Vera
Vera
[ONOM]
Antropónimo feminino que provén do ruso Vèra ‘fe’, procedente do latín verus, vera ‘verdadeiro’, que tamén era un nome propio. Difundiuse en Europa coas traducións da literatura rusa. Nalgunhas linguas funciona como hipocorístico de Verónica.