Uppsala

Uppsala

Capital do län de Uppsala, Suecia (182.076 h [2004]). Situada na ribeira do río Fyris, que desemboca no lago Melas, ten industrias mecánicas, químicas, téxtiles e de calzado. A antiga Uppsala Gamla foi bispado cara a 1130 e arcebispado en 1161. En 1258 a sede metropolitana foi trasladada a un centro comercial, Östra Aros, 4 km ao S, que tomou o nome de Uppsala. En 1593 foi sede dun concilio nacional que supuxo a consolidación definitiva do luteranismo no país. A universidade, fundada en 1477, converteu a cidade no centro cultural máis importante de Suecia. En 1620 o Rei Gustavo II Adolfo de Suecia creou a biblioteca universitaria (Carolina Rediviva) cun rico fondo de manuscritos, dos que destaca o Codex argenteus (s VI). Sobresae a súa catedral gótica (ss XIII-XV).