-
Relativo ou pertencente ás endomicetais.
-
Fungo da orde das endomicetais.
-
Orde de fungos, da subdivisión ascomicotina, que poden presentarse durante todo o ciclo vital como seres unicelulares, agás na fase de produción de ascos -orixinadas por copulación de dúas células ou partenoxeneticamente-, formar un pseudomicelio por xemación consecutiva, ou presentar un micelio de hifas septadas con ascos no ápice. Engloba a familia das sacaromicetáceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de micorriza na que as hifas do fungo, da orde das glomais, penetran ata as células da codia da raíz a través de haustorios de forma ramificada ou de vesículas que non causan cambios na forma da raíz nin danan o tecido vascular das plantas. Os fungos que dan lugar ás endomicorrizas non son específicos de ningunha planta, polo que se asocian de xeito máis ou menos indistinto. Ademais das anxiospermas e ximnospermas, presentan endomicorrizas fentos e brións. O fungo recibe azucres da planta hospedeira e esta obtén unha mellora na absorción de fosfatos e nutrintes como nitróxeno, cobre e cinc. Máis do 97% das fanerógamas presentan endomicorrizas.
-
-
Relativo ou pertencente aos endomíquidos.
-
Coleóptero da familia dos endomíquidos.
-
Familia de coleópteros, de escaravellos pequenos -menores de 1 mm e de ata 10 mm nas especies de maior talle-, que se alimentan principalmente de cogomelos ou se desenvolven nos niños de formigas ou térmites. Das máis de 1.300 especies coñecidas só 50 están presentes en Europa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de duplicación do número de cromosomas, sen formación do fuso, nin movementos cromosómicos, nin alteracións da membrana nuclear, de xeito que nin a célula nin o núcleo cheguen a dividirse. Ten lugar, de forma habitual, nas glándulas salivares das moscas do xénero Drosophila, e orixina os chamados cromosomas xigantes ou politénicos.
-
-
Relativo ou pertencente aos endrómidos.
-
Insecto da familia dos endrómidos.
-
Familia de lepidópteros á que pertence o xénero Endromis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros, da familia dos endrómidos, que ten como única especie a E. versicolora. As bolboretas son de cor acastañada arrubiada, co corpo groso e peludo, alas atravesadas de xeito transversal por dúas bandas extreitas brancas e negras co bordo externo máis escuro e con varios ocelos brancos no extremo. As eirugas son grosas e de cor verde con franxas finas de cor branca. Na Península Ibérica distribúese por unha ampla franxa do norte peninsular, con colonias extremas e illadas en Galicia (río Eume) e Catalunya, onde se distinguen dúas subespecies: E. versicolora subpyrineae e E. versicolora meridionalis, esta última no extremo oriental da distribución penínsular. As eirugas aliméntanse principalmente das follas de amieiros, abeleiras, salgueiros, bidueiros, carpe ou tileiros. Pasa o inverno no solo na fase de crisálida e, a partir de febreiro e ata abril, os machos voan durante as horas de sol polos claros do bosque en busca das femias, pousadas no solo ou en pólas...
-
-
Incisión que se realiza, en caso de obstrución, nunha asa intestinal, para evacuar as materias fecais ou corpos estraños.
-
Sección do esporón dun ano artificial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención obstétrica que consiste en facer unha incisión na parte lateral da vulva para ampliar o espazo da fendedura vulvar e facilitar así o paso da cabeza do feto no momento do parto. Practícase para evitar unha esgazadura incontrolada do perineo que podería lesionar órganos adxacentes, como o esfínter anal, e tería maior dificultade na cicatrización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de magnesio hidratado, de fórmula MgSO4·7H2O. Cristaliza no sistema rómbico. Os cristais, escasos na natureza, preséntanse normalmente en cotras fibrosas, aciculares ou capilares. Ten unha dureza 2-2,5 e unha densidade 1,7. Os cristais son incoloros e transparentes, e os exemplares en masa son brancos.
-
PERSOEIRO
Poeta e folclorista checo. Especializouse no folclore do seu país e recompilou cancións, contos e proverbios. Da súa produción destaca Prostonárodni české písně a řikadla (Cancións e coplas populares checas, 1864) e Stropostonárodnich pohádek a pověstí slovanských (Cen contos populares e lendas eslavas, 1865). Compuxo poesía baseada na tradición popular que, posteriormente, inspirou a escritores e músicos, como A. Dvořak e Pablo Neruda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio de datos biolóxicos e tecnolóxicos aplicado a problemas de mutua adaptación entre o home e a máquina.
-
-
Relativo ou pertencente á ergonomía.
-
Calidade daquilo que cumpre os principios da ergonomía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada e especialista en ergonomía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico bacteriostático que contén, na súa molécula, un azucre aminado (desosamina), un azucre cun nitróxeno libre (cladinosa) e a aglicona chamada eritronólido. Presenta unha actividade antimicrobiana de amplo espectro, que se pode situar entre o da penicilina e o da tetraciclina. A eritromicina inhibe a síntese de proteínas en procariotas pola súa unión á subunidade grande dos ribosomas e, empregada xeralmente nas infeccións por bacterias Gram-positivas como estafilococos, enterococos ou estreptococos, adminístrase fundamentalmente por vía oral. Foi illada en 1952 do Streptomyces erythreus por S. A. Waksman e o seu equipo.
-
-
Facer que alguén perda as forzas ou se canse en exceso.
-
Cansarse moito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos esfingolípidos que constitúen un dos principais compoñentes das vaíñas de mielina do tecido nervioso. Fórmanse por esterificación dunha ceramida con fosforilcolina. Por hidrólise liberan unha molécula de ácido fosfórico, esfingosina ou un derivado seu, colina e un ácido graxo.