celacanto
(< lat científicoCoelacanthus, xénero de animais, do gr koῐlos ‘oco’ + ἄκανϴα ‘espiña’)
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe do xénero Latimeria, da subclase dos sarcopterixios. Este grupo animal abundou durante o Devónico; críase que se extinguira totalmente hai 70 millóns de anos, pero en 1938 foi descuberto para a ciencia no Índico africano. Estes peixes son descendentes dun tronco propio de augas doces do Devónico. Acadan os 2 m de lonxitude, presentan ollos grandes, mandíbulas con gran capacidade de apertura, aleta caudal dificerca, unha liña lateral moi desenvolvida e un órgano sensorial no fociño que lles serve tanto para moverse na escuridade dos seus refuxios coma para capturar presas. Os machos son máis pequenos ca as femias. Pasan as horas de luz en covas e gretas de orixe volcánica situadas a uns 180 m de profundidade.
-
celacanto das Illas Célebes
[ANIMAL/ICT]
Peixe de cor castaña, recoñecido pola ciencia en 1997 nun mercado de Manao e coñecido polos indonesios como raja laut ou ‘rei do mar’.
-
celacanto das Illas Comores
[ANIMAL/ICT]
Peixe de cor azul metálica, con manchas brancas que constitúen un deseño críptico na escuridade das covas onde están presentes esponxas e cunchas de ostras de cor branca. O primeiro animal foi recoñecido pola ciencia de forma casual en 1938 durante unha dragaxe na costa de Sudáfrica. Tras este achado fortuíto fixéronse pescudas entre os pescadores das Illas Comores, que xa o pescaban de xeito ocasional con anzol.