celacantiforme

celacantiforme

(< lat científicoCoelacanthus, xénero de animais)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos celacantiformes.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da orde dos celacantiformes.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Orde de peixes crosopterixios mariños, bentónicos, grandes e cubertos de escamas cicloides. Durante algún tempo, os investigadores pensaron que este tipo de animal desaparecera no Triásico, ata que en 1938 se descubriu unha especie viva, o celacanto. A partir dese momento atopáronse máis exemplares pertencentes, aparentemente, ao mesmo xénero, polo que se consideran fósiles viventes.

Palabras veciñas

Cela Vieito, Afonso | Cela, A | Cela, Santa María de | celacantiforme | celacanto | 1 celada | 2 celada