"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Pradoalbar e Chaguazoso (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.537 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Graduouse na Massachusetts School of Art e ampliou os seus estudos con Nadia Boulanger e Paul Dukas en París (1924-1926), para posteriormente impartir clase en Harvard (1944-1960). A súa composición máis destacada é o ballet The Incredible Flutist (1938). É autor tamén de diversos concertos e sinfonías, e de manuais sobre harmonía, contrapunto e orquestración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo N da parroquia de Macenda (Boiro). O seu cumio acada os 584 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. Foi catedrático de Historia Natural na Universidade de Santiago de Compostela (1849-1868) e na de Barcelona (1868-1888), onde foi reitor (1880). Escribiu o primeiro catálogo da flora de Galicia: Ensayo de una flora fanerogámica gallega: ampliada con indicaciones acerca los usos médicos de las especies que se describen (1852). Tamén publicou Programa de lecciones para la cátedra de Historia Natural (1851), Discurso leído en la solemne inauguración del curso académico de 1859 a 1860 en la Universidad Literaria de Santiago (1859), contra a teoría evolucionista, e Congreso agrícola gallego de 1864 (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio situado na parroquia de Padornelo (Pedrafita do Cebreiro), á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago. Acada os 1.463 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. O centro da súa obra é a narrativa e dela cómpre subliñar Solnegre (1961), La lluna i el “Cala Llamp” (1963), Els escorpins (1965) e Els Argonautes (1968), en que presenta o universo mítico de Andratx, sobre o que construíu gran parte da narrativa posterior (Difunts sota els ametllers en flor, 1970; Les primaveres i les tardors, 1986). Co volume de contos Reivindicació de la vídua Txing (1977), a súa obra faise máis cosmopolita e dinámica. Como dramaturgo asume tanto as experiencias do teatro do absurdo coma as posibilidades dun novo teatro satírico e crítico. Interesado polas historias e as viaxes, en castelán escribiu El conflito árabe-israelí (1969) e Viajes expectantes. De Marrakech a Pekín (1994). Con L’emperador o l’ull del vent...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en teoloxía, das súas obras destacan Libro de la limpia concepción de la Virgen María (1620), Vida y hechos del cardenal Albornoz (1623) e os manuscritos Historia episcopal e real de España, Elogios de los cardenales de España, Tratado de la venida de Santiago a España e Nobiliario del Reino de Galicia e Santos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Manín (Lobios). O seu cumio acada os 644 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Couso (Avión). O seu cumio acada os 652 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Cristovo do Az (Rodeiro). O seu cumio acada os 723 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no O da parroquia de Macenda (Boiro). O seu cumio acada os 544 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre os concellos de Baiona, Oia e Tomiño. O seu cumio acada os 606 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Vilanova (Lalín) e O Sisto (Dozón). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Barcelona, Catalunya (9.114 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de flores, plantas ornamentais e verduras, en invernadoiros. Ademais das urbanizacións e construcións residenciais, hai tamén industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do S da rexión metropolitana de Santiago, Chile, situada á esquerda do río Maipo (404.663 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Creadora, xunto con María Bouzas, do grupo teatral Compañía de María, durante a década de 1990 participou en diversos proxectos do Centro Dramático Galego e traballou principalmente en Madrid no Centro Dramático Nacional. En televisión presentou o programa Arroz con chícharos, para TVG, e participou na serie Periodistas, en Tele 5. A súa relación co cine comezou en 1990 na curtametraxe Macana de dote, che, de Miguel Castelo. Ao ano seguinte participou na longametraxe Martes de Carnaval, de P. Carvajal e F. Bauluz. Nominada aos premios Goya en 1995 como actriz revelación por Entre Rojas (1994), de Azucena Rodríguez, entre outros proxectos destacan a súa participación en A mi madre le gustan las mujeres (2001), de Inés París; O lapis do carpintero (2002), de Antón Reixa; e En la ciudad (2003), de Cesc Gay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cornanda (Brión). O seu cumio acada os 511 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (1.951 km2; 624.716 h [2002]). A súa capital é Quezaltenango (127.569 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Quintela de Umoso (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.231 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as parroquias de Lobeira e Santa Cruz de Grou (Lobeira). O seu cumio acada os 850 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO