Celant, Germano
Teórico e crítico de arte. Profesor na Universidade de Los Angeles e conservador de arte contemporánea no Museo Guggenheim de Nova York, foi un dos impulsores da Arte Povera. Foi comisario de diversas exposicións, entre as que destacan Conceptual Art, Arte Povera, Land Art (Turín, 1970), Ambiente Arte (Biennale de Venezia de 1976) e Memoria del futuro, no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid, 1990). Dirixiu a 47ª edición da Biennale de Venezia e foi codirector da Dokumenta 7 de Kassel en 1982. Fundou diversas revistas especializadas como Artforum ou Casabella. Entre outras obras escribiu: Arte Povera (1969), Arte dall’Italia (A arte de Italia, 1988), Artmakers (Artistas, 1989) e L’inferno dell’arte italiana: materiali 1946-1964 (O inferno da arte italiana: materiais 1946-1964, 1990).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Xénova