"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Il Sassoferrato, foi discípulo de Il Domenichino. Pintou sobre todo madonas, de cores brillantes e tons piadosos, das que destacan Madonna del Rosario e Assunzione.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Destacou na composición de música relixiosa, óperas e sonatas a tres. Contribuíu a formar a sinfonía, a partir de obras con tres movementos para corda e algúns instrumentos de vento. O seu irmán Giuseppe Sammartini (Milán 1693?-Londres 1750) foi concertista de óboe e compuxo sonatas para frauta, concertos, concerti grossi e outras pezas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Basílica de Roma situada en Letrán, unha das catro maiores. É a catedral do bispado de Roma. O edificio actual foi construído baixo o goberno de diversos papas desde Urbano V, polos arquitectos D. Fontana (1543-1604) e F. Borromini (1599-1667). No interior, sobresaen as estatuas xigantes dos apóstolos, realizadas en mármore gris, situadas na nave central. A fachada, onde están as estatuas de Cristo e os apóstolos, é obra de A.Galilei (1734?).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Román, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Traballou en Anveres e en 1551 trasladouse a Haarlem. A súa técnica compositiva, adquirida dos romanistas flamengos, influíu en Velázquez. Pintou temas relixiosos (O fillo pródigo), de costumes (O cirurxián) e naturezas mortas. En Tobías anunciou o Barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (7.833 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na industria téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (3.847 h [2001]). Os cultivos atópanse en decadencia fronte á crecente función do municipio como lugar de segunda residencia e veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano. Discípulo de Malphigi, especializouse en anatomía e describiu diversas cartilaxes, plexos e condutos. É un dos creadores da obstetricia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, pai de Raffaello Sanzio. As súas obras presentan unha composición equilibrada e serenidade nas expresións, características que adoptou de Perugino e de artistas da corte de Urbino como P. della Francesca ou Melozzo da Forlí. Destaca Madonna e santi (1484). Escribiu unha Cronaca in rime, sobre as xestas de Federico de Montefeltro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Laos (10.691 km2; 258.300 h [estim 1995]). A súa capital é Saravan.
-
RIOS
Río de EE UU que desemboca no Océano Atlántico (730 km). Nace ao pé dos Apalaches meridionais, corre en dirección NO-SL e desemboca preto da cidade homónima.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Georgia, EE UU (131.510 h [2000]). É porto comercial da costa atlántica, situado preto da desembocadura do Savannah, e posúe construcións navais, refinaría de petróleo e industrias da madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Laos (21.774 km2; 674.900 h [estim 1995]). A súa capital é Savannakhét (96.652 h [1985]).
-
DISTRITOS
Distrito de Mauricio (245 km2; 66.356 h [2000]). A súa capital é Souillac.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor neerlandés. Considerado o creador da escola novelística neorromántica neerlandesa, escribiu Een Zwerver verliefd (Un vagabundo namorado, 1904), Der Liefde bloesems (Flores de amor, 1921) e a triloxía Een Hollands drama, De rijke ma e De Grauwe vogels (Un drama holandés, O home rico e Os paxaros terrosos, 1935-1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo italiano. Foi director do observatorio de Brera, en Milán. Estudou as variacións do aspecto e da luminosidade da cabeza do cometa Pons-Brooks (1833) e demostrou que a órbita dos meteoritos do enxame das Perseidas coincidía coa órbita do cometa observado en 1826. Foron moi importantes as súas observacións do planeta Marte, do que a partir de 1877, difundiu a existencia de canles, descubertas por A. Secchi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método para determinar o índice de refracción de partículas cristalinas, coa axuda do microscopio. Utiliza a iluminación oblicua, e a determinación realízase sempre respecto a líquidos de índice de refracción coñecido.
-
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Discípulo de Jacob Cornelisz, foi influído por Gossaert. Viaxou por Alemaña, Venecia e Terra Santa (1519-1522). Con Adrián VI, foi conservador das antigüidades de Roma (1522-1524). Representou a escola romanista holandesa influída pola arte italiana do s XVI, especialmente veneciana. Destacan os seus retratos con fondos de paisaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo ruso. Foi o primeiro en facer experimentos fisiolóxicos co cerebro e afirmou que os reflexos poden ser innatos ou adquiridos e que a aprendizaxe é de natureza asociativa; o pensamento, por outra banda, é para el un reflexo inhibido.
VER O DETALLE DO TERMO