"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario. Licenciado en Económicas, doutor en Filosofía e Letras e catedrático de Literatura Española da Universitat de Alacant, foi o fundador e director da revista Anales de Literatura española desde 1982. Publicou, entre outras obras, os poemarios Dibujo de la muerte (1967), reeditado con novos poemas en 1971 e 1979, Libro de horas (1967), Modo y canciones del amor ficticio (1969), Barcelona, mon amour (1970), El sueño de Escipión (1971), Variaciones y figuras sobre un tema de La Bruyère (1974), El azar objetivo (1975), Ensayo de una teoría de la visión (1979), Música para fuegos de artificio (1989), Divisibilidad indefinida (1990) e Verano inglés (Premio Nacional de Literatura e Premio da Crítica 2000); e os estudios La cara oscura del Siglo de las Luces (1983), Espronceda (1974), El grupo “Cántico” de Córdoba (1976), Las armas abisinias (1989) e Estudios sobre el teatro español del siglo XVIII (1997). Coordinou os volumes correspondentes aos séculos XVIII e XIX da...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra. Casou en 1705 con Xurxo Augusto, quen accedeu ao trono inglés como Xurxo II. Contribuíu á renovación da Igrexa Anglicana co nomeamento de bispos de tendencia liberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma clínica da bartonelose.
-
ENTRADA LARGA
Función da variable complexa p definida pola integral
FORMULA
na que Cf(t) simboliza a transformada de Carson dunha función do tempo t. Ten as mesmas funcións de existencia que a transformada de Laplace.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na Escola Nacional de Belas-Artes de Lisboa. Conservador dos palacios e monumentos nacionais, foi elixido presidente da Academia Nacional de Belas-Artes en 1980. Entre as súas obras destacan Serra da Estrela (1938) e Gente do Mar (1940). Publicou, entre outros libros: A escultura em Mafra (1950), Novas revelações para a história do Barroco em Portugal (1965) e A basílica da Estrela (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, drenado polo río Guadalmedina (3.034 h [1996]). A súa economía baséase principalmente na agricultura, con cultivos de cereais, oliveiras e viña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e narrador. Cursou estudios de dereito na Universitat Autònoma de Barcelona. A súa obra poética comprende os libros: Rexistro de menores espantos (1973), Os preludios (1980) e Libro de Caldelas (1982). Algúns dos seus poemas foron musicados por Miro Casabella, como “O meu país”, ou por Bernardo Xosé, como “O afiador”. Realizou en colaboración co seu pai, Manuel Casado Nieto, unha escolma de poetas europeos titulada Mostra antolóxica de poetas contemporáneos (1981). Como narrador é autor das novelas O inverno do lobo (Premio Blanco Amor 1985) e Os brasileiros (1986). Xunto con X. M. Salgado publicou X. L. Méndez Ferrín (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político guatemalteco. Formouse na Academia Militar e na Escuela Politécnica del Ejército. No 1954 ocupou o país e derrocou o goberno de Jacobo Arbenz coa axuda dos EE UU. Foi nomeado presidente e anulou a Constitución de 1945 para promulgar unha nova en 1956. Disolveu os partidos de esquerdas, neutralizou os sindicatos e suprimiu a liberdade de prensa. Foi asasinado por un membro da súa garda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Participou na fundación da Sociedade iniciadora e protectora da Academia Galega en Cuba. Publicou o poemario Desafogos (1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás casuariformes.
-
Ave da suborde das casuariformes.
-
Suborde de aves que comprende individuos coas ás moi pequenas, inútiles para voar, pero de patas longas, grosas e moi fortes, aptas para camiñar e correr. Os principais representantes desta suborde son o emú e o casuario, característicos de Australia e de Nova Guinea, e o kiwi, propio de Nova Zelanda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a un filtro que reduce a transmisión da compoñente infravermella dun raio luminoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento formado por dous termómetros, un seco e outro mollado, que se emprega para determinar o índice de arrefriamento dun organismo; isto é, para establecer a cantidade de calor perdida en relación cun cambio do medio externo como pode ser o vento, ou do medio interno, como por exemplo a transpiración.
-
GALICIA
Escritor. Colaborou na prensa da época (La Opinión Pública, El Porvenir e La Ilustración Española y Americana), publicou as pezas dramáticas Luchas de amor y deber (1851) e Triste ejemplo! (1878), e o poemario Cantares españoles (1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de talo.
-
PERSOEIRO
Diplomático e político. Foi embaixador español en Constantinopla (1820-1823), Londres (1824), Dresden (1825-1827) e, de novo, Londres (1827-1832). Alternou a política exterior cun breve período como secretario de Estado (1824-1825) pero abandonouna definitivamente o 1 de outubro de 1832, tralos sucesos de La Granja, cando María Cristina lle encargou a formación do novo goberno. Confirmado no cargo á morte de Fernando VII, en setembro de 1833, continuou a súa política encamiñada a manter as institucións introducindo reformas liberais. Martínez de la Rosa substituíno en xaneiro de 1834.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e crítico de arte. Cultivou o debuxo e a pintura no taller de Juan Espinal en Sevilla e despois con Rafael Mengs en Madrid. Animado por Jovellanos, dedicouse á investigación. Publicou Dicionario de los más ilustres profesores de bellas artes en España (1800), Noticias de los arquitectos y la arquitectura en España (1829) e un gran número de estudios e monografías. Foi membro da Real Academia de Historia, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Academia San Luis de Zaragoza.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos celacantiformes.
-
Peixe da orde dos celacantiformes.
-
Orde de peixes crosopterixios mariños, bentónicos, grandes e cubertos de escamas cicloides. Durante algún tempo, os investigadores pensaron que este tipo de animal desaparecera no Triásico, ata que en 1938 se descubriu unha especie viva, o celacanto. A partir dese momento atopáronse máis exemplares pertencentes, aparentemente, ao mesmo xénero, polo que se consideran fósiles viventes.
-
-
PERSOEIRO
Teórico e crítico de arte. Profesor na Universidade de Los Angeles e conservador de arte contemporánea no Museo Guggenheim de Nova York, foi un dos impulsores da Arte Povera. Foi comisario de diversas exposicións, entre as que destacan Conceptual Art, Arte Povera, Land Art (Turín, 1970), Ambiente Arte (Biennale de Venezia de 1976) e Memoria del futuro, no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid, 1990). Dirixiu a 47ª edición da Biennale de Venezia e foi codirector da Dokumenta 7 de Kassel en 1982. Fundou diversas revistas especializadas como Artforum ou Casabella. Entre outras obras escribiu: Arte Povera (1969), Arte dall’Italia (A arte de Italia, 1988), Artmakers (Artistas, 1989) e L’inferno dell’arte italiana: materiali 1946-1964 (O inferno da arte italiana: materiais 1946-1964, 1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción de sementes sen embrión que se dá nas ximnospermas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en 1902 froito da confluencia entre os ideais dos medios libertarios coruñeses e os do republicanismo local, particularmente os de ideario federal. Entre os seus animadores cómpre salientar, ademais dos membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, como Xosé Sanjurjo ou Marcial Lores, a futuros edís republicanos, como Eduardo Corral, ou federalistas, como Eduardo López Budén. Aínda que a Germinal sempre se identificou co ideario libertario, tamén formaron parte das súas directivas sindicalistas da CNT, como Xoán No, Benito Couceiro, Manuel Montes ou Xacinto Méndez, e progresistas, como Luís Huici, que presidiu o Centro no ano 1932. Dende 1906 intelectuais como Uxío Carré e Anxo del Castillo fixeron posible a colaboración do Centro coa Universidade Popular; así xurdiu a posibilidade da transmisión de coñecementos ás clases populares coruñesas. Germinal, caracterizada pola convivencia de persoas con diferentes idearios, defendía o respecto aos principios do laicismo, a xustiza,...