vepsio -sia
vepsio -sia
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo vepsio.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo vepsio.
-
s
[ETN]
Pobo do grupo finés que habita na beira occidental do lago Onega e nos ríos Svir’ e Ojat’, ao SO do lago Ladoga, na República de Carelia (Rusia). Malia conservaren no folclore e nas crenzas reminiscencias da antiga cultura finesa, adoptaron o sistema de vida dos seus veciños rusos.
-
s
m
[LING]
Lingua baltofinesa das linguas finoúgrias do phylum urálico que falan os vepsios meridionais. Caracterízase pola perda total da harmonía vocálica e o uso de pronomes posesivos independentes (non pospostos, como en todas as demais linguas finoúgrias). O léxico está moi influído polo ruso.