"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano do S dos Apalaches, situado entre os estados de Tennessee e Alabama, EE UU. Constitúe unha área chá, entre o Gran Val apalachense e o val do Mississippi. É unha extensión rica en carbón e ferro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación empregada na literatura matemática anglosaxona para representar o operador rotacional.
-
PERSOEIRO
Químico norteamericano. Estudiou no Rice University e na University of California en Berkeley, onde se doutorou en 1957. Traballou no Mallinkrodt Laboratory de Harvard e, posteriormente, volveu á Rice University para investigar no desenvolvemento de métodos sensibles de espectroscopía láser, co obxectivo de detectar radicais libres e estudar a súa estrutura e cinética. En 1996 compartiu o Premio Nobel de Química con H. W. Kroto e R. E. Smalley polos seus descubrimentos sobre os fullerenos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Curlandia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Curlandia.
-
-
REXIÓNS
Rexión occidental de Letonia, situada na beira oriental do Mar Báltico (25.000 km2). Caracterízase por un relevo chairo con costas baixas. O clima é frío e húmido. Os bosques cobren unha gran parte do territorio. Os principais recursos son a agricultura, a gandería e a pesca. Primitivamente habitárona os livonios e os curos, que lle deron nome á rexión. Entre os ss VIII e XII sufriu as invasións dos suecos e dos daneses. En 1237 conquistárona os cabaleiros da orde teutónica, que a dominaron ata 1561, ano no que se converteu en ducado vasalo de Polonia. Na primeira repartición de Polonia (1795), o ducado foi anexionado a Rusia. En 1921 pasou a formar parte da República de Letonia, de xeito que seguiu as vicisitudes desta, coa anexión á Unión Soviética en 1940 e a independencia en 1991. A principal cidade da rexión é Ventspils (41.646 h [1997]), capital do distrito homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Territorio constituído en 1561 como ducado vasalo de Polonia e hereditario da familia Ketteler. O primeiro duque foi Gotard I Ketteler ou Gotardo I de Curlandia (morto en 1587), duque de Semigalia e derradeiro gran mestre da orde teutónica en Livonia. En 1737, a viúva do duque, que logo sería a Tsarina Anna I Ivanovna, deulle o ducado ao seu favorito Ernesto Xoán I de Curlandia, conde e príncipe de Biron (morto en 1772). O fillo deste, o duque Pedro I, vendeulle o ducado a Rusia en 1795.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xogo de orixe escocesa que consiste en lanzar unhas pedras planas, provistas dun mango, para facelas esvarar sobre o xeo ata un círculo (house) que ten no centro un bolo (dolly).
-
PERSOEIRO
Pianista, compositor, musicógrafo e pedagogo. Discípulo de Beethoven e mestre de Thalberg e Liszt, debutou en 1800 como pianista. Escribiu os tratados Escola da interpretación improvisada op 200 e 300 e Escola completa, teórica e práctica, do pianoforte op 500. Compuxo tamén obras corais sacras e pezas orquestrais e camerísticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e político. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidad de Madrid, foi profesor de xeografía e historia. En abril de 1969 ingresou no Partido Comunista de España (PCE) e en 1972, de novo en Galicia, participou na creación das xuntas democráticas, órgano de oposición unitaria ao franquismo, en representación do Partido Comunista de Galicia (PCG), organización na que foi membro do Comité Central e do Comité Executivo. Procesado nos últimos anos do franquismo, a lei de amnistía evitoulle o xuízo. Dende 1978 ata 1983 foi voceiro do grupo municipal do PCG en Lugo e de Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU) entre 1991 e 1999. Entre 1983 e 1985, como responsable de Política Institucional do PCG, coordinou e impulsou o traballo dos representantes comunistas nos concellos e no Parlamento de Galicia. En 1999 foi elixido secretario xeral do PCG e en outubro de 2000 coordinador nacional de EU-IU; ademais, foi o candidato de EU-IU á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicólogo alemán. Catedrático de Historia da Música na Universidade Politécnica de Berlín (1967), realizou estudios en Gotinga e Friburgo e traballou no Deutsches Theater de Gotinga, na Universidade de Kiel e no Stuttgarter Zeitung. Teórico da música, nos seus estudios tratou a análise e a estética musical e dedicou gran parte deles á figura de Wagner, entre outros compositores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primado de Alemaña (1806), barón de Dalberg. Arcebispo-elector de Maguncia, trasladouse en 1803 a Ratisbona. Foi nomeado primado de Alemaña, arquichanceler da Confederación do Rin, presidente da Dieta e gran duque de Frankfurt. De ideas ilustradas, realizou importantes reformas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e editor. Publicou numerosas obras didácticas escolares que tiveron gran difusión (especialmente un método de lectura e outro de aritmética, ademais dunha Enciclopedia cíclico-pedagógica). Foi o promotor da editorial Dalmau Carles Pla SA que, en 1931, publicou a Biblioteca Pedagògica Catalana para o ensino do catalán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Estudiou no Instituto Politécnico de Copenhaguen e na universidade da mesma cidade, onde se doutorou en 1934. Traballou nas universidades de Copenhaguen, Rochester e no Rockefeller Institute. Os seus traballos abarcan o estudo das vitaminas, os lípidos, a coagulación do sangue e a formación dos cálculos biliares. Polo descubrimento da vitamina K recibiu, xuntamente con E. A. Doisy, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1943.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Almirante e político francés. Comandante en xefe da flota desde 1939, foi ministro da Mariña e vicepresidente do goberno de Vichy (1941-1942). Trasladouse a Alxer, onde foi comandante en xefe das forzas francesas libres do norte de África en novembro de 1942. Pouco tempo despois morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Serra do SO de Australia paralela á costa do Océano Índico, situada entre o cabo Howe, ao S, e o lago Mongers, ao N.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do SL de Australia que nace nos contrafortes da Great Dividing Range e desemboca no río Murray, despois dun percorrido de 2.450 km. Drena os estados de Queensland e Nova Gales do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Inglaterra, Reino Unido, no condado de Durham, nos contrafortes orientais dos Pennines e drenada polo río Tees (101.100 h [1996]). Do seu patrimonio destaca a igrexa gótica de Saint Cuthbert.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo inglés. Catedrático de Botánica da Oxford University desde 1953, fixo numerosas investigacións sobre citoloxía, xenética e evolución. Da súa obra destacan Evolution on Genetic Systems (Evolución sobre sistemas xenéticos, 1958), Genetics and Man (A xenética e o home, 1964), Cytology (Citoloxía, 1965) e The Little Universe of Man (O pequeno universo do home, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto electrónico constituído por dous transistores en configuración do tipo en colector común, conectados en fervenza. Caracterízase por ter unha ganancia de intensidade moi elevada, unha impedancia de entrada moi alta e unha impedancia de saída moi baixa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas insectívoras, da familia das sarraceniáceas, propias de California.