Pujalte, María

Pujalte, María

Actriz. Creadora, xunto con María Bouzas, do grupo teatral Compañía de María, durante a década de 1990 participou en diversos proxectos do Centro Dramático Galego e traballou principalmente en Madrid no Centro Dramático Nacional. En televisión presentou o programa Arroz con chícharos, para TVG, e participou na serie Periodistas, en Tele 5. A súa relación co cine comezou en 1990 na curtametraxe Macana de dote, che, de Miguel Castelo. Ao ano seguinte participou na longametraxe Martes de Carnaval, de P. Carvajal e F. Bauluz. Nominada aos premios Goya en 1995 como actriz revelación por Entre Rojas (1994), de Azucena Rodríguez, entre outros proxectos destacan a súa participación en A mi madre le gustan las mujeres (2001), de Inés París; O lapis do carpintero (2002), de Antón Reixa; e En la ciudad (2003), de Cesc Gay.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña