Dam, Carl Peter Henrik

Dam, Carl Peter Henrik

Bioquímico. Estudiou no Instituto Politécnico de Copenhaguen e na universidade da mesma cidade, onde se doutorou en 1934. Traballou nas universidades de Copenhaguen, Rochester e no Rockefeller Institute. Os seus traballos abarcan o estudo das vitaminas, os lípidos, a coagulación do sangue e a formación dos cálculos biliares. Polo descubrimento da vitamina K recibiu, xuntamente con E. A. Doisy, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1943.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Copenhaguen

  • Deceso