"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Francis Morgan Thompson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e xeógrafo británico. Viaxou pola provincia de Alberta e en 1785 chegou ata o lago Athabasca. Máis tarde ampliou as súas exploracións ás rexións das Montañas Rochosas e ao val do Columbia. Foi membro da comisión internacional de fronteiras entre EE UU e Canadá (1816-1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Coñecido como Daley Thompson, dominou a proba do déca­thlon durante a década de 1980 e participou en catro xogos olímpicos. Nos de Moscova (1980) e Los Angeles (1984) conseguiu a medalla de ouro. Foi dúas veces campión de Europa, en Atenas 1982 e Stuttgart 1986, e campión mundial en Helsinqui 1983. Entre 1980 e 1984 conseguiu superar catro veces a mellor marca mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Exerceu como xornalista en The True Detective Magazine. Figurou nas listas negras do maccarthismo e colaborou como guionista con Stanley Kubrick nos filmes The Killing (1956) e The Paths of Glory (1957). Como novelista está considerado o máis destacado do xénero negro con Dashiell Hammett e Raymond Chandler. A súa é unha novelística de realismo crítico, que manifesta unha profunda desesperanza na sociedade. Escribiu A Hell of a Woman (1954), The Kill-Off (1957), The Getaway (1958), The Grifters (1963), Pop, 1280 (1964), Texas by the Tail (1965) e South of Heaven (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Músculo que nun dos seus extremos ten tres tendóns para unirse ao óso.

    2. Músculo da rexión posterior do antebrazo que está formado por tres porcións, a porción longa, a interna e a externa, que se insire por riba do úmero e a omoplata e remata na cara posterior e nas partes laterais do olécrano. Actúa como extensor do antebrazo sobre o brazo e como adutor do brazo.

    3. Conxunto que está formado polos dous xemelgos que se reúnen no tendón de Aquiles. A súa función é a de estender o pé ao elevar o calcaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles fósiles do Cretáceo, da orde dos ornitisquios, cunha cabeza provista dunha expansión occipital e as extremidades curtas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das tricolomatáceas, ao que pertence o tortullo da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima proteolítica que cataliza a degradación dos enlaces peptídicos nas proteínas. Orixínase a partir do tripsinóxeno que é segregado polo páncreas, pola acción da enteroquinase do zume intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cimóxeno da tripsina que é segregado polo intestino delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do kraj de Krasnodar, Rusia (64.000 h [estim 1987]). Ten refinarías de petróleo e industrias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do län de Uppsala, Suecia (182.076 h [2004]). Situada na ribeira do río Fyris, que desemboca no lago Melas, ten industrias mecánicas, químicas, téxtiles e de calzado. A antiga Uppsala Gamla foi bispado cara a 1130 e arcebispado en 1161. En 1258 a sede metropolitana foi trasladada a un centro comercial, Östra Aros, 4 km ao S, que tomou o nome de Uppsala. En 1593 foi sede dun concilio nacional que supuxo a consolidación definitiva do luteranismo no país. A universidade, fundada en 1477, converteu a cidade no centro cultural máis importante de Suecia. En 1620 o Rei Gustavo II Adolfo de Suecia creou a biblioteca universitaria (Carolina Rediviva) cun rico fondo de manuscritos, dos que destaca o Codex argenteus (s VI). Sobresae a súa catedral gótica (ss XIII-XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (6.989 km2; 302.564 [2004]). A súa capital é Uppsala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo vepsio.

    2. Individuo do pobo vepsio.

    3. Pobo do grupo finés que habita na beira occidental do lago Onega e nos ríos Svir’ e Ojat’, ao SO do lago Ladoga, na República de Carelia (Rusia). Malia conservaren no folclore e nas crenzas reminiscencias da antiga cultura finesa, adoptaron o sistema de vida dos seus veciños rusos.

    4. Lingua baltofinesa das linguas finoúgrias do phylum urálico que falan os vepsios meridionais. Caracterízase pola perda total da harmonía vocálica e o uso de pronomes posesivos independentes (non pospostos, como en todas as demais linguas finoúgrias). O léxico está moi influído polo ruso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da visión que consiste en ver amarelos os obxectos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘xeso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas e ás comunidades características de terreos xesosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de copias de esculturas, fragmentos de arquitectura, terracotas, moedas e outros obxectos feitos en xeso para o seu estudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre de gregos fanariotas emparentada coa dinastía imperial dos Comnenos de Trebisonda despois da conquista latina de Constantinopla (1204). Destacaron Alexandros Ypsilantis (Constantinopla 1726-1805), gospodar de Valaquia (1774-1782 e 1796-1797) e de Moldavia (1786-1788); Alexandros Ypsilantis ( Kiev 1792 -Viena 1828) que dirixiu en 1820 o grupo Heteria, sociedade política xurdida con vista á liberación nacional grega, e ocupou Ia Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ i e Bucarest, coa intención de facer sublevar aos cristiáns romaneses; e Dimitros Ypsilantis (Kiev 1793-Nauplia 1832) quen en 1822 foi elixido presidente da primeira asemblea lexislativa da Grecia libre e en 1832 formou parte do goberno provisional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos zéidos, ao que pertence o sanmartiño prateado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alucinacións visuais que consisten na visión terrorífica de animais.

    VER O DETALLE DO TERMO