"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Relativo ou pertencente a Etolia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo etolio, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo etolio.

    3. Pobo de orixe doria que habitou na rexión occidental da Grecia Central. Durante a Guerra do Peloponeso resistiu os ataques dos atenienses e, posteriormente, enfrontouse a Alexandre o Grande.

    4. Dialecto grego que pertence ao grupo noroeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudioso da etoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da bioloxía que estudia o comportamento dos animais, baixo as condicións do hábitat natural, e os mecanismos que o determinan. A etoloxía, desenvolvida sobre todo no s XX, fundaméntase sobre outras ramas da bioloxía, como a bioquímica, a xenética, a ecoloxía ou a zooloxía. Dende os gregos había diversas observacións e descricións de tipo anecdótico da vida dos animais e dos seus costumes, pero foron as consecuencias das teorías evolucionistas de Ch. R. Darwin as que posibilitaron o nacemento dunha etioloxía con rigor científico, que tivo como máximos representantes a K. Lorenz, K. von Frisch e N. Tinbergen. A etioloxía moderna explica o comportamento como a serie de accións que modifican en cada momento preciso a relación existente entre un organismo e o medio que o envolve. É, xa que logo, un concepto dinámico que inclúe a facultade de adaptación ao medio externo. A modificación adaptativa do animal como un todo ten lugar a través dunha pauta de conduta. Ao clasificar o comportamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á etoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua que pertence ao grupo benue-congo do phylum níxer-congo, que se fala en Camerún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro privado inglés de ensino secundario situado na poboación de Eton, Buckinghamshire (Reino Unido). Fundouno o Rei Enrique VI no 1440 co nome de King’s College of Our Lady of Eton Beside Windsor. Construído en estilo gótico, das súas dependencias destaca a capela con pinturas ao óleo que representan os milagres da Virxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición dos costumes e trazos morais de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • éter etílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical CH3-CH2-O- derivado do alcohol etílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador grego. Dedicouse á gravación de moedas en Siracusa, Catania e Camarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Discípulo e sucesor de Euclides de Megara á fronte da escola de Megara, atribúeselle a invención dun certo número de paradoxos da lóxica, entre outros, o do mentireiro, o do cornudo, o do oculto e o do calvo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore perennifolia do xénero Eucalyptus, da familia das mirtáceas, que pode acadar máis de 100 m de altura e que presenta a copa con forma piramidal e pouco densa. Cando a planta é nova presenta talos novos de cor abrancazada e pubescentes, e follas de base cordada de cor cinsenta azulada, de ata 15 cm de lonxitude, 8 cm de ancho e dispostas de xeito oposto, e sésiles; máis tarde estas follas substitúense por filodios coriáceos longos e estreitos, de ata 30 cm de longo, con forma de fouciño, pendurantes e dispostos de xeito oposto. Contan con glándulas lisíxenas translúcidas e ricas en aceites esenciais. As flores son hermafroditas e actinomorfas, cos pétalos e os sépalos unidos formando unha estrutura en forma de tampa -o opérculo- que se desprende da punta do gromo floral durante a antese. As flores, ademais dunha gran produción de pole, que pode provocar problemas alergolóxicos no home, presentan néctar. A polinización ten lugar por medio de insectos, aves e morcegos fitófagos. Existen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceite que se obtén por destilación das follas de distintas especies do xénero Eucalyptus. Ten unha forte acción local como anestésico e antiséptico, e emprégase en bafos como expectorante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Educouse en Gotinga e Berlín, e foi profesor de filosofía nas universidades de Basilea (1871-1874) e Jena (1874-1920). Impulsou a reacción idealista contra o pensamento naturalista do seu tempo. Elaborou un sistema de pensamento coñecido como activismo ético, que defendeu a necesidade dun afán ético persoal na vida, polo que os individuos deberían esforzarse por superar os instintos naturais e tender ao espiritual. Considerou a relixión como un soporte protector das persoas, aínda que incapaz de impulsalas cara a unha completa identificación co espiritual. Entre as súas obras destacan Die Methode der Aristotelischen Forschung (O método da investigación aristotélica, 1872), Geschichte und kritik der Grundbegriffe der Gegenwart (Historia e crítica dos principios fundamentais do noso tempo, 1878) e Der Walhrheitsgehalt der Religion (O contido de verdade na relixión, 1925). En 1908 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Hispania. Segundo o Misal Romano de Galicia foi bispo de Illiturgi, vila na que sufriu martirio. No s VII o Rei Sisebuto levantou sobre o seu sartego un templo. En tempos da persecución sarracena trasladouse o seu corpo ao Val do Mao (O Incio), onde se venera dende aquela. A súa festividade celébrase o 18 de maio no Val do Mao, aínda que no Misal Romano de Galicia figura o 16 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás euglenófitas.

    2. Alga da división das euglenófitas.

    3. División de algas unicelulares de forma fusiforme, piriforme e flaxelados. Normalmente presentan un flaxelo -inserido nun polo da célula- cunha fila de mastigonemas, pero pode haber un segundo flaxelo máis curto unido á base do flaxelo longo. O xénero Colacium é colonial e as células aparecen unidas por unha matriz xelatinosa, aínda que conserva os flaxelos nun reservorio. Por outra parte, algunhas especies presentan unha cuberta mineralizada. No interior da parte anterior da célula existe unha dobrez cara a dentro continuada por unha canle que penetra nun gran vacúolo. As euglenófitas presentan un periplasto formado por un conxunto de bandas encaixadas unhas dentro doutras que lles permiten desprazarse por movementos de contracción e expansión. O flaxelo está suxeito na base dun reservorio onde descargan vesículas contráctiles. Teñen un estigma constituído por gotas de lípidos de cor alaranxada que é fotosensible; tamén adoita ser visible un núcleo de gran tamaño, disposto no polo oposto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Destinado en Filipinas, Cuba e New Orleans, axudou a sufocar a sublevación do arsenal ferrolán en 1872. Unha vez que se proclamou a Primeira República loitou contra os sublevados do arsenal da Carraca en Cádiz e contra as tropas carlistas no Cantábrico. En 1879 ascendeu a capitán de fragata e foi destinado a La Habana. Ata 1895 exerceu como axudante da mariña do distrito e porto de Mayagüez. Participou no combate de Santiago de Cuba, onde foi apresado polos americanos. Unha vez finalizada a Guerra de Cuba, foi xefe do estado maior do departamento de Cartagena, xefe do departamento de Cádiz, comandante da mariña de Sevilla e gobernador civil de Canarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote mozárabe e mártir. No califato omeia de Al-Andalus encabezou unha revolta contra o emirato e as celebracións relixiosas do Islam, feito polo que foi condenado a morte; inda que logrou liberarse deste castigo, tivo que fuxir ás terras cristiás do norte. Tras ser elixido arcebispo de Toledo (858), volveu a Córdoba, pero non tardou en ser decapitado. Coas súas obras, Documentum martyriale (851) -libro apoloxético dos supostos martirios de moitos cristiáns a mans dos mouros- e Memoriale sanctorum (857), alentou o culto cristián fronte aos musulmáns. Na iconografía leva vestiduras arcebispais pero coa mitra e palio entre as mans, sen vestir, e como atributos persoais, unha espada, unha xostra, unha pluma e un libro. A súa festividade celébrase o 9 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación popular do xénero Eupatorium.

    VER O DETALLE DO TERMO